A Peroxa

26-3-2013

A Xurisdicción da Terra de Vilamarín-A Peroxa:

Antes que nada hay que suliñar a amputación que recibiu a terra de A Peroxa no seu territorio con ocasión da división provincial do ano 1833. En efecto, quizáis, como dí Olga Gallego Domínguez na sua obra «La organización administrativa de la antigua provincia de Orense a mediados del siglo XVIII», para compensar a perda da xurisdicción de Deza (concello de Lalín) por a provincia de Lugo, as parroquias ourensanas de San Salvador e Santa Baia de Búbal, Marzás, Santa María de Temes e San Romao de Campos pasaron a pertenecer a provincia de Lugo. Como resultas de dita reforma, a situación quedou como reflexan os mapas seguintes:

Antes:                                                                                                     Despois:
Foto: Os límites entre Lugo e Ourense antes da división provincial de 1833
Foto:

A anarquía na distribución do Territorio e o que primeiro chama á atención nas antiguas xurisdiccións de Vilamarín e A Peroxa. A comarca repartíana o Conde de Maceda, O Conde de Ribadavia e o Obispo de Ourense. Contaba ademáis con un bon número de cotos con xurisdicción propia, así como moitos enclaves situados en parroquias ou xurisdicciós distintas da que conforma o territorio mesmo de cada xurisdicción.
Os cotos e os enclaves pódense identificar no mapa adxunto.

COTOS:

  • Coto de Armental (Parroquia de San Cibrao de Armental), comprende Armental e Pitón.
  • Coto de Entrambosríos (Parroquia de San Salvador de Armental), comprende sólo Entrambosríos.
  • Coto de Vilarrubín, comprende as parroquias de San Martiño de Vilarrubín e Santiago de Toubes, e os lugares de Abertesga e Vilar (Parroquia de San Xes da Peroxa).
  • Coto de Outeiro de Toubes, comprende Outeiro (parroquia de Santiago de Toubes).
  • Coto de Vilarello, comprende el lugar de Vilarello (Parroquia de Santiago de Toubes)
  • Coto de San Lourenzo e Racheda, comprende os lugares de San Lourenzo e A Cuqueira (Parroquia de Santa María de Temes, actualmente pretenecente o Concello de Carballedo, Provincia de Lugo), e Racheda (Parroquia de Santiago de Carracedo).
  • Coto de Orbán, comprende a parroquia de Santa María de Orbán, concello de Vilamarín.

ENCLAVES:

  • Lugares de A Pousa, Souto, O Curuxal e a Ra, da Parroquia de Santa Baia de Boimorto, enclavados na xurisdicción de Vilamarín e que sin embargo pertenecían á Xurisdicción da Peroxa.
  • Lugares de Baínte (Parr. de Santiago de Vilamarín), A Chouzana e Cibrán (Parroquia de San Salvador de O Río), todos da Xurisdicción de Vilamarín, que tamén pertenecían á Xurisdicción de A Peroxa.
  • Por contra, Belquirime (Parroquia de San Vicente de Reádegos) pertenecía á Xurisdicción de Vilamarín pese a estar enclavado na de A Peroxa.
  • Taín, Bamio, Pereira e Boco ubicados na Xurisdicción de A Peroxa, pertenecían á xurisdicción de Coto da Barra.
  • Abertesga e Vilar, enclavados la xurisdicción da Peroxa petnececían á Xurisdicción de Vilarrubín.
Foto: Xurisdicción de Vilamarín-A Peroxa
Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: