Réximen señorial do actual concello de Carballedo:
O actual concello de Carballedo foi parte de antigua xurisdicción de Chantada. O concello moderno surxiu cando se produxo a reestructuración territorial do réximen liberal a raiz da da nova división en provincias, partidos xudiciales e concellos, en que se disgregou o concello de Carballedo do de Chantada.
Históricamente por o tanto ten o seu orixen nas xurisdicciós do Antiguo Réximen seguintes:
- A Peroxa, que cedeu ó actual concello de Carballedo as parroquias de Campos, Marzás, Temes e Sta Baia de Búbal e San Salvador de Búbal, todas dependentes do Conde de Ribadavia.
- Villaquinte
- Castro
- Chouzán
- Ervedeiro
- A Antiga Xurisdicción de Chantada, o resto das freguesías.
Catro dominios señoriales repartíanse a maioría do actual municipio. Eran os do Mosteiro Oseira, Marquesa de Astorga, Conde de Ribadavia e Mosteiro de San Payo de Santiago. Fora deles, o resto do territorio formaba parte dos dominios de Don Benito de Themes (Coto de Cartelos), Don Fernando Miranda (Coto de Villaquinte), Arzediano de Castro (Coto de Castro) e Señor de Ervedeiro (Coto de Ervedeiro).
Señoríos da xurisdicción de Carballedo: (Facer click na imaxen para ampliar): |
|
[1] Pertenecía á xurisdicción de Oseira parte da actual freguesía de Buciños, cos lugares de Trasar de Sabugueiro, Loureiro (antigua parroquia de San Juán de Lureiro, anexa de Buciños) e Iglesiña (BAÑUELOS, Miguel.- “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid).
[2] O coto de Sergude, da misma freguesía, pertenecía a Don Joaquín Losada (BAÑUELOS, Miguel.- “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid).