O Cemiterio Británico de Madrid/El Cementerio Británico de Madrid

O 13 de decembro de 2014 fixen unha visita ao Cemiterio Británico de Madrid que me trouxo á memoria os entrañables xardíns de San Carlos da Coruña cando eu os coñecera tendo cinco anos. Nos xardíns de San Carlos encóntrase a tumba do xeneral escocés Sir John Moore, morto na Batalla de Elviña de 1809 fronte aos franceses mentres defendía o embarco do exército inglés no porto da Coruña. Alí podemos tamén observar unha placa en homenaxe aos 172 oficiais e homes da Armada Real Inglesa que morreron no naufraxio do buque Serpent preto de Cabo Vilano o 10 de novembro de 1890, e que hoxe se encontran sepultados no cemiterio inglés de Camariñas.

O Cemiterio Británico de Madrid está situado no barrio de Carabanchel Bajo e foi creado en 1854 polo goberno británico para dar enterramento aos cidadáns daquela nacionalidade. Pero alí están enterrados non só británicos senón cidadáns doutras moitas nacionalidades, principalmente de relixión protestante. Tamén os hay doutras crenzas como xudeus e ortodoxos, e mesmo católicos e un musulmán. En xeral todos os que non tiveran como relixión a católica podían recibir aquí sepultura, aínda que tamén hay católicos xa que hai que recordar que ata 1883 non se construíu o cemiterio civil de Madrid.

Como nos conta o noso guía David Butler, un xubilado británico membro do Padroado do Cemiterio e que aínda conserva o acento do seu país, hai máis de 60 cemiterios ou enterramentos británicos en España, sendo os máis importantes os de Bilbao, Málaga e Las Palmas, posiblemente por ter porto de mar.

As circunstancias fixeron no caso do cimiterio de Madrid que se encontren enterrados personaxes relevantes da aristocracia europea como os Bagratione ou Tatiana de Korz, familias importantes como os Loewe, os Bauer ou os Lhardy, artistas como Richard Clifford ou Sheldon Pennoyer.

Foi construído en 1854 nun soar comprado a un mesoneiro da época e actualmente está xestionado por un Padroado, entre cuxos membros se encontra a embaixada británica. A entrada foi construída orixinariamente en ladrillo pero foi revogada recentemente debido ao seu mal estado de conservación. A existencia dun cemiterio non católico non estaba ben vista pola igrexa católica da época como o demostra o feito de que non se puidese poñer unha cruz no exterior, senón que houbo que situala no interior do cemiterio, por detrás da porta de entrada.

Entrada do Cementerio Británico de Madrid. Na parte superior o escudo da Reina Victoria.
De Cementerio Británico

España naquela época encontrábase afundida economicamente, pero en contrapartida ofrecía moitas posibilidades de enriquecerse. Houbo varios personaxes que viñeron a facer negocio -minas, transportes, Canal de Isabel II, etc. -. Nos anos 40 e 50 houbo unha primeira ondada de emigración de tecnócratas. Entre eles encontrábase o famoso fotógrafo Charles Clifford que inmortalizou a España da época, e que está enterrado aquí, aínda que só se conserva o epitafio na entrada do cemiterio. Máis tarde, en torno aos anos 80 do pasado século XIX houbo unha segunda ondada de emigración entre os que viñeron principalmente xudeus. Moitos deles están tamén enterrados aquí.

Grupo de visitantes xunto co guía David Butler en primeiro plano.
De Cementerio Británico

David Butler nun rápido pero exhaustivo percorrido mostrounos as tumbas de moitos personaxes coñecidos e contounos unha morea de historias curiosas con eles relacionadas – el mesmo dispón dun ficheiro con máis datos das familias enterradas aquí, pero non pode facelos públicos na súa totalidade porque hai moitos datos reservados-.

Plano do Cemiterio Británico de Madrid. En amarillo están señaladas as tumbas máis interesantes.

A visita comezou coa tumba de Teodoro de Butwer, que morreu en 1916, e que ten a particularidade de que, posiblemente pola súa relixión ortodoxa, recolle as datas de nacemento e falecemento segundo o calendario xuliano e gregoriano.

Thomas Price, fundador do circo Price, cuxa filla casou co domador Willian Parish. Usou o seu propio apelido que cambiou despois a Circo Price, posiblemente porque era máis doado de pronunciar en Madrid. Parish daba tamén ceas e zarzuelas e era ademais un centro político.

Sheldon Pennoyer, pintor estadounidense, recolleu na súa primeira etapa as imaxes dos pobos pioneiros e as estacións de ferrocarril. Despois veu a España para recuperar obras de arte, moitas delas roubadas polos nazis en Europa, tal como inspirou a película «Monumentsmen«.

Entramos nunha zona onde nos encontramos con abundancia de apelidos tales como Moses ou Levy, o que denota que estamos a entrar nunha parte do cimiterio onde predominan os persoaxes de orixe xudía.

A familia Bauer ocupa o túmulo maior do cemiterio. Foi construído en estilo neoegipcio polo arquitecto Arbós e Tremonti, o mesmo que construíu a igrexa de San Manuel e San Benito e o Panteón de Homes Ilustres de Madrid. Os Bauer eran unha parte do clan dos Roschilde, famosos financeiros europeos. No túmulo abundan os enterramentos de nenos que naquela época morrían no momento do parto. Actualmente segundo nos conta Davis o túmulo está case baleiro porque, co seu bo sentido de humor británico, posiblemente os Bauer sexan unha familia moi lonxeva. Esta familia tiña intereses nas minas de Almadén e compraron o Palacio del Capricho de la Alameda de Osuna de Madrid en 1901. Tiñan unha casa magnífica na Rúa de San Bernardo, hoxe Escuela Superior de Canto. Cando a familia entrou en dificultades financeiras vendeuno todo en 1931.

Lhardy foi o fundador do coñecido restaurante do seu nome situado na Carreira de San Jerónimo de Madrid. A historia dos Lhardy remóntase a 1839 cando decide instalarse en Madrid, onde non había xeito de encontrar un sitio elegante para, como dí David Butler, «para levar a comer unha dama». Faleceu en 1887. Sobre o fundador dos Lhardy existen outras noticias que din que está enterrado no panteón dos Bauer.

A familia real de Xeorxia, os Bagratione, foi outra das que viñeron a vivir a Madrid. Ao parecer os Bagratione están a intentar a restauración da monarquía no seu país. O primeiro que morreu foi en 1957. A familia ten moito cariño por Xeorxia aínda que como país deixóu de existir en 1802 porque era un inimigo declarado de Rusia e Rusia era amiga de Francia naquel momento.

A historiadora Alice Bache Gould e Quincy, descendente do presidente de Estados Unidos John Quincy Adams, sabía español porque pasou a súa infancia en Arxentina onde o seu pai deseñou e construíu o Observatorio Astronómico. En Puerto Rico estudou documentos antigos e xa en España fixo as biografías dos acompañantes de Cristobal Colón demostrando que non eran homes sen cultura senón cultos e de boas familias. En Simancas viviu e fundou unha escola progresista en 1930. Alice pensaba que as mulleres nas bibliotecas podían ser unha distracción carnal para os seminaristas.

Tumba da historiadora americana Alice Bache Gould y Quincy.
De Cementerio Británico

Arthur Yenken, foi ministro da embaixada británica. En 1944 tivo un accidente de aviación no que morreu xunto co seu piloto Candwell e o mecánico español Gaspar Martinez. Oficialmente a causa do accidente foi a néboa pero os rumores din que foi unha sabotaxe dos alemáns. A súa viúva casou de novo, pero á súa morte trouxérona a enterrar co seu primeiro marido. Ao lado está a tumba do piloto Candwell que tamén morreu no accidente. A sua lápida ten a forma das tumbas dos que morreron en acción de servizo xa que tiñan dereito a un enterramento militar. O entón espía Ian Fleming estivo a cargo da operación Golden Eye: a súa misión consistía en estudar a ditadura franquista e sabotar calquera intento de alianza co réxime nazi. Segundo conta Vanity Fair, o ministro Arthur Yenken encargouse de proporcionar un visado ao espía Ian Fleming que estaba a cargo da operación Golden Eye para poder moverse libremente polo territorio español. Hai dous anos, o histórico visado vendeuse por 15.000 euros nunha poxa en Londres.

Á dereita, tumba do diplomático británico Arthor Yenken, e a esquerda do piloto Canwell. Ambos morreron xunto co mecánico español Gaspar Martínez en accidente de aviación en 1944.
De Cementerio Británico

Un pouco máis alá topámonos coa de Arthur Byne, un condecorado arquitecto, que ao parecer non o era, xa que traballou máis ben como traficante de arte para William Randolph Hearst. Byne ao parecer foi o responsable da venda e traslado aos Estados Unidos, en conivencia con algunhas autoridades españolas, de varias obras de arte de gran valor arquitectónico.

George Fitch, coronel no exército español. Vinculado na loita contra a lei sálica. O seu tío adoptouno en Londres e en Madrid viviu nun ambiente románico. Foi un dos fundadores do cemiterio británico.

Margaret Taylor era católica irlandesa fundadora do salón de té Embasy. Xogou un papel importante na segunda guerra mundial rescatando xudeus e refuxiados antinazis. Recollíaos no seu local onde os alimentaba e aseaba e preparaba a súa repatriación a través de Lisboa ou Xibraltar. No seu local de Embasy desenvolvéronse encontros entre os espías que entón pululaban por Madrid. O libro de María Dueñas «Tiempo entre costuras» fai referencia á rede de espionaxe británica montada polo agregado naval Allan Hillgart e os procedementos que se utilizaban para pasar información aos seus gobernos.

Outra familia que tampouco era británica, os Bourghignon, de orixe holandesa que a través da floraría facían de correos mediantemansajes cifrados introducidos nos ramos de flores. María Dueñasen en «El Tiempo entre costuras» fálanos tamén dos Bourgignon.

A baronesa de Tatiana de Korf é outra das ilustres hóspedes deste cemiterio. A súa orixe estaba en Estonia, pequeno estado situado como unha pelota entre os grandes imperios da época (Rusia e Alemaña).

O fundador de Loewe, firma coñecida polos artigos de luxo derivados do coiro, tamén está enterrado aquí. Ten xunto con outros dous membros da súa familia unha tumba coa particularidade de que xunto á data de nacemento ten gravada unha estrela de David e xunto á data da súa morte unha cruz, é dicir, que naceron xudeus e morreron cristiáns.

Tumba da familia Loewe.
De Cementerio Británico

O famoso industrial reloxeiro suízo Girod tamén ten neste cemiterio un enterramento, quizais tamén pola súa relixión calvinista.

Walter Starkie fundador do Instituto Británico en Madrid, irlandés católico ao que ao parecer algúns chamaban don Gitano. O instituto, aínda que en aparencia se trataba dun centro cultural, en realidade era un centro de propaganda británica.

O matrimonio escandinavo Christian Stavel-Hansen e Frida Spolander disponhían asimismo de unha tumba niste lugar. Esta familia entroncou con posterioridade coa familia Zozaya e constituíironse nos antepasados do laureado escritor Don Antonio Zozaya. A sua importancia recórdanosla a placa colocada por suscripción popular na actual plaza do General Vara de Rey de Madrid, antes denominada de Antonio Zozaya,  e cuio retorno ó seo primitivo nome debíase promover ante o Concello de Madrid.

A tumba do matrimonio escandinavo Cristian Stavel Hansen e Frida Spolander
De Cementerio Británico

Como final da visita, sinalar que se conserva só a lápida do Ministro Plenipotenciario de Gran Bretaña en México, Loftus Charles Otway xa que os seus restos foron trasladados a Londres. Hai unha foto de Clifford onde se ve a viúva chorando desconsolada ante o monumento. Hoxe conseravase só a lápida trasladada de sitio xa que orixinariamente estaba na outra esquina do cemiterio.

Epitafio do fotógrafo Charles Clifford.
De Cementerio Británico

———-oooOooo———-

Versión en castellano:

El 13 de diciembre de 2014 hice una visita al Cementerio Británico de Madrid que me hizo recordar los entrañables jardines de San Carlos de A Coruña, que yo conocí cuando tenía cinco años. En los jardines de San Carlos se encuentra la tumba del general escocés Sir John Moore, muerto en la Batalla de Elviña de 1809 frente a los franceses mientras defendía el embarco del ejército inglés en el puerto de A Coruña. Allí podemos también observar una  placa en homenaje a los 172 oficiales y hombres de la Armada Real Inglesa que murieron en el naufragio del buque Serpent cerca de Cabo Vilano el 10 de noviembre de 1890, y que hoy se encuentran sepultados en el cementerio inglés de Camariñas.

El Cementerio Británico de Madrid está situado en el barrio de Carabanchel Bajo y fue creado en 1854 por el gobierno británico para dar enterramiento a los ciudadanos de aquella nacionalidad. Pero allí están enterrados no sólo británicos sino ciudadanos de otras muchas nacionalidades, principalmente de religión protestante. También de otras creencias como judíos y ortodoxos, e incluso católicos y un musulmán. En general  todos los que no tuvieran como religión la católica podían recibir aquí sepultura, aunque también están enterrados católicos porque hay que recordar que hasta 1883  no se construyó el cementerio civil de Madrid.

Como nos cuenta nuestro guía David Butler, un jubilado británico miembro del Patronato del Cementerio y que aún conserva el acento de su país, hay más de 60 cementerios o enterramientos británicos en España, siendo los más importantes los de Bilbao, Málaga y Las Palmas, posiblemente por tener puerto de mar.

Las circunstancias hicieron en cambio que en el cementerio de Madrid se encuentren enterrados personajes relevantes de la aristocracia europea como los Bagratione o Tatiana de Korz , familias importantes como los Loewe, los Bauer o los Lhardy, artistas como Richard Clifford o Sheldon Pennoyer.

Fue construido en 1854 un solar comprado a un mesonero de la época y actualmente está gestionado por un Patronato, entre cuyos miembros se encuentra la embajada británica. La entrada fue construida originariamente en ladrillo pero fue revocada recientemente debido a su mal estado de conservación. La existencia de un cementerio no católico no estaba bien vista por la iglesia católica de la época como lo demuestra el hecho de que no se pudiera poner una cruz en el exterior, sino que hubo que situarla en el interior del cementerio, por detrás de la puerta de entrada.

Entrada del Cementerio Británico de Madrid. En la parte superior el escudo de la Reina Victoria.
De Cementerio Británico

España en aquella época se encontraba hundida económicamente, pero en contrapartida ofrecía muchas posibilidades de enriquecerse. Hubo varios personajes que vinieron a hacer negocio –minas, transportes, canal de Isabel  II, etc.-. En los años 40 y 50 hubo una primera oleada de emigración de tecnócratas. Entre ellos se encontraba el famoso fotógrafo Charles Clifford que inmortalizó la España de la época, y que está enterrado aquí, aunque sólo se conserva el epitafio en la entrada del cementerio. Más tarde, en torno a los años 80 del pasado siglo XIX hubo una segunda oleada de emigración entre los que vinieron principalmente judíos. Muchos de ellos están también enterrados aquí.

Grupo de visitantes con el guía David Butler en primer plano.
De Cementerio Británico

David Butler en un rápido pero exhaustivo recorrido nos mostró las tumbas de muchos personajes conocidos y nos contó un sinfín de historias curiosas con ellos relacionadas  – él mismo dispone de un fichero con más datos de las familias enterradas aquí, pero no puede hacerlos públicos en su totalidad porque hay muchos datos reservados- .

Plano del Cementerio Británico de Madrid. En amarillo están señaladas las tumbas más interesantes.

De Cementerio Británico

La visita comenzó con la tumba de Teodoro de Butwer, que murió en 1916, y que tiene la particularidad de que, posiblemente por su religión ortodoxa, recoge las fechas de nacimiento y fallecimiento según el calendario juliano y gregoriano.

Thomas Price, fundador del circo Price, cuya hija se casó con el domador Willian Parish. Usó su propio apellido que cambió después a Circo Price, posiblemente porque era más fácil de pronunciar en Madrid. Parish daba también cenas y zarzuelas y era además un centro político.

Sheldon Pennoyer, pintor estadounidense, recogió en su primera etapa las imágenes de los pueblos pioneros y las estaciones de ffcc. Después vino a España para recuperar obras de arte, muchas de ellas robadas por los nazis en Europa. Inspiró la película “Monuments men”.

Entramos en una zona donde nos encontramos con abundancia de apellidos tales como Moses o Levy, lo que denota que estamos entrando en una zona con abundancia de tumbas de origen judío.

La familia Bauer ostenta el túmulo  mayor del cementerio. Fue construido en estilo neoegipcio por el arquitecto Arbós y Tremonti el  mismo que construyó la iglesia de San Manuel y San Benito y el Panteón de Hombres Ilustres de Madrid. Los Bauer eran una parte del clan de los Roschilde. En el túmulo abundan los enterramientos de niños que en aquella época morían en el momento del parto. Actualmente según nos cuenta Davis el túmulo está casi vacío porque, con su sentido del humor británico, posiblemente los Bauer sean una familia muy longeva. Esta familia tenía intereses en las minas de Almadén y Compraron el Palacio del Capricho de la Alameda de Osuna de Madrid en 1901. Tenían una casa magnífica en la Calle de San Bernardo, hoy Escuela Superior de Canto. Cuando la familia entró en dificultades financieras lo vendió todo en 1931.

Lhardy fue el fundador del conocido restaurante de su nombre situado en la Carrera de San Jerónimo de Madrid. La historia de los Lhardy se remonta a 1839 cuando decide instalarse en Madrid, en donde no había manera de encontrar un sitio elegante para comer. Falleció en 1887. Sobre el fundador de los Lhardy existen otras noticias que dicen que está enterrado en el panteón de los Bauer.

La familia real de Georgia, los Bagratione, fue otra de las que vinieron a vivir a Madrid. Al parecer los Bagratione están intentando la restauración de la monarquía en su país. El primero que murió fue en 1957. La familia tiene mucho cariño por Georgia aunque dejo de existir en 1802 porque era un país enemigo de Rusia y Rusia era amiga de Francia en aquel momento.

La historiadora Alice Bache Gould y Quincy, descendiente del presidente de Estados Unidos John  Quincy Adams, sabía español porque pasó su infancia en Argentina donde su padre diseñó y construyó el Observatorio Astronómico. En Puerto Rico estudió documentos antiguos y ya en España hizo las biografías de los acompañantes de Cristobal Colón demostrando que no eran hombres sin cultura sino cultos y de buenas familias. En Simancas vivió y fundó una escuela progresista en 1930. Alice pensaba que las mujeres en las bibliotecas podían ser una distracción carnal para los seminaristas.

Tumba de la historiadora americana Alice Bache Gould y Quincy.
De Cementerio Británico

Arthur Yenken, ministro de la embajada. En 1944 tuvo un accidente de aviación en el que murió junto con su piloto Candwell y el mecánico Gaspar Martinez. Oficialmente la causa del accidente fue la niebla pero los rumores dicen  que fue un sabotaje de los alemanes. Su viuda se casó de nuevo, pero a su muerte la trajeron a enterrar con su primer marido. Al lado está la tumba del piloto Candwell que también murió en el accidente. Esta es la forma de las tumbas de los que murieron en acción de servicio. Tenían derecho a un enterramiento militar. El entonces espía Ian Fleming estuvo a cargo de la operación Golden Eye: su misión consistía en estudiar la dictadura franquista y sabotear cualquier intento de alianza con el régimen nazi. Según cuenta Vanity Fair, el ministro Arthur Yenken se encargó de proporcionar un visado al espía  Ian Fleming que estaba a cargo de la operación Golden Eye  para poder moverse libremente por el territorio español. Hace dos años, el histórico visado se vendió por 15.000 euros en una subasta en Londres.

A la derecha, tumba del diplomático británico Arthor Yenken, y a la izquierda del piloto Canwell. Ambos murieron junto con el mecánico español Gaspar Martínez en accidente de aviación en 1944.
De Cementerio Británico

Un poco más allá nos topamos con la de Arthur Byne, un condecorado arquitecto, que al parecer no lo era, ya que trabajó más bien como traficante de arte para William Randolph Hearst. Byne al parecer fue el responsable de la venta y traslado a los Estados Unidos, en connivencia con algunas autoridades españolas, de varias obras de arte de gran valor arquitectónico.

George Fitch, coronel en el ejército español. Vinculado en la lucha contra la ley sálica. Su tío lo adoptó en Londres y en Madrid vivió en un ambiente románico. Fue uno de los fundadores del cementerio británico.

Margaret Taylor era católica irlandesa fundadora del salón de té Embasy. Jugó un  papel importante en la segunda guerra mundial rescatando judíos y refugiados antinazis. Los recogía en su local donde los alimentaba y aseaba y preparaba su repatriación a través de Lisboa o Gibraltar.  En su local de Embasy se desarrollaron encuentros entre los espías que entonces pululaban por Madrid. El libro de María Dueñas  “El Tiempo entre costuras” hace referencia a la red de espionaje británico montado por el agregado naval Allan Hillgart y los procedimientos que se utilizaban para pasar información a sus gobiernos.

Otra familia que tampoco era británica, los Bourghignon, de origen holandés que a través de la floristería hacían de correos mediante mansajes cifrados introducidos en los ramos de flores. María Dueñas en “El Tiempo entre costuras” nos habla también de los Bourgignon.

La baronesa de Tatiana de Korf es otra de las ilustres huéspedes de este cementerio. Su origen estaba en  Estonia, pequeño estado ubicado como una pelota entre los grandes imperios de la época (Rusia y Alemania).

El fundador de Loewe, firma conocida por los artículos de lujo derivados del cuero, también está enterrado aquí. Tiene junto con otros dos miembros de su familia una tumba con la particularidad de que junto a la fecha de nacimiento tiene grabada una estrella de David y junto a la fecha de su muerte una cruz, es decir, que nacieron judíos y murieron cristianos.

Tumba de la familia Loewe.
De Cementerio Británico

El famoso industrial relojero suizo Girod también tiene en este cementerio un enterramiento, quizás también por su religión calvinista.

Walter Starkie fundador del Instituto Británico en Madrid, irlandés católico al que al parecer algunos llamaban don Gitano. El instituto, aunque en apariencia se trataba de un centro cultural, en realidad era un centro de propaganda británica.

El matrimonio escandinavo Christian Stavel-Hansen y Frida Spolander disponían asimismo de una tumba en este lugar. Esta familia entroncó posteriormente con la familia Zozaya y se constituyeron en los antepasados del laureado escritor Don Antonio Zozaya. Su importancia nos la recuerda la placa colocada por suscripción popular en la actual plaza del General Vara de Rey de Madrid, antes denominada de Antonio Zozaya.

La tumba del matrimonio escandinavo Cristian Stavel Hansen y Frida Spolander.
De Cementerio Británico

Como final de la visita, señalar que se conserva sólo la lápida del Ministro Plenipotenciario de Gran Bretaña en México, Loftus Charles Otway ya que sus restos fueron trasladados a Londres. Hay una foto de Clifford donde se ve la viuda llorando desconsolada ante el monumento. Hoy se conserava sólo la lápida trasladada de sitio ya que originariamente estaba en la otra esquina del cementerio.

Epitafio del fotógrafo Charles Clifford.
De Cementerio Británico

ENLACES:

«IN MEMORIAM» DEL GENERAL MOORE