Terra Chá

12-11-2017

AS XURISDICIÓS DA TERRA CHÁ NO ANTIGUO RÉXIMEN:

Imos analizar a situación administrativa da Terra Chá no Antigo Réxime (séculos XVI-XVIII), tendo en conta que a sua extensión ven a coincidir coa da comarca moderna oficial (concellos de A Pastoriza, Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade).

A Terra Chá ocupaba o centro norte da rexión e estaban a cabalo entre as antigas provincias de Lugo, co 65% do seu territorio, Mondoñedo co 27% e Betanzos con 8%.

TerraCha
Imexe 1: Situación geográfica da Terra Chá.

Pertenecían á antigua provincia de Mondoñedo as xurisdicciós situadas na parte Norte de comarca de Terra Chá, coincidindo no territorio cos actuales concellos de Muras, Abadín e a maior parte do de A Pastoriza; pertenecían a provincia de Betanzos a parte oriental das xurisdicciós de Monfero e de Puentes de García Rodríguez, comprendidas nos actuales concellos de Guitiriz e Xermade, así como a xurisdicción de Arbol, que estaba formada por varios enclaves situados no actual concello de Vilalba; e, finalnente, correspondía á antigua provincia de Lugo toda a parte Sur do territorio da comarca da Terra Chá (Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Vilalba e Xermade):

TerraChaProv50
Imaxe 2: a comarca de Terra Chá estaba a cabalo entre as provincias de Lugo, Betanzos e Mondoñedo.

Comprendía a Terra Chá 60 xurisdicións e cotos redondos (+información), que ocupaban en conxunto unha superficie de 1.821 Km2, sendo as de maior extensión as xurisdicciós de Villalba, Castro de Rey, Costas de Monte e Muras, que pasaban dos 100 Km2. de superficie (10.000 Has), sendo por contra os cotos de Quintela e de Tamoga, e as xurisdicciós de Suegos ou Carral as de menor extensión ao non superar as 500 Has.:

XURISDICCIÓN SUP. KM2
VILLALBA 373
CASTRO DE REY 147
COSTAS DE MONTE 137
MURAS 137
ARBOL 64
BRETOÑA Y REIGOSA 62
MONFERO 61
COTO DE LAGOSTELLE 51
VILLARES DE PARGA 48
OTERO DE REY 45
VILLARENTE 41
MEYRA 34
LOSADA 31
PARGA SAN SALVADOR 27
COTO DE PIGARA 26
PARGA SAN BREJOME 26
COTO DE SILAN 25
GOA Y SANTA CRISTINA 24
CRECENTE Y QUINTELA 22
PUENTES GARCIA RODRIGUEZ 21
GERMAR Y COSPEITO 21
PUEBLA DE PARGA 19
ABADIN Y LAGOA 18
ARZILLA Y SISOY 17
FRAGA Y ROUPAR 17
COTO DE SAN MARTIN DE PACIOS 15
PINO 15
VILLANUEVA DE LORENZANA 15
COTO DE OLEIROS 14
FERREYRA Y CODESIDO 14
MUIMENTA 14
COTO DE SAN JULIAN DE GAIBOR 13
SAMARUGO 13
COTO DE NEGRADAS 13
PORTOCELO 12
COTO DE MAARIZ 12
COTO DE SAN MAMED DE PIEDRAFITA 12
DAMIL Y FELMIL 11
COTO DE GRAÑA DE VILLARENTE 10
COTO DE SAAVEDRA 9
COTO DE BENDIA 9
COTO DE SISTALLO 9
CADAVEDO 9
COTO DE ROAS 8
MIRAZ 8
MEIRAS 8
COTO DE PACIOS 8
JUSTAS 8
COTO DE VARONCELLE 7
COTO DE SANTIAGO DE BAAMONDE 7
LEA 7
COTO DE SANTIAGO DE ILLAN 7
COTO DE MONCELOS 7
COTO DE VILAPENE 6
SANTA MARIA DE CASTRO 6
SILVA RIBERAS DE LEA 6
SUEGOS 5
COTO DE QUINTELA 4
CARRAL 3
COTO DE TAMOGA 3
TOTAL 1.821
TerraCha_jur_diss
Imaxe 3: As xurisdicciós da Terra Chá no Antiguo Réximen.

 

TerraCha_jur_diss_detalle
Imaxe 4: As xurisdicciós da Terra Chá no Antiguo Réximen (detalle).

 

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA CHÁ:

De toda a súa superficie, o 38% eran terras de dominio señorial da nobleza titulada, o 27% pertenecía ó clero secular, o 15% á fidalguía, o 13% de realengo e o 7% restante repartíase entre o clero regular e os propios veciños:

DOMINIO NUM. DE FELIGRESÍAS SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 71 693 38
CLERO SECULAR 37 493 27
HIDALGUIA 30 280 15
REALENGO 20 236 13
CLERO REGULAR 9 110 6
SUS VECINOS 1 9 0
TOTAL 168 1.821 100

Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar o conde de Lemos, que exercía o seu dominio señorial sobre 600 Km2.(60.000 Has.), seguido por o bispo de Mondoñedo, sobre más de 409 Km2. (unhas 40.000 Has.) e Su Majestad, que controlaba 236 Km2. (23.600 Has.) de terrras de realengo. A maior distancia atopábanse o mosteiro de Monfero (6.100 Has.) e o cabildo de Santiago (5.600 Has.). A fidalguía tiña unha representación muy aceptable, co 15% do total do territorio, e controlaba xurisdicciós de tipo medio de entre 2.000 e 5.000 Has. (Doña Inés Freyre, Don Gaspar Bermúdez, Don Joaquín Losada, Doña Joaquina de Oca, etc.):

SEÑORÍO NUM.FELIG. SUP.KM2
CONDE DE LEMOS 64 600
OBISPO DE MONDOÑEDO 31 409
SU MAJESTAD 20 236
MONASTERIO MONFERO 2 61
CABILDO DE SANTIAGO 3 56
CONDE DE AMARANTE 3 36
MONASTERIO DE MEIRA 5 34
MARQUES DE VALDECARZANA 1 31
DOÑA INES FREYRE 1 26
DON GASPAR BERMUDEZ 1 25
DON JOAQUIN LOSADA 4 24
DOÑA JOAQUINA DE OCA 2 22
CABILDO DE MONDOÑEDO 2 20
CONDE DE FONSALDAÑA 2 19
DON JOSEPH RIBADENEYRA 3 16
SUS VECINOS 2 16
MONASTERIO VILLANUEVA LORENZAN 2 15
DON FRANCISCO LUAZES 1 15
DON JULIO GABRIEL TENRREYRO 1 15
DON JOSEPH PARDO OSORIO 1 14
DON VICENTE CAAMAÑO 1 14
DON FRANCISCO LOSADA 1 13
DON JOSEPH ANDRES CORNIDE 1 12
DON ANTONIO ORDOÑEZ 2 11
DON FELIPE SAAVEDRA 2 11
DON ENRIQUE CORNIDE 1 10
DON FRANCISCO DE LA BARRERA 1 9
DON ANTONIO BERDES MONTENEGRO 1 9
DON JOSEPH BENITO PARDO 1 8
DOÑA JOSEFA BERMUDEZ 1 8
SAN FRANCISCO DE VIVERO 1 8
CONDE DEL GRAJAL 1 7
DON MANUEL DE CORA 1 5
DON MANUEL LUACES 1 3
DON RODRIGO MONTENEGRO 1 3
TOTAL 168 1.821
TerraCha_sen_diss
Imaxe 5: Os dominios señoriales da Terra Chá

Por estamentos, xa señalamos que a NOBLEZA TITULADA controlaba o 38% do territorio (693 Km2.) e 71 freguesías. O conde de Lemos, que controlaba 600 Km2. en 64 feligresías das xurisdicciós de Villalba, Otero de Rey, Castro de Rey, Arbol, Vilapene (situado no actual concello de Cospeito) e a feligresía de Cabreriros, parte oriental da xurisdicción de Puentes de García Rodríguez (no actual concello de Xermade). Seguíalle en importancia o conde de Amarante, con dominio señorial sobre 36 Km2. e 3 feligresías das xurisdicciós de San Salvador de Parga (no actual concello de Guitiriz) e Fraga y Roupar (no actual concello de Xermade). O marqués de Valdecárcena sobre 31 Km2. da xurisdicción e feligresía de Losada (no actual concello de Xermade). O conde de Folsaldaña, con 1.900 Has dos cotos de Santiago de Illán (Begonte) e San Mamed de Piedrafita (no concello de Guitiriz). Por último, o conde de Grajal, con señorío sobre 700 Has. da xurisdicción de Lea (no actual concello de Castro de Rey), compartida con Don Antonio de Navia.

TerraCha_sen_diss_detalle
Imaxe 6: Os dominios señoriales da Terra Chá (detalle).

O CLERO SECULAR exercía a sua xurisdicción sobre o 27% do territorio (cerca de 50.000 Has.. e 37 feligresías), e estaba representado en primeiro lugar por o bispo de Mondoñedo, que exercía o seu dominio señorial sobre 40.900 Has. e 31 feligresías, distribuídas entre as xurisdicciós de Bretoña y Reigosa (6.200 Has., 5 feligresías), no actual concello de A Pastoriza; Villarente (4.100 Has., 5 feligresías), entre os concellos actuales de Abadín e A Pastoriza; Silva Riberas de Lea (600 Has., 1 feligresías), no actual concello de Castro de Rei; Portocelo, con 1.200 Has. e 1 feligresías no actual concello de A Pastoriza; coto de Oleiros (Villalba), con 1.400 Has.e 1 feligresía; Muras, con 13.700 Has. e 7 feligresías no concello actual do mismo nome, e finalmente,  Costa de Monte (Abadín), con 13.700 Has. e 11 feligresías. O cabildo de Santiago, que controlaba un territorio de 5.600 Has. e 3 feligresías na xurisdicción de Arbol, situada entre os actuales concellos de Cospeito e Vilalba. O cabildo de Mondoñedo, con 2.000 Has e 2 feligresías no coto de Varoncelle (actual concello de Abadín) e na feligresía e xurisdicción de Saramugo (Vilalba). Finalmente, o convento de San Francisco de Vivero, era o señor directo de 800 Has. na feligresía de San Salvador de Parga, no actual concello de Guitiriz.

A FIDALGUÍA tiña unha representación considerable e abarcaba gran número de pequenas xurisdicciós oe cotos redondos, en moitos casos con xurisdicción compartida. Controlaba o 15% do territorio da Terra Chá, con 28.000 Has. e 30 feligresías, e abarcaba as xurisdicciós de Abadín y Lagoa (actuales concellos de Abadín e A Pastoriza), Arzilla y Sisoy (Cospeito), Carral (Begonte), Damil y Felmil (Begonte), Ferreyra y Codesido (Vilalba), Germar y Cospeito (Cospeito), Goa y Santa Cristina (Cospeito), coto de Graña de Villarente (Abadín), Justas (Cospeito), coto de Maariz (Guitiriz), Miraz (Xermade), coto de Moncelos (Abadín), Muimenta (Cospeito), coto de Negradas (Guitiriz), coto de Pacios (Castro de Rey), Coto de Pigara (Guitiriz), xurisdicción de Pino (Cospeito), coto de Saavedra (Begonte), coto de Silan (Muras) e coto de Sistallo (Cospeito).

As terras de REALENGO ocupaban o 13% do territorio, con 23.600 Has. e 20 feligresías, en 5 delas compartida a xuurisdicción coa la fidalguía local, e situadas no coto de Bendia (actual concello de Castro de Rey), xurisdicción de Crecente y Quintela (A Pastoriza), coto de Lagostelle (Guitiriz), xurisdicción de Meirás (Begonte), xurisdicción de Parga San Brejome (Guitiriz), xurisdicción de Puebla de Parga (Guitiriz), cotos de Quintela (Castro de Rey), Roas (Cospeito), San Julián de Gaibor (Begonte), San Martín de Pacios (Begonte), xurisdicción de Santa María de Castro (Begonte), coto de Santiago de Begonte e xurisdicción de Villares de Parga (Guitiriz).

O CLERO REGULAR exercía a sua xurisdicción sobre o 6% do territorio (unhas 11.000 Has.. e 9 feligresías). Estaba representado por os mosteiros de Meira (3.400 Has. e 5 feligresias), na parte occidental da xurisdicción de Meyra; Monfero (6.100 Has.) na xurisdicción do seu nome que pertenecía o moderno concello de Guitiriz, e Villanueva de Lorenzana (1.500 Has. e 2 feligresías), na xurisdicción do seu nome, situada entre A Pastoriza e Abadín.

«SUS VECINOS» tiñan representación con 900 Has. situadas na xurisdicción e feligresía de Cadavedo (actual concello de A Pastoriza).

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: