Refranes gallegos

 

 

refranespapa

Quen a herencia reparte, sempre leva a mayor parte.

Quen a raposa quer engañar, comprelle madrugar.

Quen ben ata ben desata.

Quen canta seu mal espanta.

Quen cala, amola a quen fala.

Quen cas mans non pode cos dentes acode.

Quen con auga se cura pouco dura.

Quen corre polo muro, non da paso seguro.

Quen fai ben, faino para il tamén.

Ruin feira, corda valeira.

Quen gasta o que tén, a pedir ven.

Quen merca ruin pano, merca duas veces o ano.

Quen non goberna a leña, non goberna cousa que teña.

Quen non ten casa nin viña, en calquer parte se aveciña.

Quen non ten oficio, non ten beneficio.

Quen sal dunha, cen anos dura.

Quen sin tasa bebe e fuma, nunca fará fortuna.

Santa Rita Rita, o que se da non se quita.

Salín dun souto pra me meter noutro.

Sardiña salida, ben cocida ou ben asada.

Sardiña que leva o gato, tarde ou nunca volve o prato.

Se o millo fose puco, mudalo dun saco para outro.

Se queres coller bon viño, procura que á viña lle dea o soliño.

Se queres que a muller te queira, ten diñeiro na carteira.

Se con malvas te curas, pouco duras.

Si chove antes de misa, toda a semana é de risa.

Si en marzo canta a ra, polo maio calará.

Si queres grasita, ceba o porco na Santa Mariña.

Si queres que a muller te queira, afloxa a carteira.

Si queres ver contento o can, dalle pan.

Sii tes frío, tírate ao río.

Terra sin abono acaba con seu dono.

Sol madrugadeiro, chuva no eido.

Sopas e amores, os primeiros os millores.

Sopas de sartén parecen poucas pero saben ben.

Sol madrugadeiro, non e bon compañeiro.

A quen sirve a señores, non lle faltarán dolores.

O que sobra métese en obra.

O que rouba a un ladrón ten cen anos de perdón.

O que se da a bebida, ben pouco estima a súa vida.

O que promete e non dá, no inferno as pagará.

O que ten a lengua aguda, que teña a costela dura.

O que ten arte vai por todas partes.

O que ten besta e enda a pé, ben burro é.

O que ten fillos e cabras, ten penas bravas.

O que ten maña apaña.

O que ten muller non lle falta que facer.

O que ten tenda que a atenda; e se non pode que a venda.

O que vai o toxal, sin espiñas non sal.

O que ven de fora, ven sin hora.

O vello non quer ser espello.

O viño do Ribeiro fai andar ao home lixeiro.

O viño e o limón medio ciruxanos son.

Onde a galiña ten os ovos, alí ten os ollos.

Onde allos dan, cebolas se collerán.

Onde hay moito abrigo, a reuma sigue o seu camiño.

Ovellas tolas, tras dunha van todas.

Por San Brais duas horas mais.

Os enemigos do home son tres, sogra, cuñada e muller.

Ou o can mente ou ven xente.

Predícame fraile por un oido me entra e por otro me sale.

Outono quente, trae o dome no ventre.

Palabras de casamento, danse no campo e lévaas o vento.

Pasiño a pasiño váise andando o camiño.

Predícame fraile, quen te mandou cantar que che pague.

Pra comenzar a gastar, hai que sabelo ganar.

Pra lograla hai que porfiala.

Pra mentir e comer pescado, hai que ter moito coidado.

Pra misa e pra o souto, non hai que agardar un por outro,

Pra que valla máis o teu viño, fala mal do do veciño.

Pra torear e casarse, hai que arrimarse.

Pola porta donde entrares, deixala como atopares.

Pola sona búscase a persona.

Polo si ou polo non os cartiños no caixón.

Por mal e pobre que esteas, paternostre nunca seas.

(Recollidos por Manuel Lamazares Guerra, Maestro Nacional do concello de Chantada, anos 1970 e seguintes).

 

 

Anuncios
A %d blogueros les gusta esto: