07-12-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE A FONSAGRADA:
Imos analizar aquí a Terra de A Fonsagrada durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz). O motivo é que se representamos individualmente as xurisdiccións, ou en circunscripciós máis pequenas, resultarían moito máis difíciles de representar e de comprender dado o seu elevado número e a sua dispersión no territorio:
A terra de A Fonsagrada estaba situada na parte máis oriental da rexión galega e pertenecía no Antiguo Réximen á antigua provincia de Lugo. Comprendía 5 xurisdicións, e 2 cotos redondos que sumaban en conxunto un total de 682 Km2. A máis grande xurisdicción era a de Burón, que superaba os 500 Km2. (50.000 Has.) de extensión, mentras que o coto de Marentes non superaba as 400 Has.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
BURON | 508 |
VALEYRA | 64 |
NEYRA DE REY | 33 |
CORNEAS | 32 |
CASTRO VERDE | 27 |
PENA-MAYOR | 14 |
MARENTES | 4 |
TOTAL | 682 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE FONSAGRADA:
O dominio señorial (ver máis) da Terra de Fonsagrada era desempeñado, con moita diferencia, por a nobleza titulada (89%). A moita distancia atopábase o clero recular co 6% do territorio e a Fidalguía co 4%:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
NOBLEZA TITULADA | 41 | 609 | 89 |
CLERO REGULAR | 3 | 44 | 6 |
HIDALGUIA | 3 | 29 | 4 |
TOTAL | 47 | 682 | 100 |
O maior posuidor era o conde de Altamira, que posuía o 74% do territorio, seguido a moita distancia por o conde de Amarante, o marqués de Montaos e o duque de Veraguas. Cerraban a lista varios membros de fidalguía local, na que nas súas posesiós non superaban as 400 Has. de extensión :
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CONDE DE ALTAMIRA | 35 | 505 | 74 |
CONDE DE AMARANTE | 2 | 39 | 6 |
MARQUES DE MONTAOS | 3 | 33 | 5 |
DUQUE DE VERAGUAS | 1 | 32 | 5 |
MONASTERIO VILLANUEVA OSCOS | 1 | 30 | 4 |
DON GABRIEL MONTENEGRO | 1 | 21 | 3 |
MONASTERIO DE PENA-MAYOR | 2 | 14 | 2 |
DON JOSEPH PARDO RIBADENAYRA | 1 | 4 | 1 |
DON BARTOLOME RODON | 1 | 4 | 1 |
TOTALES | 47 | 682 | 100 |
Si repasamos os datos por estamentos, vemos que con 609 Km2. (60.900 Has.), correspondente ó 89% de toda a comarca, a NOBLEZA TITULADA ocupaba o primeiro lugar en relación cos demáis estamentos. O seu principal representante era o conde de Altamira, que con 50.500 Has. e 35 feligresías controlaba dúas feligresías da xurisdicción de Castroverde (actual concello de Baleira) e case toda a xurisdicción de Burón (actuales concellos de A Fonsagrada e Negueira de Muñiz), ainda que con dúas feligresías compartidas ca fidalguía local e unha ca encomienda de Puerto Marin; o conde de Amarante exercía o seu dominio sobre 3.900 Has. da xurisdicción de «Valeyra» (no mismo actual concello de Baleira), unha delas compartida co conde de Maceda e con outros membros da fidalguía local; o marqués de Montaos, 3.300 Has. en tres feligresías da xurisdicción de Neyra de Rey (actual concello de Baleira), e finalmente o duque de Veraguas, dono de 3.200 Has. no coto de Córneas, tamén no actual concello de Baleira.

O CLERO REGULAR extendíai o seu señorío sobre o 44 Has. (6% do territorio),e estaba representado en primeiro lugar por o monasterio de Villanueva de Oscos, con xurisdicción sobre 3.000 Has na feligresía de Carballido (xurisdicción de Burón), pero compartida ca fidaloguía local e co conde de Altamira e en segundo lugar o mosteiro de Pena-Mayor, 1.400 Has. na xurisdicción do mismo nome (sito tamén no actual concello de Baleira).
A FIDALGUÍA levaba o 4,% do territorio, con 2.900 Has. de superficie. Os seus representantes eran Don Gabriel Montenegro, titular con outros membros da fidalguía local de 400 Has. na feligresía de Martín, xurisdicción de Valeyra; Don Joseph Pardo Ribadeneyra dono de 2.100 Has. na feligresía de A Degolada, na xurisdicción de Valeyra, e Don Bartolomé Rodón, dono tamén de 400 Has. no coto de Marentes (actual concello de Negueira de Muñiz).
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.