OS CAMIÑOS TRANSVERSALES NO TRAMO MEDIO DO MIÑO NA ÉPOCA MEDIEVAL

OS CAMIÑOS TRANSVERSALES NO TRAMO MEDIO DO MIÑO NA ÉPOCA MEDIEVAL

(Mod. 10-11-2013)

 

Imos plantexar eiquí a importancia da rede de camiños Este-Oeste no tramo medio do Miño na terra de Chantada, así como a súa prolongación á tera de Lemos por medio dás barcas de Sernande e de Chouzán e, finalmente, a posibilidade de que no só sirvira para estalecer relaciós de ámbito local ou regional, sinon que, seguindo o curso do Sil, se usara como vínculo entre a terra de Castela e Compostela ou ós portos do Atlántico.

A situación estratéxica da comarca de Chantada, que ocupa o centro xeográfico de Galizia, fixo que servira durante moitos anos como lugar de tránsito das principais vías de comunicación interna da rexión. A sua importancia xa quedou sinalada cando faciamos referencia ó eixe de comunicación Norte-Sur por o Val do Asma (vía romana Lucus Augusti-Aquae Querquennis) e Este-Oeste como a prolongación natural do Sil de cara a Compostela e os portos do Atlántico (ver a páxina “Comentario al trazado de los Caminos Medievales en la comarca de Chantada” niste sitio web).

Nesta ocasión centrarémonos nás comunicacións que artellaban tres comarcas de ámbito rexional e de considerable importancia económica (Deza-Camba, Chantada e Lemos). As ditas tres comarcas encontrábanse, como de agora, separadas entre si por dous importantes obstáculos (O Faro e O Miño), que condicionaron as suas relacións comerciais e económicas, pero que non supuxeron un obstáculo insalvable para as comunicacións entre elas en épocas medievais.
Fig.1.- Esquema cos obstáculos interpostos entre Camba/Deza, Chantada e Lemos.

O medio físico:

O Faro, con os seus 1.177 metros de altitude,  forma parte da chamada “espiña dorsal galega”, que parte a rexión en duas metades en dirección Norte-Sur e que supon unha importante barreira natural para as comunicacións de Camba-Deza con Chantada. Na actualidade as comunicacións fanse utilizando o moderno corredor central de Galicia, pero en épocas anteriores  utilizaronse maioritariamente dous pasos máis meridionais situados no entorno da freguesía de Furco (Carballedo), denominados A Matanza e Povadura, nos que a sua altitude supera nos dous casos apenas os 900 metros.

O río Miño, que separa as comarcas de Chantada e Lemos, encóntrase niste tramo fondamente encaixado. A falta de pontes supuxo que os viaxeiros tivesen que salvar o río utilizando outros medios -fundamentalmente as barcas-  despois de superar un desnivel de unhos 400 metros entre a planicie o río (ver mapa  Fig. 2). O paso tradicional fora sempre a ponte de Belesar, pero a súa ruina temporal e a considerable distancia á ponte das terras situadas máis ó Sur fixo que os viaxeiros buscaran solucións máis prácticas, como foron seguir utilizando a Barca de Sernande e  a Barca de Chouzán para pasar a outra veira.

Un elemento muy favorable que facilitou o tránsito entre O Faro e O Miño foi a existencia do altipliano transversal onde se asentan os montes da Serra e a Bacariza, terreo muy antigo que seguramente surxira cando se formou o chamado  anticlinal de Frontón-Herbedeiro(1). Con as súas terras altas y rochosas propiciaba un percorrido máis chao e seco que os tradicionais camiños galegos, anegados nos longos meses chuviosos do inverno.
Foron unha serie de circunstancias as que fixeron posible iste sistema de camiños, das que destacaremos tres:

·          A coincidencia de que os pasos máis fáciles de franquear atopábanse na parte máis meridional do Monte Faro (pasos de Povadura e A Matanza), situados na misma latitude xeográfica cós pasos en barca de Sernande e Chouzán.

