Chantada, Terra de

NOVO (26-3-2013). Modificado (29-9-2013)

A Xurisdicción da Terra de Chantada

Como levamos dito, as provincias do Antiguo Reino de Galicia tiñan unha configuración distinta das actuales. A provincia de Lugo por a sua parte Sur comprendía as comarcas de Dozón, Camba e Deza, e por contra a terra de Quiroga pertenecía á provincia de Ourense. Otras parroquias do actual municipio de Carballedo pertenecían tamén á xurisdicción da Peroxa (Ourense).

A Marquesa de Astorga intitulábase Condesa de Chantada:

https://picasaweb.google.com/lh/photo/2b_RZeIGE2HzqT84BTNKW9MTjNZETYmyPJy0liipFm0?feat=directlink
FONTE:Manuel Trincado: Compendio Histórico, Geográfico y Genealógico de los Sobreranos de la Europa. Descripción de sus Cortes, Religión y Fuerzas, con la serie de sus Príncipes, hasta el año 1760:

A «Terra de Chantada», entendendo por tal toda a sua área de influenza económica, pódese dezir que abarcaba o territorio dos actuais concellos de Chantada, Carballedo, Taboada, Monterroso, Antas de Ulla, Palas de Rei, Portomarín, Agolada, O Saviñao e Rodeiro.

Si observamos os datos que figuran a continuación referidos á Terra de Chantada, podemos chegar á conclusión de que as oito maiores xurisdicciós do Antigo Réximen en canto á superficie deron lugar a nove concellos actuais da terra de Chantada. A Ulloa convertiose en Palas de Rei, Monterroso do concello do seu nome, a Xurisdicción de Chantada nos concellos de Chantada e Carballedo, Camba en Rodeiro, Ventosa con Borraxeiros en Agolada, Amarante en Antas de Ulla, Taboada no concello de Taboada e, finalmente, San Juán de Portomarín no de Portomarín.

Superficie en Has. das maiores xurisdicciós do Antiguo Réximen na Terra de Chantada:
https://picasaweb.google.com/lh/photo/8A1iIBuJnX_zC-5AGlgBPNMTjNZETYmyPJy0liipFm0?feat=directlinkciones#5929353037861488146
As oito maiores xurisdicciós do Antiguo Réximen deron lugar a nove concellos actuais:
https://picasaweb.google.com/lh/photo/kyX-942pTRcELRSi2y9VwNMTjNZETYmyPJy0liipFm0?feat=directlink
XURISDICCIÓS SUPERFICIE (HAS.) NÚM. DE FREGUESÍAS
ULLOA 20758 44
MONTERROSO 16600 41
CHANTADA 15165 29
CAMBA 14426 19
VENTOSA 7515 11
AMARANTE 6703 10
TABOADA 6582 13
PUERTO MARIN SAN JUAN 4002 9
OSEIRA 3621 6
BORRAXEIROS 3397 4
VILLAR 3122 7
PEIBAS 3076 9
CHOUZAN 2338 3
ASMA 2263 6
A PEROXA 2032 5
SAN MIGUEL DAS PENAS 1680 3
FERREYRA DE PALLARES 1668 2
VILAR DE DONAS 1573 2
SALTO 1053 1
COTO DE CAMANZO 1002 2
QUINZAN DO CARBALLO 961 2
SAN ANTOLIN DE TOQUES 918 2
MURADELLE 878 2
PUERTO MARIN SAN PEDRO 805 1
COTO DE BASADRE 802 2
CAVORRECELLE 785 1
VILLAQUINTE 718 1
CASTRO 657 1
ABEANCOS 641 2
RECELLE 611 1
BRIGOS 603 1
MERLAN 500 1
COTO DE CARMOEGA 500 1
COTO DE OLEIROS 482 1
COTOS DE QUINDIMIL Y MO 422 1
CARTELOS 323 1
COTO DE MEIXIDE 299 1
COTO DE OROSA 241 1
 

A maior parte das terras do actual municipio de Chantada pertenecía á Marquesa de Astorga, co a excepción das pertenecentes ó Mosteiro de Chantada (San Salvador de Asma), Outra excepción e a parroquia de Santa Uxía de Asma que xurisdiccionalmente dependía do Mosteiro de Oseira. Suliñar tamén a existencia de un bon número de “cotos redondos” (Muradelle, Cartelos, Brigos, Merlán, Castro, Villaquinte, Oleiros, etc.) que tiñan unha xurisdicción propia, si ben, nos últimos períodos do antiguo réximen o término “coto redondo” asimilábase tamén a unha pequena xurisdicción. O coto de Muradelle comprendía as dúas freguesías de San Payo de Muradelle e Santa Cruz de Viana:

https://picasaweb.google.com/lh/photo/1RReTY0jsh6PgKstN5Qt8dMTjNZETYmyPJy0liipFm0?feat=directlink

Se poñemos en relación a antigua división xurisdiccional cos actuais concellos, e observamos o mapa que se encontra a continuación, vemos que, a grandes rasgos, no ámbito da comarca de Chantada producíase a seguinte distribución territorial:

https://picasaweb.google.com/lh/photo/Oxh2HhKOiSRIyf5KqeF0KdMTjNZETYmyPJy0liipFm0?feat=directlink
  • Carballedo.- O actual concello de Carballedo comprende as antigas xurisdicciós do Coto de Cartelos, Castro, Chouzán, Coto de Oleiros, Oseira (freguesías de Furco, Sta. Mariña do Castro, Santa Cristina e Oleiros), Vilaquinte e A Peroxa (parroquias de Campos, Marzás, Santa Baia e San Salvador de Búbal que pasaron ó concello de Carballedo para compensar a perda da xurisdicción de Deza por a provincia de Lugo) e, por último, parte da xurisdicción de Chantada (que con 4.400 Hs., cerca de un 25% del total, pasaría a formar parte do actual concello de Carballedo Comprendía as freguesías de Pradeda, Milleirós, Lobelle, Santiago de Lousada, San Mamede de Lousada, Carballedo, Buciños[1] e Erbedeiro).
  • Chantada.- O concello de Chantada conservou parte da xurisdicción do mismo nome (unhas 10.700 Has., equivalente a un 60% del total ), seguida por extensión por as de Asma (2.263 Hs.), Taboada (á que pertenecía a freguesía de San Xoán de Laxe), Muradelle (cas freguesías de San Payo de Muradelle e Santa Cruz de Viana), Villar, Oseira (cas freguesías de Santa Uxía de Asma e Esmoriz) e, por último, o Coto de Brigos e o de Merlán.
  • Antas de Ulla.- O actual concello de Antas de Ulla comprende parte dás antigas xurisdicciós de A Ulloa, Monterroso, Amarante e Peibás.
  • Taboada.-  A parte Norte do actual concello de Taboada pertenecía ás xurisdiccións de Amarante (freguesía de Xián) e de Monterroso (Insua, Arxiz, Vilameñe, Vilar de Cabalos, Meixonfío, Mourulle e San Xian de Insua); a parte central á propia Xurisdicción de Taboada; e a parte sur estaba compartida por as xurisdicciós de Villar e Quizán de Carballo.
  • Agolada.- A xurisdicción de A Golada pertenecía a antiga provincia de Santiago, e comprendía as xurisdicciós de Borraxeiros, Abeancos, Ventosa, Coto de Basadre e un enclave da xurisdicción de San Antolín de Toques.
  • Rodeiro.- Rodeiro correspóndese con as antigas xurisdicciós de Camba e con a freguesía de Salto que formaba parte da xurisdicción de Oseira.
  • Monterroso.- O concello actual de Monterroso herdou a maior parte da xurisdicción do mismo nome. Tamén unha parte da Ulloa por o Norte (freguesía de Ligonde) e outra parte de San Miguel das Penas por o Leste (esta compartida co concello de Portomarín).
  • Palas de Rei.- Comprende a mais grande parte da antigua xurisdicción da Ulloa. Ademáis das de Vilar de Donas por o Este e os Cotos de Meixide, Orosa e Quidimil por a parte Oeste. Tamén unha pequena parte de San Juan de Puerto Marín.
  • O Saviñao.- O actual concello de O Saviñao formouse maioritariamente (un 54%) con a xurisdicción do mismo nome. Pero existía un bon número de cotos redondos con autonomía propia, que dependian ben da iglesia, ben de pequeños señores territoriales ou, incluso, de outras xurisdicciós. Ó primeiro caso compre citar as xurisdicciós de Aboime, Acoba, Diamondi ou Villa Sante. Como dependentes de xurisdicciós alleas ó propio territorio do Saviñao pódense nomear as de Chantada (freguesías de Freán e Vilaesteva), Taboada (con a freguesía de San Xoán de Sobreda), Brollón (con Ousende), Moreda (con as freguesías de Seteventos, Licín e Fión) e, por último,  Incio y Broza á que pertenecía a freguesía de San Tomé de A Broza.
  • Portomarín.- Recibío o seu actual territorio das antiguas xurisdicciós de San Xoán e San Pedro de Portomarín, Monterroso, San Xoán das Penas, Recelle e Caborrecelle e Ferreyra de Pallares.

O Réximen Señorial da Xurisdicción do actual concello de Chantada:

O actual concello de Chantada articulóuse en base a tres grandes xurisdicciós daquéla época. Eran a de Chantada, Asma e Oseira. Existían varios cotos redondos que dispoñían de autonomía xurisdiccional como o son os Cotos de Brigos, Muradelle, Merlán, ou enclaves pertenecentes a autras surisdicciós, pero que estaban situados físicamente no territorio chantadino: Laxe era da xurisdicción de Taboada ou Veiga e Pedratira do de Villar. A freguesía de Vilaúxe tamén se sustraía os anteriores dominios e pertenecía á Marquesa de Parga xunto con dous pequenos codos vitócilas de Pincelo e a Sariña, compartidos co Obispo de Lugo. Por contra, a xurisdicción de Chantada pertenecíalle a parroquia de Freán, situada no actual municipio de Saviñao

Desde o punto de vista da dependencia señorial, pódese decir que a maior parte do actual muncipio de Chantada era de dominio da Marquesa de Astorga. Seguíanlle en importancia o Monasterio de San Salvador de Asma ou de Chantada e o Mosteiro de Oseira.

  • As parroquias de San Salvador de Asma, Belesar, Mouricios, Santiago de Arriba, Camporramiro e Pereira pertenecían ó señorío do Mosteiro de San Salvador de Asma (tamén chamado Mosteiro de Chantada).
  • A parroquia de Vilauxe, que comprendía tamén a actual parroquia da Sariña, independizada posteriormente pertenecía ó señorío da Marquesa de Parga xunto cos Cotos Redondos de A Sariña e Pincelo, que eran de dominio compartido con o Obispo de Lugo.
  • Pertenecía á Xurisdicción de Villar, e por tanto ó señorío do Conde de La Vega, as actuais parroquias chantadinas de Veiga e Pedrafita.
  • Pertenecía ó Conde de Moctezuma o Coto de Muradelle, que comprendía as actuais parroquias de Muradelle e Sta. Cruz de Viana.
  • Pertenecían á Xurisdicción de Oseira, e por tanto ó señorío de dito Mosteiro as duas parroquias chantadinas de Santa Uxía (Eugenia) de Asma e de Esmoríz.
  • Os cotos de Brigos e Merlán pertenecían a Don Benito Boán e a Don Pedro Ramón Quiroga, respeitivamente.
  • O coto de Carballedo (Sabadelle) era dominio de Dª Josefa de Lemos.
  • E por últlimo, a actual parroquia de San Xoán de Laxe (Soane), estaba incluída na xurisdicción de Taboada, e pertenecía ó Conde de Maceda.
Señoríos da xurisdicción de Chantada:
 (Facer click na imaxen para ampliar):

https://picasaweb.google.com/lh/photo/KoS2qF04eatG_yc_UCwXHNMTjNZETYmyPJy0liipFm0?feat=directlinkiones#5859049746979876626
PARROQUIA JURISDICCIÓN SEÑORÍO
SAN SALVADOR DE ASMA (SAN ASMA ASMA
BELESAR (SAN BARTOLOMEU) ASMA ASMA
MOURICIOS (SAN CRISTOVO) ASMA ASMA
SANTIAGO DE ARRIBA (SANTI ASMA ASMA
CAMPORRAMIRO (SANTA MARIA ASMA ASMA
VEIGA (SAN XOAN) VILLAR CONDE DE LA VEGA
PEDRAFITA (SANTA BAIA) VILLAR CONDE DE LA VEGA
A LAXE (SAN XOAN) TABOADA CONDE DE MACEDA
MURADELLE (SAN PAIO) MURADELLE CONDE DE MOCTEZUMA
SANTA CRUZ DE VIANA (SANT MURADELLE CONDE DE MOCTEZUMA
BRIGOS (SAN SALVADOR) BRIGOS DON BENITO BOAN
MERLAN (SAN TOME) MERLAN DON PEDRO RAMON QUIROGA
VILAUXE (SAN SALVADOR) CHANTADA MARQUESA DE PARGA
A SARIÑA (SAN VICENTE) CHANTADA MARQUESA DE PARGA
SANTA UXIA DE ASMA (SANTA OSEIRA OSEIRA
ESMORIZ (SAN XILLAO) OSEIRA OSEIRA

[1] Pertenecía á xurisdicción de Oseira  parte da actual freguesía de Buciños, cos lugares de Trasar de Sabugueiro, Loureiro (antigua parroquia de San Juán de Lureiro, anexa de Buciños) e Iglesiña (BAÑUELOS, Miguel.- “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid).

Deja un comentario