Descripción do sitio

 

 

 Aún no conoce el Camino de Invierno a Compostela por Oseira? (NUEVO):

CuencaGana_Portada
Cuenca
  • NOVO 31-7-1017 Arbol xenealóxigo. Novos datos
  • NOVO 22-2-1017 Ano 1556.- Enfrentamento entre veciños de Chantada e do coto de San Salvador de Asma.
  • NOVO 15-2-1017 CHANTADA, Antiguo Réximen II (MAPA antiguas xurisdicciós de Chantada).
  • NUEVO 31-12-2016 LA MANCHA en el Antiguo Régimen.
  • NUEVO 31-12-2016 CUENCA en el Antiguo Régimen.
  • NUEVO 31-12-2016 MURCIA en el Antiguo Régimen.
  • NUEVO 27-12-2016 SALAMANCA en el Antiguo Régimen.
  • NUEVO 23-12-2016 El Puente de Monesterio II (Madrid).
  • NOVO 13-11-2016 Refranes gallegos.
  • NOVO 20-08-2016 Santa Eugenia de Asma no Tumbo Vello de Oseira.
  • NOVO 20-08-2016 Santa Eugenia de Asma no Tumbo Novo de Oseira.
  •  

    Tamén lle pode interesar:

    Benvido á nosa Historia

    O contido deste sitio só quere dar a coñecer algúns aspectos históricos e culturais que a min persoalmente me atraen, a maior parte relacionados coa miña parroquia de orixe, Santa Eugenia de Asma (Santa Uxía de Asma), do concello de Chantada, extensible ás terras de Oseira, Camba, Ulloa, Lemos, A Peroxa, Vilamarín, etc. Quéroo presentar dun xeito moi grafico, de doada lectura, e con abundancia de MAPAS HISTORICOS elaborados por min, onde inclúo datos relativos a todos estes ámbitos. Calquera comentario ou achega podédela facer cumplimentando o formulario de contacto.

    —–ooOoo—–

    El contenido de este sitio solo quiere dar a conocer algunos aspectos históricos y culturales que a mí personalmente me atraen, la mayor parte relacionados con mi parroquia de origen, Santa Eugenia de Asma, del concejo de Chantada, extensible a las tierras de Oseira, Camba, Ulloa, Lemos, A Peroxa, Vilamarín, etc. Lo quiero presentar de una manera muy grafica, de fácil lectura, y con abundancia de MAPAS HISTORICOS elaborados por mí, donde incluyo datos relativos a todos estos entornos. Cualquier comentario o aportación la podéis hacer cumplimentado el formulario de contacto.

    —–ooOoo—–

    The content of this site only wants to introduce some historical and cultural aspects that appeal to me personally, most related to my home parish, Santa Eugenia of Asma, Chantada council, extends to land Oseira, Camba Ulloa, Lemos, A Peroxa, Vilamarín, etc. What I want to introduce a very graphic way, easy to read, and with plenty of historical maps prepared by me, which included data for all these environments. Any comment or contribution can make the filling in the contact form.

    11 comentarios en “Descripción do sitio”

    1. Ola, Son Ólida Vázquez de Aspai. Seguidora do teu blog. Necesito saber se tes máis datos sobre o libro do real de Santa Eugenia, concretamente os referidos a Amaro Vázquez..
      Un saúdo.
      Ólida

      1. Bos días Ólida.
        Sento decirche que non teño máis datos cos que puxen na páxina. Teño pensado ir iste vrao ó Archivo Histórico Provincial de Lugo e sacar algúns máis. Si estás muy interesada podes pasarte tí misma e pedir os libros do Catastro de Ensenada de Santa Eugenia e buscar o que máis che interese. Tes que ter sorte porque algunhas follas están deterioradas.
        Recibe un cordial saúdo.