·         Unhos camiños chaos, secos e despexados (prolongación do anticlinal de Frontón-Herbedeiro) como son os que trascurrían por as planicies dos montes da Serra e A Bacariza ou por a freguesía de Beascós ó outro lado do río Fondós.

·            A pesares da diferencia de altitude (400 metros) que separaban a planicie anterior da ribeira do Miño había unhos accesos acetables, por estar ben axustados á orografía do terreo.

Fig. 2.- O acceso ás barcas de Sernande e de Chouzán facíase baixando desde unha altitude
de 600 metros hasta 200 metros sobre o nivel do mar en que se encontraba o Miño.

 

 

As barcas de Sernande e de Chouzán:

As comunicaciós entre as duas beiras do tramo medio de Miño facíanse fundamentalmente en barca. A barca xogaba un papel moi importante nos traslados dos viaxeiros de unha a outra beira. É niste medio onde, debido á falta de pontes –o de Belesar encóntrase a dúas leguas augas arriba- topamos con dous importantes elementos relevantes na artellación das comunicación entre as comarcas de Chantada e Lemos. Son as nomeadas Barca de Sernande e Chouzán. Ambalas duas serviron non so para preservar as relación naturais dos vecinos do un e do utro lado da ribeira do Miño (feiras, mercados, festividáis relixiosas, etc.), senon que o seu carácter regular supoñía una garantía para o mantemento de relacions entre as duas veiras do Miño en caso de deterioro ou ruína da ponte de Belesar, cousa que sucedía con bastante frecuencia.


Na pregunta 29 do Interrogatorio do Catastro de Ensenada corresponente a freguesía de Nogueira de Miño,  feito no ano de 1753, aparece unha referencia á unha barca na dita freguesía, con total seguridade a de Sernande:

“Tambien ay una Barca que posee Domingo Fernandez Leon, en virtud de foro que de ella ha hecho Don Juan Francisco Arias, vezino de la fra de San Vizente de Deade, con la que cruza el Rio Miño y transporta las Jentes que por allí pasan para diferentes parajes y con esto le tiene de utilidad mil y cien reales al año con desquento del personal; con la advertencia que tan solamente corresponde a dicha Barca, doscientos reales, y la restante cantidad, al Dueño…”

Na pregunta 37 do Interrogatorio para el Catastro de Ensenada, feito no ano de 1753 estando presente el Padre Frai Milan Sarmiento Prior del Priorato de Riazón, sito no término do mosteiro Chouzán, “de que son dueñas la madre abadesa y monjas del real monasterio de San Payo de Santiago” aínda estaba activa a barca de Chouzán:

“A la trigesima septima dijeron que en dicha freguesía hay una barca que pertenece a Alonso Lopez en virtud de su foro que de ella le ha hecho don Joaquin Losada vecino de la Ciudad de Santiago, como principal forero de la Madre Abadesa, y monjas del predicho Real Monasterio de Santiago cuia barca sirve al referido para pasar de la otra parte al Río Miño, el abono para beneficiar sus viñas y pasar algunas personas, que por allí concurren en la que le consideran de regreso al año, treszientos reales…”

No Catastreo de Ensenada temos tamén referencias ás barcas de Paradela e de Torbeo, lugar de paso desde a Terra de Lemos á de Quiroga por o Sur do Sil:

“….Domingo da Fonte, Pedro Henriquez, Manuel Dieguez y Blas Fernandez quienes reman en el puerto de Torbeo, con una barca propia de Don Ysidro Rodríguez Cassanoba a quienes se considera les quedara de utilidad al año doscientos y veinte rreales después de pagar otro tanto a Don Ysidro.”

“….A Francisco Fernandez y compañeros vecinos de la feligresia de Santa Maria de la Aveleda como arrendatarios de una Barca en el Rio Sil y termino de esta dicha feligresía que hes propia de la villa del Castro les rregulan la utilidad que les queda al año en quatro cientos reales vellón….”

Si reparamos nas testimuñas anteriores e temos en conta que o precio de paso de unha persona era de unhos 4 maravedís -sirvíonos como base a tarifa da barca de Porto en San Vitorio de Ribas de Miño, O Saviñao, segúno Interrogatorio do Catastro de Enasenada-, partindo dos ingresos anuales de cada unha das barcas, e calculando o valor do real de vellón do século XVIII en 34 maravedís, podemos medir a importancia relativa de cada unha das barcas deducindo o número de viaxeiros aproximados que transportaba cada unha nun ano. Como podemos ver no cuadro seguinte (Fig. 3), destaca por o número de viaxeiros a barca de Sernande, seguida da de Torbeo. As que menos viaxeiros trasportaban eran as de Paradela e Chouzán:

Fig. 4: Destacan os case 12000 viaxeiros anuais que transportaba a Barca de Sernande

 Fig. 3: Cuadro comparativo de volumen de ingresos e de viaxeiros das barcas dos ríos Miño e Sil:


 

Istes datos, anque estimados, danos idea da importancia do paso do Miño por Sernande tanto por o número de viaxeiros como por os ingresos anuais. Para poder situarnos, hay que ter en conta que na época en que se obtiveron os datos (a mediados do seculo XVIII) o xornal de unha persoa  era por término medio de dous reás, e que un maravedí daquela época equivalía a unhos 20 céntimos de Euro de Hoxe. Compre tamén que aclarar que a maioría dos viaxeiros eran de carácter local por dirixirse  ó núcleo comercial da vila de Chantada, ou o seu contorno por estar tamén ben comunicada desde Nogueira de Miño.

O cálculo dos ingresos da Barca de Sernande fíxose estimando os ingresos propios en 1300 reás de vellón ó ano e añadíndolle os da barca de Ribeiras de Miño, situada enfrente da freguesía de Nogueira de Miño, que según o Catastro de Ensenada, tiña unhos ingresos de cen reás anuais.

En definitiva, as barcas de Sernande e Chouzán establecían un vínculo muy estreito entre as vías de comunicación dos dous lados do Miño. Diste lado do Miño, un dos principales camiños da rede principal de comunicaciós medieval  era o que se dirixía de Ourense a Belesar por A Peroxa e Pontepedriña. Iste camiño, de orixe romano(2), descurría paralelo á marxe direita do Miño e conectaba as barcas de Sernande e de Chouzán con varias vías locais, facilitando as comunicaciós entre distintos lugares das terras de Chantada e a parte máis inmediata da terra de Lemos con Ourense e O Ribeiro, pasando por Orbán, Cea, dirixíndose por Partovia e Señorín (actual O Carballiño) hacia Ribadavia. Outro camiño muy importante era o que se dirixía desde O Faro ó Miño por Santa Cruz de Viana, que servía de enlace entre Camba e as importantes zonas vitícoas situadas no entorno da ribeira do Miño, como Nogueria, Erbedeiro, Sernande ou Chouzán. Discurrría iste camiño en case todo o seu percorrrido por sitios elevados, o que facilitaba considerablamente as comunicaciós.

Fig. 5.- Os camiños de Ourense a Belesar e de Camba a Nogueira e Lemos utilizando as Barcas
do Sil e do Miño formaban o principal entramado da rede de comunicaciós medieval.

Do outro lado do Miño, istes dous importantes camiños continuaban desde as barcas de Sernande e Chouzán hacia á terra de Lemos  con un doble enlace (ver mapa Fig.5), o primeiro partía de Sernande por Ribeiras de Miño (Santo André) hacia San Vicente de Castillón e Monforte, con un ramal hasta Escairón. Desde Monforte dirixíase a Quiroga cruzando o Sil por a Barca de Torbeo e volvendo de novo oa cruzar o Sil por Rairo, hasta Quiroga. Un segundo partía de Chouzán dirixíndose por Marce hacia Ferreira, Canabal (Sober) e Monforte. De Canabal partía un enlace que se dirixía por terras de Sober hacia Gundivós e Doade(2), cruzando o río Sil por a Barca de Paradela, continuando por Torbeo hasta cruzar de novo o Sil por Rairos hasta chegar a Quiroga. Formaban istes camiños un sistama de comunicaciós muy ben artellado que garantizaba as relaciós comerciais e sociais tanto a nivel local -relaciós de intercambio entre a ribeira e a montaña-como a nivel comarcal e rexional entre as terra máis alexadas de Camba, Lemos, e o Vall do Sil por Quiroga hacia o exterior.Todos istes factores permitían unha ligazón máis fluída entre as comarcas de Deza-Camba e a ampla terra de Lemos por un lado (Lalín e Rodeiro con Monforte, Sober, Ferreira, O Saviñao…), e entre a parte máis occidental da terra de Lemos con Ourense, por outro, sin descartar a posibilidade de que esta rede de camiños fora usada non solo para as relaciós locais ou interrexionais que temos dito, sinon tamen coma unha ruta hacia o exterior seguindo o val do Sil, que sería unha vía alternativa de acceso dos peregrinos a Compostela–o Hospital do Bañal o mosteiro de Chouzán ou a fortaleza de Marce, dos que falaremos máis adiante, fannos pensar nesta posibilidade-. 

 

Algunhas referencias históricas:Ademáis da existencia de topónimos de orixe claramente viario (Furco, Porto, Barca, etc.), hay algunhas referencias históricas sobre a existencia dos camiños, que non podemos esquecer:

1.- O ano de 1144 Alfonso VII dona ó monasterio de Oseira o monasterio de Chouzán para a sua protección. No documento onde se acotan todos os seus bés(3) aparece unha referencua o camiño que desde o “Porto” de Chouzán diríxese a Atán:

“…dixeron …hombres vuenos y vecinos que los dichos soutos e do Canal do Miño e do Porto eran propios del dicho monasterio y Jurisdiccion asi mesmo del dicho monasterio y se demarcaba en el Penedo de Canal de Miño, e de alli va a dar en el Camino, que ba del dicho puerto para Atan…”

2.- Madoz(4) sinala no seu diccionario que por a freguesía de SAN ESTEBAN DE ATAN, municipio de Ferreira de Pantón, transcurre o camiño que une a Barca de Chouzán con Monforte de Lemos:

“desde la barca se dirige á Monforte, y otros concejiles están medianamente cuidados, y pueden transitar por ellos los carros del país.”

3.- Outros documentos dannos relevante información sobre os camiños da época no entorno de Sernande: tal é o caso do publicado por o defensor do Marqués de Valladares(5) tralo asesinato do seu pai en Chantada no ano 1757:

“Manuel, i Rosa de Eiroa, Hermanos, vecinos de la aldea de Eiroa, que está en el camino… que yendo para la Barca de Sernande… vieron dos hombres… preguntaron por el camino de Orense, i  tomandolo marcharon…”

Do anterior comentario despréndese que os dous hirmaus Manuel e Rosa dirixíanse hacia a Barca de Sernande e cruzáronse con dous homes que, en sentido contrario, dirixíanse a Ourense. O máis probable é que ambos os dous viaxeiros viñesen de terras de Lemos, e ouberan atravesado o Miño na Barca de Sernande, e pretendían alcanzar o camino, en uso desde época romá, que desde Belesar dirixíase a Ourense (ver mapa).

Hay que indicar que hoxendía a aldea de Eiroá pertenece á freguesía de Erbedeiro, concello de Carballedo (Lugo), e que se encontra situada na “bocarribeira” do monte da Bacariza, na marxen esquerda do río Fondós, e que no seu curso medio e baixo descurre muy encaixado, hasta chegar a aillar as terras situadas ó norte e ó sur do río. As terras máis ó Norte usarían para atravesar o Miño a Barca de Sernande, ó contrario cós do Sur que despois de atravesar as freguesías de Castro e Beascós (lugares de Lamela e Riazón) enlazarían  ca Barca de Chouzán.

 4.- En Riazón sitúase a testimuña do pai Martín Sarmiento(6) cando nos fala sobre a existencia en aquel lugar do priorato de Chouzán, separado da eirexe do mosteiro, que se ubicaba terras abaixo, contiguo ó cauce do Miño, onde se encontraba tamén a barca para pasar a Lemos:

“Desde Riazò asta Chouzàn, ay una baxada de un quarto de legua, muy penosa y por entre castaños, muy vestida, y baxa un arroyo despeñado, cuyo origen es una fuente en Riazò, y su agua muy sutil, y que haze orinar mucho. (…)Y Riazò tiene dos leguas al Norte a Chantada (…).Rio arriba de Riazò, à 2 ò 3 el Lugar, Puente y Codos de Belesár…”

“En Chouzán hay barca para pasar a Lemos, y antes rio arriba, hay la barca de Sernande…”

5.- A existencia dun castelo en Marce(7), lugar situado na outra ribeira do Miño, xusto enfrente de Chouzán, xa era coñecido no século IX, e sorprende a varios autores por tratarse de unha zona pouco soleada e de limitados recursos económicos. De ahí que se interroguen se a sua función iba máis alá do de control da producción agrícola. Parece máis probable que a existencia de unha fortaleza en Marce obedecese máis a unha función de control de unhas comunicaciós que tiñan certa importancia para a época.

6.- Un documento do Mosteiro de Oseira de mediados do século XVIII no que se fixaban os límites da demarcación de Oseira coa de Viana facía referencia o camino de Santa Cruz de Viana a Nogueira:

“…sale deste Lugar hacia Santa Cruz de Viana enfrente de la Otera del mismo lugar de Otero=Corre del mismo modo a medio dia partiendo los Terminos y Agros de Vidarcos y das Maceyras del Muiño lugar de Oteyro al marco de Reboredo fixado en el Camino deste nombre sobre un Montezito a forma deYsla?, y dcho Camino passa de Santa Cruz de Viana para Nogueira”
7.- Avelino Seijas Vázquez na sua obra  Historia de Chantada y su comarca (Diputación Provincial de Lugo, 1979) [8], fai referencia a outro documento, que é copia de unha información practicada en 1720 con motivo do proceso de canonización do Venerable Siervo de Dios, Miguel Gónzález, compañeiro no apostolado de San Pedro Telmo, cuio orixinal obra según dito autor na cidade de Tuy. Niste documento detállanse as circunstancias da sua morte, que ocurríu na primeira mitade do século XIII na parroquia de Santa Cruz de Viana, onde ainda se lle rinde culto co a festa do “Corpo Santo” todos os lunes de Pascua, e que tuvo lugar despois de atravesar O Faro por A Matanza. Estas noticias resultan muy reveladoras para confirmar a importancia da vía transversal que unía as terras de Chantada con as de Deza e Camba hacia Compostela por o porto de A Matanza:

“De aquí vinieron a la costa de A Matanza; esta sierra distante media legua de Santa Cruz de Viana, y en ella profetizó su muerte el Venerable Padre con estas palabras: Hermanos míos, sabed que ha llegado la hora de mi muerte, y así os ruego deis sepultura a mi cuerpo en la primera iglesia cuya campana se tocare de suyo”. Luego que dijeron estas palabras prosiguieron el camino y llegando a una fuente (a dos tiros de mosquete de la iglesia de Santa Cruz) y “en este sitio entregó el Siervo de Dios el Alma a su Creador”.

8.- Sobre o papel desempeñado por o Mosteiro de Chouzán, cómpre facerse a misma  pregunta que no punto anterior. De onde viñan os ingresos do mosteiro? Limitábanse ós derivados das prestaciós señoriais, a sua vez derivados da agricultura e da pesca nunha zona pouco desenvolvida debido ás condiciós orográficas? É probable que o mosteiro dispuxerse de outros ingresos distintos dos derivados da simple explotación agrícola  e pesqueira como podía ser o control do paso do Miño ca explotación do arrendamento da barca de Chouzán. Cabe tamén preguntarse se a presenza do mosteiro debíase a unha función meramente económica ou tamén a unha función asistencial ou de atención ós caminantes.

As Órdenes Militares:

Atención especial merece a presencia en esta parte das Órdenes Militares. Tiñan como principal misión a protección dos peregriños, razón por a que estaban situadas en zonas estratéxicas. Na terra de Chantada as órdenes que tiveron máis influencia foron a Orden de San Juan de Jerusalén (tamén chamada do Hospital ou de Malta), e a dos Templarios.

A orden de San Juan de Jerusalén: Esta orden militar  tiña a sua sede en Portomarín e abarcaba toda a metade Norte de Galicia, seguindo unha línea imaxinaria Santiago de Compostela-O Cebreiro, cun pico na parte Sur da terra de Chantada que chegaba hasta A Peroxa.

Temos coñecemento(9) dos bés patrimoniáis que a Orden de San Juan tiña na nosa terra, entre os que se encontraba o curato de San Pedro “dentre Ambas Asmas” (actual freguesía de San Pedro de Viana, situada no val de río Asma, entre os ríos Asma e Comezo, muy perto de San Vicente de Agrade, cruce estratéxico de camiños Norte-Sur cás vías trasversales das que estamos falando). Iste direito  foi posto de manifesto por unha doazón de doña Mencía, viuda de don Andreu Fernández, e a sua filla doña Milia, que no 3 de xulio de 1288 donaron á Orden o coto de San Pedro a cambio dunha pensión anual de «cien reis portugueses» a cada unha mentras vivan.

“Conozcan quantos esta carta viren eu dona Mençia, mulher que foy de don Andreu Fernandez, e eu donna Millya, sua filha, que damos aa Orden do Espital de San Johan da Acre quantos dereitos e posisoes nos avíamos emplaçados en nosas vidas desta Orden en Santiago de Corneda con todos seus coutos e en San Pedro dentre Ambas Asmas con todas súas perteenças e manutençoes que nunca nos nen nosa voz nen outra nengua persoa en nuestro nonbre non puedan demandar e juizio ni fuera de juizio los lugares sobre dichos…
Fig. 6, 7 e 8.- Copia do século XVIII do documento orixinal de cesión de entre Ambas Asmas (San Pedro de Viana) á Orden de

San Juan de Xerusalén (Archivo Histórico Nacional.- Órdenes Militares.– San Juan, carpeta 575, núm. 53):


Tamén temos constancia(10) por un documento de marzo de 1240 de outra doazón, niste caso feita á Orden por Munio Garcia, hirmao do Hospital,

“…de su hospital de Bañal, quatro casales en Nandi, cinco casales en Pepes, una casa en Quindo, en el monte de Framias dos casales, un casal en Soutelo, tres en Fureiros, un casal en Figuera Albar, entre Figueira Albar y Santa Eugenia otro, en Fariguel otro casar, en la villa de Nogueira otro casal, otro casal que fue de Pelagio Moiz, en dicho Nogueira otro casal, otro en la Fuente Bacariza, en Revoredo llano otro casal…”.

Fig.9.- Pergamiño do ano 1240 conservado no Archivo Histórico Nacional
da doación feita por o hirmao do Hospital de San Juan, Munio
García, a favor da Religión de San Juan do seo hospital do Bañal e
otras propiedades que tiña na terra de Chantada e Carballedo (entre outras).

Fig.10.- Trascripción do documento anterior feita no século XVIII.

 

Fig.11.-  Situación das propiedades cedidas á Orden Millitar
de San Juan de Jerusalén por Munio García.

 

Aínda que en Galicia existen tres topónimos denomiados “Bañal”, por o contexto hay que descartar o Bañal das Pontes e centrarnos no Bañal de Camporramiro ou de Carballedo. Un documento de 1704 (Pleito del Comendador de Puertomarín con Andrés Fernández y otros, sobre reinvindicación por el lugar de O Bañal en el coto y feligresía de San Cristóblal de Castro. A.R.G. 1704) despexa as posibles dudas sobre a presencia da orden de San Juan en O Bañal ó facelo depender da freguesía de Castro,  concello de Carballedo.

