A Limia, Terra de

1-11-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DA LIMIA NO ANTIGUO RÉXIMEN:

Imos analizar a situación administrativa das Terras da Limia durante o Antigo Réxime (séculos XVI-XVIII), cuia extensión ven a coincidir coa da comarca moderna oficial (concellos de Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, Sandiás, Vilar de Barrio, Sarreaus, Xinzo de Limia, Porqueira, Trasmiras, Os Blancos, Calvos de Randín e Baltar).

As Terras da Limia, xunto cas da Baixa Limia, ocupaban a parte centro-sur da rexión e formaban fronteira con Portugal:

ALimia

Comprendía 25 xurisdicións, cunha superficie total de 801 Km2. (algo máis de 80.000 Has.), das cales as máis extensas era a da capital, que rondaba os 200 Km2. (20.000 Has.), seguida por as de Calvos de Randín, Valtar, Rairiz de Veyga e Torre de Portela, que superaban os 50 Km2. (5.000 Has.), sendo as máis pequenas as de Güin y Castelaus, Bollo, e os cotos de Nobas y Monasterio e Seyroo, ver  https://eirexe.es/galicia/

XURISDICCIÓN SUP. KM2
GINZO DE LIMIA 198
CALVOS DE RANDIN 84
VALTAR 84
RAIRIZ DE VEYGA 70
TORRE DE PORTELA DE 61
SANDIANES 48
REBORDECHA Y CABO DE 43
ARNUID 26
PORQUERA 25
CELME 20
GINZO DE LIMIA 20
CODOSEDO 19
PIÑEYRA DE ARCOS 17
BAÑOS DE MOLGAS 16
BOBEDA DE LIMIA 10
VALTAR 10
COTO VILLAR SANTOS 9
SABUCEDO DE LIMIA 9
NOZELO DA PENA 8
MONTERREY 5
JUNQUERA DE AMBIA 5
GÜIN Y CASTELAUS 4
NOBAS Y MONASTERIO 4
BOLLO 3
SEYROO 3
TOTAL 801
ALimia_jur_diss
As xurisdicciós.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DA LIMIA:

Do total da súa superficie, o 81% correspondía ó dominio señorial da nobreza titulada ou alta nobreza, o 12% ao clero secular, mentras que as órdes militares, realengo e clero regular non chegaban ó 5% do territorio:

DOMINIO NUM. FELIG. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 72 646 81
CLERO SECULAR 9 99 12
ORDENES MILITARES 3 28 3
REALENGO 3 16 2
CLERO REGULAR 1 8 1
SUS VECINOS 1 4 0
TOTALES 89 801 100

Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar o conde de Monterrey, con dominio sobre 403 Km2. (unhas 51.000 Has.), seguido polo conde de Lemos con 145 Km2., o bispo de Valladolid (51 Km2.) e o duque de Medina de Rioseco (48 Km2.).  A maior distancia atopábase o conde de Moctezuna con 20 Km2., e a Encomienda da Barra con 19 Km2. Nos últimos lugares atopábanse a Encomienda de San Marcos de León, o convento de Santa Clara de Alllariz e o marqués de la Sierra, con menos de 1.000 Has.

ALimia_sen_diss
Os dominios señoriales.

Por estamentos, a nobleza titulada controlaba o 81% do territorio (646 Km2.) e 72 freguesías. Estaba representado en primeiro lugar por o conde de Monterrey, que controlaba a parte central e oriental da comarca (xurisdicciós de Ginzo de Limia, Rairiz de Veyga e Valtar), con máis de 400 Km2. de superficie e 51 feligresías; o conde de Lemos, 145 Km2. e 13 feligresías (xurisdicciós de Torre de Portela de Limia e Calvos de Randín); o duque de Medina de Rioseco 48 Km2. e 3 feligresías da xurisdicciónn de Sandiás, ainda que a feligresía de Parada de Outeiro compartida con Don Jacinto Osorio; o conde de Moctezuma 20 Km2. e 2 feligresías  ma xurisdicción de Celme (actual concello de Rairiz de Veiga); o conde de Maceda 17 Km2. na feligresía de Piñeira de Arcos; o marqués de Bobeda 10 Km2. na súa feligresía de Bóbeda de Limia e, finalente o marqués de la Sierra 300 Has no coto redondo de San Salvador de Seyroo (actual concello de Vilar de Barrio).

O clero secular exercía a sua xurisdicción sobre o 12% do territorio, con un total de 99 Km2. e 9 feligresías, sendo os únicos representantes o Bispo de Valladolid e o Bispo de Orense. O Bispo de Valladolid exercía o seu dominio en 51 Km2. e 4 feligresías nas xurisdicciós de Rebordechá y Cabo de Arnoya, así como na propia vila de Villar de Barrio e na feligresía de Padreda na xurisdicción de Arnuid (todo no actual concello de Vilar de Barrio). O Bispo de Ourense controlaba a xurisdicción de Porquera (2.500 Has. e 4 feligresías), compartida co Bispo de Valladolid, a feligresía de Arnuid, con 23 Km2.de superficie.

As órdenes militares exercían o seu dominio en duas feligresías das xurisdicciós de Codosedo (Encomienda de La Barra), no actual concello de Sarreaus, e no coto e feligresía de Vilar de Santos (Encomienda de San Marcos de León), con 1.900 y 900 Has. respectivamente.

O realengo limitábase a tres feligresías das xurisdicciós de Bollo (actual concello de Vilar de Barrio), Güin y Castelaus (Calvos de Randín) e Sabucedo de Limia (Porqueira), con 1.600 Has. de superficie total.

A maior distancia encontrábase o clero regular, representada por o Convento de Santa Clara de Allariz, con dominio sobre 800 Has. no coto de Nocelo da Pena, situado no actual concello de Sarreaus.

Os propios veciños, xunto con Don Juan de Gándara e o conde de Jimonde exercían o seu dominio de forma compartida no coto de Nobás y Monasterio, con unhas 400 Has. de territorio.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.

 

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: