Archivo de la etiqueta: PADORNELO

HISTORIA DO FERROCARRIL EN GALICIA: A NOVA LIÑA AVE.

04-07-2015

Actualizada 08-05-2018

Unha recente viaxe no tren Alvia entre Madrid e Ourense deume a oportunidade de observar o adiantadas que se encontran as obras da nova LAV (Liña de Alta Velocidade) a Galicia, cuxa finalización está prevista para o ano 2018.

Iso levoume tamén a reflexionar e a documentarme sobre a difícil historia do ferrocarril en Galicia e a plasmar unha síntese da súa evolución nesta páxina.

En Galicia non se puxo en funcionamento o primeiro tren ata 1873, data en que se inaugura a liña Santiago-Carril: unha data moi tardía se temos en conta que na Inglaterra xa en 1830 se inaugurara a liña de viaxeiros entre Manchester e Liverpool, e que en España puxérase en marcha en 1848 a liña Barcelona-Mataró.

A partir daquela data, a construción de novas liñas foise facendo moi lentamente debido aos problemas técnicos que ocasionaban as dificultades orográficas do terreo galaico, o que agravou as dificultades financeiras que atravesaron as distintas empresas concesionarias da súa construción e explotación.

AS DISTINTAS ETAPAS DA CONSTRUCCIÓN DO FERROCARRIL A GALICIA:

Imaxes 1 á 8: Secuencia da construcción do ferrocarrril en Galicia.

Unha pequena síntese das datas clave sería a seguinte:

1873 Inauguración da liña Santiago-Carril.

1875 Inauguración tramo Coruña-Lugo. (Imaxe 1)

1881 Inauguración liña Vigo-Ourense.

1883 Se remata a liña a Galicia por Palencia, León e Monforte. (Imaxe 2)

1884 Se finaliza a construción da liña Redondela-Pontevedra. (Imaxe 3)

1885 Se finaliza o enlace Ourense-Monforte. (Imaxe 4)

Debido á falta de enlace entre Ourense e Monforte, ata o ano 1885 os viaxeiros do sur de Galicia (Vigo e Ourense) que se dirixiran por ferrocarril a Madrid tiñan como mellor opción viaxar a través de Portugal.

Imaxe 9: Hasta 1885 non se acabou a liña Ourense.Monforte, por o que ós viaxeiros procedentes de Pontevedra e Vigo resultáballes máis rápido viaxar a Madrid por Portugal.

Os viaxeiros que elixiran o camiño por Portugal tiñan que dirixirse en dilixencia a Tuy desde Guillarei, cruzar o Miño en barca entre TuyValença do Minho, tomar de novo a dilixencia ata a estación de Valença e enlanzar coa vía de Cáceres-Madrid en Entroncamento (ver gráfico).

Imaxe 10: Servicio especial desde o sur de Galicia a Madrid

por Portugal, ano 1882 (Fuente Biblioteca Digital Hispánica).

1900 Se finaliza o tramo entre Pontevedra e Carril. (Imaxe 5)

1912 Se pon en marcha o tramo Batanzos-Ferrol. (Imaxe 6)

1941 Nacionalización dos ferrocarrís en España.

1943 inauguracion do tramo Santiago-Coruña.

1952 Finaliza a liña ZamoraPuebla de Sanabria.

1957 Inauguración da liña Puebla de Sanabria-O Carballiño. (Imaxe 7)

1959 Inauguración da liña Santiago-O Carballiño. (Imaxe 8)

1972 Finalización do ferrocarril de vía estreita Ferrol-Gijón.

No ano 2015 todos os tramos da LAV a Galicia entre Puebla de Sanabria e Ourense están en obras salvo os de Tabadela-Seixalvo e Seixalvo-Ourense, que se encontran en fase de informe de impacto ambiental. No último tramo está prevista a construción do túnel de Montealegre e a ponte sobre o Miño nas inmediaciós do encoro de Velle (Imaxe 9).

PRINCIPAIS TÚNELES DA LIÑA AVE PUEBLA DE SANABRIA-OURENSE:

NOME LONXITUDE
O CORNO 8,7 KMS.
O ESPIÑO 8,2 KMS.
PRADO 7,6 KMS.
A CANDA 7,3 kms.
BOLAÑOS 6,8 KMS.
PADORNELO 6,4 KMS.
O CAÑIZO 5,4 KMS.
PORTOCAMBA 3,7 KMS.
REQUEJO 2,3 KMS.
RANTE

Este mesmo ano 2015 de está prevista a inauguración do tramo LAV entre Olmedo e Zamora.

Para o ano 2018 está prevista a finalización da LAV a Galicia.

Imaxe 11.– SItuación das obras da liña LAV a Galicia.

Enlaces:

02-01-2020 El último tramo AVE podrá recorrerse en pruebas en el segundo trimestre.

18-12-2018  ADIF empezará iste mes a probar o tramo AVE Zamora-Sanabria, que aforrará 42 minutos no viaxe a Galicia.

12-12-2018 Finalizan las obras del tramo Zamora-Sanabria

29-11-2018 Terminan de perforar los más de 105 Kms. del AVE a Galicia.

11-11-2018 El AVE avanza hacia la frontera con Galicia.

16-10-2018 Visita do Delegado do Goberno ó viaducto das Teieiras.

04-10-2018 El nuevo gobierno del PSOE asume el plazo del PP de finalizar la línea AVE entre Pedralba y Ourense para finales del 2019.

30-09-2018 Avances del AVE: el tramo Zamora-Pedralba (113 Kms.) entra en su recta final.

29-08-2018 Las obras de la infraestructura ferroviaria más importante de este siglo en Galicia.

08-05-2018 Lugo tendrá AVE.

14-1-2017 El AVE encalla en un tramo de Florentino Pérez

28-10-2016 En el 2018 el AVE no llegará a Galicia.http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/10/28/plazos-obra-revelan-2018-ave-quedara-puerta-galicia/0003_201610G28P10991.htm

22-7-2015: Varios tramos llevan parados desde enero http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2015/07/21/00161437510505072391641.htm

http://www.geotren.es/blog/tag/padornelo/page/2/

http://www.adifaltavelocidad.es/gl_ES/comunicacion_y_prensa/fichas_de_actualidad/ficha_actualidad_00068.shtml

http://www.correchouso.com/Via/ferrocarril_archivos/ferrocarril.htm

http://www.vialibre-ffe.com/pdf/8977_55.pdf

http://euroferroviarios.net/index.php?name=Reviews&req=showcontent&id=3726

http://www.pontecesures.net/2008/09/09/cornes-carril-135-anos-de-la-linea-de-ferrocarril-mas-antiguo-de-galicia/

A FALTA DE TREN, UNA DILIGENCIA

EL VIGO QUE VIAJABA EN DILIGENCIA

Anuncio publicitario