    2. Grazas, e que por casualidade buscando datos antigos que me pediu un familiar nos papeis da casa atopei os tetamentos de Amaro… e descendentes e eutroume a curiosidade.
      Terei que deixalo tamén para o verán.. e ver que podo atopar, seguramente algúns datos que me interesarían estarían nos arquivos da igrexa… no verán verei, aínda que isto levará tempo.
      Un saúdo

      1. Ólida, bos días.
        O outro día fun á miña casa de Santa Eugenia e paseis por o AHN de Lugo para sacar algúns datos. Lamento decirche que do teu antepasado Amaro Vázquez non vin datos sobre as fincas, casas ou rentas, así que o que saquei pódelo consultar na páxina (O Interrogatorio do Catastro de Ensenada III) referida a toda a parroquia. Espero que che interesen os datos xa que dan unha idea xeral de como vivían entón os veciños (penso que non vivían tan mal como dín).
        Un saludo.

    3. Xa estiven vendo ese interrogatorio. e todos os demais, son moi interesantes e instructivos a verdade que me gusta un montón.
      Manuel, o outro día preguntáchesme se sabía se en Aspai había máis Vazquez, porque atoparas un foro de Oseira. No que eu sei segundo os libros da Igrexa (bautismos e defuncións) non, Pero antes desa data non teño idea. Teño que ver o libro de matrimonios, porque non tiven tempo e en agosto está pechado. Sei que a partir do s. 19 hai outra casa con ese apelido pero foi da miña casa, eu xa tiña coñecemento por meu pai dese parentesco lonxano.
      Logo do verán volverei algún día para ver o de matrimonios, porque quero aclarar algúns apelidos e orixe, xa que como os irmáns homes e mulleres non sempre levan o mesmo apelido quero concretar… eu teño desde 1650 que é o primerio testamento que conservamos… Non teño moito tempo.
      Un saúdo

      1. Olida, boas tardes.
        Estuven revisando a páxina que contén os foros antigos de Oseira e vin que o apellido Vazquez ya aparece no século XV cando no año 1450 o mosteiro afóralle a un tal Pedro Vazquez de Fornas o lugar de Aspay (aparece o dodumento orixinal na páxina de Santa Eugenia, Tumbo vello). Iste Pedro Vazquez poidera ser antepasado teu. Por outra parte, no Tumbo novo aparece unha nota dicindo que «Está vaco este foro año de 654 lo posee Pedro Vazquez de Aspay» referíndose a un foro que fixo o mosteiro en 1515 a Alvaro de Aspay que segun parece pasou a Pedro Boan e hirdeiros, e que o último diles, chamado Fernando de Boan, vendeuno a Pedro Vazquez no ano 1654. A partir diste ano parece que tes documentación. A ver si podes sacar algo en limpo. Saludos.

        1. Impresionante trabajo el que lleva usted a cabo. Estoy pasando unos días en Chantada y me ha encantado encontrar esta página, amena y rigurosa, muchísimas gracias.

        2. Muchas gracias. Desde luego es un camino muy tranquilo y asequible. Tiene el aliciente añadido del Monasterio de Oseira. Espero que lle sirva de algo.

    4. Ola Manuel, boas tardes.
      Grazas por esa información, puidera ser ese Pedro Vázquez antepasado meu, máis nos meus datos non consta este, ( ou eu non o localicei aínda..)eu teño un testamento de 1657 pero de Sebastián vázquez. Aqui teño un pequeno salto, porque este fai testamento a favor do seu fillo Amaro (antepasadodo Amaro que aparece 100 anos despois no catastro da Ensenada),
      Logo teño un Pedro Vázquez (testamento en 1709) a favor de Amaro Vazquez ( catastro) e desde aí xa todos están correlativos.
      O Pedro máis antigo nos meus datos é o pai de Amaro Vázquez, pero como se repiten os nomes terei que mirar de novo.

      Para min isto é un pasatempo pero ás veces convírtese nun quebracabezas…. pero con tempo algo irá ordenándose. Moitas grazas de novo

    5. Ola Manuel. En primeiro lugar agardo que esteades ben, e a ver se este ano 2021 mellora un pouco a situación. Hoxe púxose en contacto comigo un profesor dun IES de Lalín que anda investigando sobre o mestre que mataron en Sta Uxía. (como son de Aspai, que era o nome da escola deu comigo) , recomendeille que se puxera en contacto contigo por se ti que investigas moito tiñas máis datos. O profesor chámase Manuel Igrexas. Un saúdo e agardando poder vernos. Nós tampouco podemos ir a Aspai.

    Deja un comentario