Lemeses, Cambotes ou «Baedyi»?

Novo 07-04-2014

Os nosos antepasados pre-romanos da comarca de Chantada non foron citados por Estrabón, nin por Ptolomeo, nin por Plinio e xa non digamos por P. Mela. Siñificaba que pertenecíamos a alguna das tribus que nos rodeaban como os Lemavi, Cileni, Seurri, Bubali ou Baedyi? Ou formábamos unha tribu propia? Compre analizalo axudándonos dun mapa:

Panorama tribal no norte de España (según Sánchez-Albornoz):

 Os chantadinos somos Lemeses, Cambotes ou Baedyi?:

 

 

  • Os LEMAVI sí foron citados por Plinio e Ptolomeo, asiñándolles  como principal asentemento a localidade de Dactonium. A ubicación desta localidade segue sendo problemática. Identifícase con Monforte, Chantada ou San Vicente de Castillón. Dactonium tamén foi citada por Hidacio de Chaves no seu Chronicón e aparece recollida nas tablillas de Astorga. Cando falamos dos LEMAVI damos por sentado que nos estamos referíndo ó Lemos actual. Pero non o podemos ter tan claro. Qué pasaría se a capital dos Lemavos fose Dactonium como indica Ptolomeo? e que pasaría se Dactonium fose Chantada? Pois sincelamente que os lemavos seriamos nós.
  • Os CILENI son situados por Plinio na frontera norte do Conventus Bracarense. A sua principal cidade capital sería Aguae Cálidae(Cuntis), cercana a Aquae Celenis (Caldas de Reis), millor conocida por tratarse de unha mansión ubicada no Itinerario de Antonino. Caldas de Reis cos seus centros termaes, parece lóxico que se identifique con a Aquae Calidae de Plinio. Iste pobo Podería ocupar así o espacio Norte de Pontevedra, extendéndose hasta o Miño. Sen ambargo últimamente autores como Pérez Losada fixou os seus límites no Faro. Hay que seguir esperando novos descubrimentos.
  • Dos SEURRI temos unha idea bastante exacta. Seguido a Tranoy vemos como Ptolomeo  asígnáballes as mansións de Timalino e Aquae Quintiae. A mansisón Timalino tamén é citada no Itinerario de Antonino, que a situa a 20 millas ó Sodeste de Lugo na vía de lugo a Astorga, e esta estaba tamén a 12 millas de Pons Naviae, o que leva  a concluir a Tranoy que Timalino estaba situada entre Lugo e o río Navia, sin que sea posible determinar o emplazamento exacto. Como Aquae Quintiae estaba na etapa entre Lugo e Dactonium, encontraríase no Sur de Lugo. Como tamén temos testimonios de que  iste pobo estaba dividido por o curso do Miño, pódese atribuir óp Seurri as actuais comarcas de Sarria e Taboada.
  • A terra de Chantada está delimitada por a parte sur cun amplo territorio onde se asenta o río Búbal que abarcaría en toda a súa extensión desde o seu nacimento na serra Martiñá hasta a sua desembocadura no Miño en Os Peares. Niste territorio asentáríanse os BUBALI, que non convén confundir cós bibali que algún autores situan na terra de Verín e Chaves e que foron os que según o Tablao dos Pobos axudaron a construir a ponte de Aquae Flaviae (Chaves). O Parroquial Suevo tamen fai referencia ós bubali como asentados na sede de Auriensem, o que parece lóxico xa que conocemos que parte diste territorio pertenecéu hasta tempos máis recentes ó obispado de Ourense. A semellanza dos búbali co topónimo do río Bubal resulta por outra parte evidente.
  • Os historiadores gregos e romanos deixaron un espacio valeiro en pleno corazón de Galicia sin adxudicar a ningún povo. Nin en fontes epigráficas nin no itinerario de Antonino aparece  referencia alguna directa ós pobos que se asentaban entre o Faro e o Miño. Por dita razón, un autor do prestixio de Rodríguez Colmenero situa ós BAEDYI, citados por Ptolomeo, nas terras de Chantada, A Barrela e Lalín. Proposta orixinal pero razonable se temos en conta que os baedyi era un pobo de interior e os autores clásicos non fixeron referencia algunha ós povos situados entre o Sur de Lugo e o Norte de Pontevedra.

Certamente, ante esta falta de información, os chantadinos podémonos preguntar se somos lemeses ou cambotes, se somos lemavos, baedus ou celeni, ou incluso bubali. Non falo das fronteiras políticas ou administrativas actuales, senon dos límites tribales de época pre-romana que formaban os 15 povos do conventus lucenses.

Chantada non existíu co nome actual hasta a baixa idade media. O nome anterior era o de Puebla de Chantada. Este nome  non deixa de suxerir unha etapa de poboamento dun solar ermo previamente despoblado trala invasión árabe e que posiblemente se produxese no reinado de Alfonso de Oviedo. Asma era o nome propio asinado á toda a nosa comarca na época altomedieval. Anteriormente non se encontra ninguna referencia á nosa tribu ou civitas. Os antiguos sitúannos entre os LEMAVI e os CILENI . Significa esto que non existíamos?, ou que, como dí Rodriguez Colmenero, estaba ocupada por os propios Baedi?  Se a frontera dos Celeni chegaba hasta O Faro como dí Pérez Losada, entre o Faro e o Miño Miño tiña que existir algún tipo de poviamento diferenciado. E o máis lóxico tendo en conta o papel estratéxico da zona –demostrada por o importante papel que xugarían as comunicaciós en tempo dos romanos – habería que concluir que Chantada estaba poblada por unha tribu propia e que o candidato podía moi ben ser os BAEDYI, como afirma Rodríguez Colmenero. Sólo falta confirmar esta hipótese.

Enlaces:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/monforte-de-lemos/2015/04/24/huella-olvidada-lemavos/0003_201504M24C4991.htm

 

2 comentarios en “Lemeses, Cambotes ou «Baedyi»?”

  1. Dactonium parece que está ubicado en Castillons. pegadiño a Ferreira de Pantón. Pero case sen duvida Chantada era territorio Lemavo. Posiblemente a populi mais poderosa de Gallaecia, tendo en conta que Roma fixo unha cohors composta unicamente por esta populi. (Algo moi inusual) Cohors I lemavorum

    1. Quizáis a miña páxina sexa algo atrevida ó sinalar a Chantada como pertenecente ós Boedy, pero pareceume orixinal a hipótese de Rodriguez Colmenero sobre a ubicación diste pobo.
      Sin dúbida Dactonium debeu ser muy importante militarmente como veñen a confirmar as tablillas de barro de Astorga ó facer referencia a un itinerario de Lugo a Dactonium por Aquae Quintiae.
      A propósito, pode ser Aquae Quintiae a Quintá de Agrade, na parroquia de San Vicente de Agrade(Chantada). Qué che parece?

Deja un comentario