02-06-2020
(Revisión da antiga páxina de data 05-05-2014)
Aínda que xa sabemos que os «maquis» ou guerrilleiros antifranquistas movíanse por o territorio que lles tocaba controlar con moita facilidade, non nos debe sorprender que nunha etapa da sua vida, elixisen unha parroquia concreta nun momento determiñado como base das suas actividades, como fora o caso co Piloto coa parroquia de Santa Eugenia de Asma.
Aquela mañá soleada de marzo de 1965 iba eu ás miñas clases do Barreiro cando paséi diante do cuartel da Guardia civil de Chantada. Sorprendéume que as mulleres dos guardias estiveran chorando. Non acababa a comprender o motivo, nin o soupen hasta o día seguinte, ou quizáis o mismo día, non o recordo. Sólo sei que a noticia apareceu en grandes titulares no Progreso o día seguinte:
O pobo fervía cando se enteróu da noticia. Os recordos que ahora mismo teño, máis de cincuenta anos despóis, son aínda vagos. Recordo que un ex garda civil, concretamente un ex sub-teniente de Chantada que traballaba no embalse de Belesar, do que esquecín o seu nome pero non a súa fisonomía -muy parecido por aquil entón ó xeneral Franco-, fora quen chamara ó cuartel da guardia civil de Chantada ó decatarse da sua presenza nas inmediaciós do embalse. Recordo tamén que a xente comentaba que “acababa de roubar na Bugalla”. O caso é que os guardias abatírono cando estaba comendo “pan con chourizo”. O resultado da autopsia feita por o forense de Chantada Don Luis Coello tampouco era muy explícita: a morte do Piloto fora producida por “parada cardíaca” ou “derrame cerebral” …
Anos máis atarde, a casualidade quixo que eu me encontrase na casa da Eirexe de Santa Eugenia de Asma, e que ”a posteriori” me enterara de que iste lugar fora un dos seus lugares de refuxio favoritos. Pensándoo ben a casa da Eirexe era un sitio ben escollido. Naquiles tempos non había carreterra a Santa Eugenia, nen luz, nen por suposto teléfono. O único enlace ca civilización era o carteiro do lugar, que todos os días se desplazaba á estafeta de Chantada.
A casa da Eirexe ocupaba por a sua ubicación un lugar domiñante sobre gran parte da parroquia de Santa Eugenia. Dispoñía de unha amplia visibilidade por os seus catro costados. Contaba ademáis con unha antigua “saeteira” que lle permite controlar a portada principal de acceso en caso de peligro. Contaba por si fora pouco con unha “mina” que a xeito de salida de emerxencia lle permitía deixar rápidamente a casa desde o seu patio central e dirixirse directamente a campo aberto.
Os enlaces facíallos diariamente o carteiro, que lle procuraba a correspondencia, prensa e suministros dos seus contactos en Chantada … Por outra parte, o dono da casa da Eirexe era naquiles anos unha persona mui entendida na sua profesión de practicante[1], de maneira que tamén a asistencia sanitaria tíñaa garantizada, circunstancia que sen dúbida era muy apreciada por os refuxiados.
Non se pode pedir máis: aillamento, discreción, solidaridade, información… Todos istes factores deberon influir na decisión do Piloto de elexir Santa Eugenia como un lugar de acollida. Ou quizáis algún outro motivo que non estou en condiciós de describir. Pero que as novas xeneraciós teñen a obriga de investigar.
[1] Había outro practicante no veciño lugar da Cuqueira, pero non tivo necesidade de intervir.