4-12-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE VIANA:
Imos analizar aquí a Terra de Viana durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Vilarino de Conso, Viana do Bolo, A Gudiña e A Mezquita). O motivo é que se representamos individualmente as xurisdiccións, ou en circunscripciós máis pequenas, resultarían moito máis difíciles de comprender dado o seu número tan elevado, e a irregularidade e dispersión do seu territorio:
A terra de Viana estaba situada na parte sur-oriental da rexión galega e pertenecía durante o Antiguo Réximen á antigua provincia de Ourense. Comprendía 7 xurisdicións e 1 coto redondo, que sumaban en conxunto una superficie de 746 Km2. As xurisdiccións de Viana del Bollo, Gudiña e Vilavella de A Mezquita eran as máis extensas por superar os 100 Km2. (10.000 Has.) de extensión, mentras que a de Mormentelos e Villarmeao non superaban as 600 Has.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
VIANA DEL BOLLO | 281 |
GUDIÑA | 191 |
VILAVELLA DE A MEZQUITA | 104 |
CONSO | 96 |
SABUGUIDO | 53 |
COTO DE CASTIÑEIRA | 11 |
MORMENTELOS | 6 |
VILLARMEAO | 4 |
TOTAL | 746 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE VIANA:
Pódese decir que a Terra de Viana, o contrario do que ocurría no resto de Galicia, era unha terra de realengo, de dominio señorial de Su Majestad. En efecto, Su Majestad exercía a sua xurisdicción sobre o 46% das terras de Viana, seguido por a nobleza titulada co 44% e a fidalguía co 10% do seu territorio:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
REALENGO | 41 | 342 | 46 |
NOBLEZA TITULADA | 17 | 330 | 44 |
HIDALGUIA | 5 | 74 | 10 |
TOTAL | 63 | 746 | 100 |
Na lista de maiores posuidores encontramos en primeiro lugar á Su Majestad señor xurisdiccional do 46% do territorio. Seguíalle o conde de Monterrey co 27% e o marqués de Castelar co 14%. Nos últimos lugares aparecían dominios menores de algús membros da nobleza e da fidalguía local:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
SU MAJESTAD | 41 | 342 | 46 |
CONDE DE MONTERREY | 9 | 200 | 27 |
MARQUES DE CASTELAR | 5 | 102 | 14 |
DON DIEGO JOSEPH DE OCA | 1 | 34 | 5 |
CONDE DE AMARANTE | 2 | 26 | 3 |
DOÑA JOAQUINA DE OCA | 1 | 19 | 3 |
DON GINES DE HERMOSA Y ESPEJO | 1 | 11 | 1 |
DON XAVIER ARMESTO | 2 | 10 | 1 |
MARQUESA DE CASTELAR | 1 | 2 | 0 |
TOTALES | 63 | 746 | 100 |

Por estamentos o REALENGO era o maior posuidor xa que exercía o seu dominio sobre o 46% do territorio de Viana, controlando 342 Km2.e 41 feligresías das xurisdiccións de Viana del Bollo e Vilavella de A Mezquita.
A NOBLEZA TITULADA exercía a sua xurisdicción sobre o 44% do territorio, que totalizaban 330 Km2. en 17 feligresías. Como representantes figuraban en primeiro lugar o conde de Monterrey, con 20.000 Has. nas xurisdiccións de A Gudiña e unha feligresía na de Vilavella de A Mezquita; o marqués de Castelar posuía 10.400 Has. na xurisdicción de Conso, e o conde de Amarante 2.600 Has. en Vilavella de A Mezquita.
Por último, a FIDALGUÍA controlaba o 10% do territorio, en cinco feligresías que sumaban 7.400 Has. Estaba representada por Don Diego Joseph de Oca, con unha superficie de 3.400 Has. na xurisdicción de Sabuguido (actual concello de Villarino de Conso); Doña Joaquina de Oca, con 1.900 Has tamén na xurisdicción de Sabuguido (Vilarino de Conso); Don Ginés de Hermosa e Espejo, con 1.100 Has. no coto de Castiñeira (no mismo concello de Vilarino de Conso). Finalmente, Don Xavier Armesto, exercía o seo señorío sobre 400 Has. da xurisdicción de Villarmeao (actual concello de Viana do Bolo), compartida con Don Joseph Quiroga, e 600 Has. na de Mormentelos (Vilarino de Conso), tamén compartida con Don Baltasar Valcarce.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.