 Se consideramos importante a presencia dos “frades” da orden do Hospital de San Juan de Jerusalén nesta zona, máis importante nos parece a existencia dun hospital no Bañal. Qué papel desempeñaba a ubicación dun hospital tan perto do lugar onde se localizaba o mosteiro de Chouzán? Obedecía a ubicación do Hospital á presencia desta importante rede de camiños? Desenrolaría o Hospital una laboura de asistencia ós viaxeiros? Controlaba o mosteiro o paso do Miño por a Barca de Chouzán? Se as respostas fosen afirmativas veríase confirmada a nosa teoría sobre a importancia indiscutible de esta rede de camiños, xa que servirían non sólo como complemento senon como sustituto da vía situada máis ó Norte que cruzaba o Miño por a ponte de Belesar, según estuvese operativa ou non.

 

Os Templarios: A outra orden militar que deixóu o seu influxo na terra de Chantada foi a dos Templarios. Desde a sua sé central do Burgo do Faro (actual freguesía do Temple; concello de Cambre,  A Coruña) extendíase co seu influxo ó resto das bailías da rexión. Na actual provincia de Lugo atopamos as bailías de San Fiz de Hermo (concello de Guntín), Santa María de Neira (Láncara) e Canabal (Sober) (11).  A bailía de Canabal tiña importandes propiedades nas terras de Pantón, Sober, Saviñao e Chantada. No actual concello de Sober controlaban as freguesías de Espasantes, Vilaescura e Canabal. Na terra de Chantada tiñan a freguesía de Taboada dos Freires e Santa Cruz de Asma (actual Santa Cruz de Viana), esta última situada nunha zona estratéxica que dominaba o val do Asma, lugar onde confluía o trazado da rede de camiños Norte-Sur (Lucus Augusti-Aquae Querquennis) ca importante vía trasversal que enlazaba O Faro co Miño.

Emplazamento  estratégico das Órdenes Militares: Pero o que nos interesa analizar aiquí e o papel que xugaron as Órdenes Militares nesta parte do territorio. Con independencia do seu patrimonio sorprendería que estivesen ubicadas en zonas tan señaladas desde o punto de vista estratéxico se non fora porque  a sua misión consistía fundamentalmente a de dar protección ós peregriños e a os viaxeiros en xeneral.

Na terra de Chantada a Orden dos Templarios controlaba as freguesías de Nogueira de Miño, que ocupaba unha posición estratéxica no cruce de camiños de Camba a Lemos e de Sernande a Chantada; Taboada dos Freires situada máis ó Norte, estaba situada no cruce de camiños de Chantada a Taboada e A Ulloa; Santa Cruz de Asma (actual Santa Cruz de Viana), que xunto con San Pedro de Viana, pertenecente a Orden de an Juan de Jerusalén, estaban situadas no entorno do Val de Asma e domeñaban o importante cruce de Lugo a Ourense (antigua vía romana Lucusa Augusti-Aquae Querquennis) e do Sil hacia Deza e Camba.

A Bailía de Canabal, hoxe pertenecente ó concello de Sober, situábase tamén nunha parte do territorio que lle permitía controlar o fluxo de viaxeiros que se dirixían desde o Miño (barcas de Sernande e Chouzán) hacia o Sil para tomar a barca de Doade que lles permitía dirixirse por a súa parte Sur hacia San Clodio e Quiroga, sede da orden de San Juan.

O camiño situado algo máis ó Norte dirixíase, unha vez traspasado o Miño por as barcas de Chouzán ou de Sernande, hacia Escairón ou directamente hacia Monforte por San Vicente de Castillón. Desde Monforte seguiría hacia a barca de Torbeo para cruzar o Sil, onde se uniría co camiño anterior de Paradela a Quiroga por Torbeo por a parte Sur do río.

 

 Fig.12.- Posesiós das Ordenes Militares:
Fig. 13: Patronímicos co nome “Santiago” na comarca de Chantada:


Conclusión:     

Aínda que, como xa indicamos, a documentación que podemos examinar  non é mui abundante, danos una idea da importancia do papel que istes camiños poideron xogar en época medieval, por estar situados nunha zona estratéxica entre o Faro e O Miño, nas terras centrais de Galicia, onde discorreron as vías Norte-Sur e Este-Oeste desde o tempo dos romanos. A porta queda aberta a posteriores investigaciós ou a calquera observación ou rectificación que se faga a este páxina.

Istes camiños non solo artellarían todas as comunicaciós das comarcas antes suliñadas sinon que habería que ir pensando nun novo tipo de viaxeiro de moito maior alcance, ainda pouco estudiado, pero que podería ter relación ca existencia do fenómeno de Compostela.

Convén examinar o mapa anterior, onde se representan con liña de trazado máis groso os camiños que estamos analizando. Examiñando o seu trazado e poñendo en ralación o percorrido  distes camiños ca ubicación das freguesías dar ordes militares ou das freguesías con patronímico contén o nome “Santiago”, podemos sacar algunhas conclusiós:

1.- Istes camiños eran a vía máis direita pra dirixirse a Compostela desde o Val do Sil e desde Lemos.

2.- O seu trazado atravesaba os montes do Faro por unha latitude  moito máis  asequible que si o fixera máis ó Norte.

3.- A única ponte medieval que había niste tramo do Miño era a de Belesar, e temos noticia de que en moitas ocasiós estaba arruinada.

4.- Por a sua ubicación, as barcas de Sernande e Chouzán sustituíann con ventaxa á ponte de Belesar.

5.- Hay que investigar más a fondo o papel que xugaban niste percorrido o Hospital do Bañal, o mosteiro de Chouzán ou a fortaleza de Marce. 

6.- As Ordes Militares, que como se ve no mapa, posuían tamén abondosas propiedades na zona. Qué papel concreto xogaban?

7.- Resulta tamén sorprendente que as freguesías con patronímico en “Santiago” se aliñasen o longo distes camiños.

Notas:

(1) Para máis información xeolóxoica da zona, consultar: A. Marcos y S. Llana Fúñez, “Estratigrafía y estructura de la lámina tectónica del Para-autóctono y de su autóctono en el área de Chantada (Galicia, NO de España). Universidad de Oviedo.

(2) Ferreira Priegue, Elisa María Los caminos medievales de Galicia / Elisa Ferreira Priegue. – Ourense : Museo Arqueolóxico Provincial, 1988

(3) Documento recollido por Mª Teresa C. Moure Pena no seo interesante estudio “Revisión Histórico-Documental en torno al antiguo monasterio benedictino de San Esteban de Chouzán”. Boletín do Museo Provincial de Lugo.

(4) Pascual Madoz: Diccionario Geográfico-Estadístico de España y Portugal. 1849.

(5) Alvarez de Neira, Vicente, “Defensa de la Inocencia: Repulsa de la calumnia: Manifestación de la Verdad” Ed. Ignacio Aguayo, Santiago.

(6) Fray Martín Sarmiento, “Viaje a Galicia 1754-1755” C.S.I.C. Cuaderno de Estudios Gallegos, 1950.

(7) Fernández Pintos, Xulio: Archivos del Patrimonio Histórico Gallego. Revista digital Trisquel.- “La Torre de Marce (Vilar de Ortelle, Pantón)” en oocities.org/xulfp/torre_marce.html

[8] Avelino Seijas Vázquez.- Historia de Chantada y su comarca (Diputación Provincial de Lugo, 1979, pág. 132).

(9) García Tato, Isidro: “Las encomiendas gallegas de la Orden Militar de San Juan de Jerusalén. Estudio y edición documental” C.S.I.C. Instituto Padre Sarmiento, 2004.

(10) García Tato, Isidro: “Las encomiendas gallegas de la Orden Militar de San Juan de Jerusalén. Estudio y edición documental” C.S.I.C. Instituto Padre Sarmiento, 2004.

(11) Pereira Martínez, Carlos: “Panorámica de la Orden del Temple en la Corona de Galicia.Castilla-León”.- Revista Criterios, núm 6, 2006.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: