O PAZO DE SAN DAMIÁN, o antigo pazo dos boás

23/07/2021

Imaxe do Pazo de San Damián (La Voz de Galicia).

Recentemente apareceu unha noticia nalgúns medios anunciando que se vendía o Pazo de San Damián (ver), tamén coñecido como Pazo de Cacabelos ou Pousa de Cacabelos, situado no concello de Amoeiro (Ourense).

Segundo a miña opinión pódese considerar o pazo ideal situado no lugar ideal. Por varias razóns:

Xeográficas: atópase só a 15 minutos da capital provincial, onde ademais está situada a estación AVE , que situará próximamente a Ourense a solo 2,15 horas da capital de España.

Históricas: Foi construído polo cura de Abruciños, Fernando de Boán no século XIV, aínda que sufriu un incendio e outras modificacións posteriores (ver). A familia Boán, como teño reflexado noutra páxina deste mesmo sitio era oriúnda da localidade de Sitiós (Santa Eugenia de Asma, Chantada).(ver)

Culturais: A traxectoria da familia Boán merece un recoñecemento máis sincero polos organismoa oficiais xa que non debemos esquecer que ademais dos altos cargos de representación que detentaron os membros daquela familia – presidende do Consello de Castela, Vicerrei do Perú, maxistral de Plasencia, etc.-, tamén foron sinalados como o autores da polémica obra «Historia gótica» ou «Historia de don Servando» (ver máis).

Só me resta dicir que nesta páxina non teño ningún interese persoal ou comercial, xa que só me move o meu desexo de que o rastro daquela familia tan distinguida non quede no esquecemento.

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: