14-9-2015
Os despoxos segundo a Real Academia Española son a “Acción y efecto de despojar o despojarse” e despoxar e “Privar a alguien de lo que goza y tiene, desposeerle de ello con violencia”. Os despoxos teñen por tanto unha connotación violenta e, como neste caso verase, afectan á privación do dereito de propiedade a unha das partes que a detenta por ser establecida mediante o contrato de foro.
Despoxar e privar a alguén con violencia do que goza e ten.
Levar as terras en foro ou aforadas foi o modelo predominante de propiedade da terra en Galicia durante moitos anos. Trátase dunha forma imperfecta de propiedade (propiedade compartida) en que unha parte cede a outra o dominio útil dunha leira, reservándose o dominio directo a cambio de percibir un canon ou renda anual, xeralmente en especie, previamente estipulada.
Cando se levaban en foro unhas terras producíase unha forma imperfeta de propiedade xa que era compartida entre o dono (dominio direto) e o traballador (dominio útil).
Os foros outorgábanse por tres xeracións ou por tres vidas de reis, aos que se lle engadiron “y por veinte años más”. O costume facía que pasado ese tempo renovásense sen que se producise a reversión (entrega voluntaria ao titular do dominio directo) ou o despoxo (lanzar aos foreiros das terras que levaban ao finalizar o prazo establecido).
Cando se aforaba directamente aos campesiños, os foros foron beneficiosos para a agricultura e para a creación de riqueza, xa que tiñan a vantaxe de desamortizar a propiedade da terra e facer copartícipe da riqueza das clases privilexiadas aos traballadores directos.
A situación complícase cando xorden os intermediarios ou subforeros que tomaban terras en foro dos donos do dominio directo (mosteiros, igrexa ou alta nobreza), e volvíanas a aforar aos pequenos agricultores por un prezo sensiblemente maior ao canon que eles pagaban aos donos do dominio directo.
Os foros atorgábanse por tres vidas de reises e vinte anos máis, pero por costume cando cumpría ise prazo renovábanse.
Cando os donos do dominio directo déronse conta de que estes mesmos bens dados en arrendamento directamente aos campesiños haberían de producirlles un rendemento moitísimo maior plantexáronse a necesidade dos despoxos.
Iniciáronse no século XVII e xeneralizáronse no século XVIII. A mediados diste século a Audiencia de Galicia non daba abasto por o elevado número de demandas de despoxos. O seu número chegou a ser tan grande que se temeu un conflito entre os foristas e os señores directos. Neste período avánzase claramente nunha política coordinada a favor da renovación dos foros. Esta tendencia é asumida progresivamente pola monarquía cunha política de apoio aos arrendatarios e grupos intermediarios (a fidalguía galega) fronte ás pretensións das institucións eclesiásticas de perpetuarse nos seus privilexios económicos.
Cando os donos do dominio directo déronse conta de que estes mesmos bens dados en arrendamento directamente aos campesiños haberían de producirlles un rendemento moitísimo maior plantexáronse a necesidade dos despoxos.
A Provisión de 11 de maio de 1763, asinada por Carlos III, que ordenaba a suspensión das demandas de despoxo interpostas polos posuidores do dominio directo das terras ante a Audiencia de Galicia, tivo unha importantísima repercusión no réxime foral en Galicia. Desde esa data xa non foi posible reclamar por vía xudicial o despoxo aos levadores dos foros, motivo polo que na práctica os foros convertéronse nunha cesión perpetua.
A Provisión de maio de 1763 enmárcase no amplo debate xurídico que desembocou na formación polo Consello de Castela do chamado Expediente Xeral de Foros para examinar a conveniencia ou non de promulgar unha lei que os declarase perpetuos e acabase cos despoxos. Esta lei nunca se chegou a aprobar e a Provisión de 1763 xerou un período de interinidade que impedía que os tribunais sentenciasen a favor dos despoxos.
Moitos fidalgos galegos subsistiron facendo de intermediarios, aforando as terras ós mosteiros a precios moderados e volvéndoas aforar aos pequenos agricultores por un prezo moito maior.
Niste amplo debate, a procedencia de continuar cos despoxos era defendida polo Conde de Altamira (Marqués de Astorga) e polos monxes cistercienses e benedictinos. Este grupo invocaba a razón natural para impedir que se privase dispoñer libremente dos seus bens aos donos directos da terra. Alegaban no seu informe Manifesto Legal que a mala situación dos campesiños debíase non ás rendas que eles impoñían senón ás altas pensións con que gravaban as terras os foreiros. Criticaban abertamente aos foreiros por practicar cesións e alleamentos dun dominio que non posuían, e que a súa actuación escurecera e dividira os foros pola venda de terras como libres ou mediante a fundación de morgados. Propoñían que as terras se arrendasen a prezos moderados a quen as cultivase pos si mesmos. Para eles esta sería a forma en que renacería a agricultura en Galicia.
Por contra, o Reino de Galicia facíase eco das pretensións da nobreza e fidalguía galega, aínda que dicía defender a causa dos labradores e campesiños, que eran quen detentaban o dominio útil da terra . Nas súas alegacións, recollidas no documento Natural Razón, atribuían a crítica situación dos campesiños non aos foreiros, senón aos despoxos promovidos polos donos directos das terras, aínda que recoñecían os abusos dalgúns intermediarios “Digan quienes son los que malamente Subforan, para que se les castigue”. Propoñían “moderar su precio a lo justo y prohibir subforar al infinito: No pase de tercero inquilino el fundo aforado”. Dispoñer que os foros retornasen aos donos do dominio directo, e que eles os arrienden a quen queira sería facer a uns poucos facendados árbitros absolutos do Reino de Galicia. Sería como levantar unha Monarquía Eclesiástica.
«Dispoñer que os foros retornasen aos donos do dominio directo…Sería como levantar unha Monarquía Eclesiástica»
En definitiva, para eles o único remedio a tantos males sería a periódica renovación do foro, xa recollida na Lei as Partidas que establecía que que “deberá ser renovada la Carta”. Según iles ”Debe establecerse la renovación del Foro por Ley expresa no sólo porque lo exige el estado de las cosas, el buen orden o conveniencia pública… sino también porque …la magnitud del daño, la evidencia del peligro, no sufre tregua; cunde mucho mal; exige remedio muy pronto…”
Ainda que unha Ley sobre os despoxos nunca se chegou a aprobar, a Provisión de 1763 xerou un período de interinidade que impedía que os tribunais sentenciasen a favor dos despoxos.
Non hai dúbida de que os máis directamente beneficiados pola suspensión dos despoxos foron os intermediarios, apoiados polo Consello de Castela e a monarquía. Pero máis a longo prazo pode afirmarse que tamén o foron os traballadores directos das terras cando, nun lento proceso de redención de foros que se iniciou a principios do século XIX coas desamortizacións liberais de Mendizábal, incrementouse a partir da Lei de 1873 e non finalizou ata ben entrado o século XX a partir da Lei de Redención de Foros de 1926 de Primo de Rivera. Na terra de Chantada, como nos recorda Ramón Villares na sua obra La Propiedad de la Tierra en Galicia, ainda se liberaron foros nos anos sesenta do século XX gracias ás remesas dos emigrantes chegadas de América a través do Banco de Soto. Só aí liberáronse definitivamente do pago de rendas os campesiños á fidalguía intermediaria e consolidouse o dominio pleno sobre as súas terras.
Na comarca de Chantada produxéronse os despoxos das casas de Outeiro de Vilameá (freguesía de Santa Eugenia de Asma), Quintela de Campelo (San Salvador de Asma) e Arxeriz (San Lourenzo de Fión, O Saviñao).
Neste debate sobre a necesidade ou non da promulgación dunha lei que obrigue á renovación dos foros prodúcense na comarca de Chantada os despoxos das casas de Outeiro de Vilameá (freguesía de Santa Eugenia de Asma), Quintela de Campelo (San Salvador de Asma) e Arxeriz (San Lourenzo de Fión, O Saviñao), impulsados respeitivamente polo mosteiro de Oseira, o mosteiro de San Salvador de Chantada e a abadía de San Martiño de Acoba (Saviñao), e dos que imos analizar algúns aspectos.
![]() |
Os lugares de Outeiro de Vilameá (freguesía de Santa Eugenia de Asma), Quintela de Campelo (San Salvador de Asma) e Arxeriz (San Lourenzo de Fión, O Saviñao) |
Demanda:
Outeiro de Vilameá: En 1750 o mosteiro de Oseira presenta demanda contra Don Benito de Themes, señor de Cartelos, e outros foreiros, acompañada dun memorial de bens propios do mosteiro alegando que estanos levando sen título e pide “se sirva condenar a estos a la restitución de dhos bienes con sus frutos”.
Quintela de Campelo: “Pongo acion y demanda a Don Benito Enrriquez Cavallero del avito de Santiago y mas llevadores y posseedores de los vienes que se ara mención…” “… y digo que siendo propios Diezmo a Dios de mi parte y su dominio desde inmemorial tiempo los contenidos en el memorial » “los llevan sin titulo” polo que solicitan “…se sirva condenarles a la rrestitucion de todos ellos con sus frutos desde la injusta ocupación asta la rreal rrestitucion y entrega.”
“…los llevan sin titulo” polo que solicitan “…»se sirva condenarles a la rrestitucion de todos ellos».
Argeriz: 1731, «Se ha litigado pleito en contradictorio, entre partes de una el Doctor Dn. Blas Antonio Nassarre y Ferriz, mi Bibliotecario mayor, y Pior de San Martín de Acoba, que es de mi Real Patronato en el Reyno de Galicia, y de la otra Dn Christoval del Hoyo y Sotomayor, Marques de la villa de Sn. Andres como marido de… y de la otra Dn. Pedro Bentura de Puga como marido de… vecinos y posehedores de la casa de Argeriz… sobre y en razón de que declaren por nulos ciertos foros, y otros por fenecidos, reintegrando los vienes comprehendidos en ellos al referido Real Priorato…
Títulos:
Outeiro de Vilameá: O mosteiro presenta ante a Audiencia unha copia do ano 1569 realizada por o escribano Domingo Goyanes de Carvajal por mandado do merino do mosteiro “busqué e caté los registros y protocolos… y hallé un Libro grande de Apeos tocante al dicho monasterio…” onde consta que no ano de 1554 o escribano Gonzalo Perez delimita as propiedades de Outeiro de Velameá e sinalaba que pagan de renda cinco fanegas de pan, e dous capóns cebados e seis maravedía vellos de dereitura.
En 1630, ante o escribano Juan de Santana, o entón levador das terras Sebastián Douteiro Daspay dixo que no ano de 1523 aforárase o devandito lugar de Outeiro a Fernando do Seijo e a súa muller Leonor do Seijo, por Gregorio Garcia essno., para que dil lle pagáse cinco fanegas de pan, dous capóns cebados e seis maravedía vellos de derechura, e agora “reconoce al monasterio de Oseira por señor propietario del dho Casar, y bienes del, y el se reconoce por ultima voz de las quatro conthenidas en el dho fuero” “e como tal se obliga a pagar al dho monasterio la dha renta a los plazos contenidos en el mismo”.
No ano de 1523 o mosteiro de Oseira afora o lugar de Outeiro a Fernando do Seijo e a súa muller Leonor do Seijo,»para que dil lle pagáse cinco fanegas de pan, dous capóns cebados e seis maravedía vellos de derechura».
Quintela de Campelo: No ano de 1575 realizase o apeo dos bes do mosteiro que levan Alonso de Moure, Martiño de Losada y outros para que “si cada uno dellos quisiese açer alguna cosa en contrario lo hiçiese que para ello todo les çitaba en forma y les señale la jurisdiçion del dho Monasterio…” “y ellos dijeron se davan por citados y que pareçerian a presentar sus escripturas…”. Presentan un traslado dunha escritura de 1557, feita ante o essno. Juan de Pincelo na que ”pareçio presente Beattriz de Moure viuda vezina del Cotto e frª. del dho monasterio mujer que fue, e finco de Tristan Rrodriguez” e que por canto ela “trata con su Paternidad” sobre “…pleitos e diferencias sobre a xurisdicción civil y criminal do Coto do Soto e sobre frutos e rentas dos foros de varios lugares do dito mosteiro que “ella e los dchos sus hixos tubiesen o pudiesen tener en qualquiera menera a la jurisdiçion del cotto de Sotto ansi çevill como criminal e lo seder e traspasar en el dcho monasterio… para que desde aquí delante lo usasen y exerçitasen por sus ministros…como antes los solian azer” e que “estaba presta a rrenunçiar a la jurisdicción del Cotto de Soto» e “rrecivir de nuevo fuero”. Referíase ó devandito Coto de Soto (Nogueira), do que renunciaba á sua xurisdicción, e dos demáis lugares de Berdelledo e A Prova (Santiago de Arriba), Soto (Nogueira), Espail (Arcos), Urin (Camba),Vilaver (Vilauxe) y Quintela (San Salvador de Asma). A cambio dunn sustancioso aumento da renda pagada por Beatriz Moure ó mosteiro “se quería apartar de pleitos e diferençias sobre los bienes e haçienda”.
En 1557 Beatriz de Moure, muller de Tristán Rodriguez “estaba presta a rrenunçiar a la jurisdicción del Cotto de Soto» «ansi çevill como criminal e lo seder e traspasar en el dcho monasterio» e “rrecivir de nuevo fuero”.
Argeriz: O foro a ó que se refire a sentencia e o entón otorgado por o prior de San Martiño DaCoba en data 20-11-1620 a favor de Don Pedro Raxo el Mozo, con tres persoas e voces máis. A última das devanditas voces correspondía a Don Benito de Raxo y Losada, pai das esposas dos expresados Don Pedro Ventura de Puga e del Marques de San Andres, polo que ca sua morte feneceron.
O prior de San Martiño Dacoba otorga en 1620 un foro a favor de Don Pedro Raxo el Mozo, con tres persoas e voces máis.
Sentencia:
Outeiro de Vilameá: “fallamos que debemos condenar y condegnamos al expresado Dn. Benito de Themes y mas partes comprehendidas en la cabeza de esta nuestra sentencia, a ue dentro de nueve días, que fueren requeridos con la Real Carta Executoria que de ella se librare degen, buelban y resituian a dicho Impeprial Monº de Ossera todas las partidas de bienes que compreende el Memorial presentado con su demanda, con frutos, desde la litis contestación, hasta la real restitución, y efectiva entrega, y la liquidación deestos la reserbamos para la execucion desta nuestra sentencia…”
«Fallamos que debemos condenar y condegnamos…a que dentro de nueve días, que fueren requeridos con la Real Carta Executoria que de ella se librare degen, buelban y resituian a dicho Impeprial Monº de Ossera todas las partidas de bienes que compreende el Memorial»
A sentencia de Quintela está expresada nistes mismos términos: “devemos condenar y condenamos a dcho Dn. Benito Enrriquez Sarmiento y mas parttes … a que dentro de nueve dias que fueren rrequeridos con la carta executoria que della se librase dejen buelvan y rrestituian a la parte de dcho monasterio todos los vienes contenidos y espresados en el memorial presentado con su demanda; con frutos desde la litis contestaçion asta la rreal rrestitucion y entrega”.
A sentencia de Arxeriz e similar a la anterior: “…condeno a los enunciados Don Pedro Ventura de Puga, y Marques de San Andres, a que dentro de nueve días de cómo fuese notificada esta sentencia, volviesen, restituyesen y dejasen libres a dicho Real Priorato… todos los vienes derechos y acciones, contenidas en la escritura de foro…”
Unha vez pronunciada a sentencia, o habitual era que as terras seguisen nas mans dos mesmos foristas, pero en arrendamento a curto prazo en lugar de aforadas. É o caso de Arxeriz cuado DonJoseph Ramiro Puga, de Argeriz, fillo de Pedro Ventura de Puga[1] fai unha petición ao Prior de Acoba para que cambie o arrendamento por un ano por un foro perpetuo (este documento resulta moi claro e adecuado para analizar o tema dos despoxos e a pretensión dos mosteiros de querer liquidar os foros e pasar a arrendamentos).Pag. 326: Un informe do maestrescuela do cabido de Lugo informa da ruína da casa de Argeriz e a conveniencia de aforala xa que se se afora acondicionará a casa.
Cuando se notifica a sentencia a Don Benito de Themes, señor de Cartelos, iste responde (33) que “Consiente dha sentencia, y espera ser atendido por dho Impal. Monº. en lo mesmo que hasta ahora goza en el lugar, y bienes sobre que se ha pronunciado la sentencia”
Perfectos:
Cando os foristas reclaman se lles abónen os perfectos ou milloras feitos na propiedade, hai disparidade de criterios sobre a disposición dos titulares do dominio directo para o seu abono. Mentres que en Quintela de Campelo o convento de San Salvador de Asma alega que “el muro hecho mas por deleite y recreación que por utilidad”, finalmente a sentencia fixa o importe dos perfectos a abonar a Don Benito Enrriquez en 12.000 reás. En Arxeriz asúmese que “es preciso que el Cavildo le abone…los prefectos utiles y necesarios que tiene echos…” e dada a imposibilidade de abonarlle os perfectos “cuio importe no es posible que se saque de los referidos bienes…”, son do parecer de aforarllos de novo “ sin que en esto se siga perjuicio alguno, antes bien utilidad por las razones referidas”.
Cando Don Benito Enríquez reclama se lle abonen os perfetos de Quintela, o mosteiro alega que o muro foi feito «mas por deleite y recreación que por utilidad».
Execución da sentencia:
Execútase a sentencia por un escribano recetor nomeado ó efecto “según y como en ella se contiene” “llevándole y haciéndole llevar a pura y debida execucion”. Ao executor sinálaselle un prazo máximo para a execución e fíxaselle un salario determinado a cargo das partes que “legítimamente lo debais haber y sus bienes…”.
Iste foi o caso de Outeiro de Vilameá, ao que lle fixaron trinta días para a execución e un salario de cincocentos maravedíes. Ao aceptar o nomeamento o propio executor sinala as actuacións que vai levar a cabo, como son notificación ás partes da Carta Executoria, comprobación do memorial de bens nela contida, nomeamento de asesor ou asesores, toma de posesión dos bens, liquidación dos seus froitos, venda de bens, trance, remate, posesión e recobración deles.
A notificación polo executor a Don Benito de Themes e a comprobación por este dos bens que figuran no memorial realízase con completa conformidade “desde luego consentimos…” e “nos apartamos de cualquiera termino y diligencia…”, e ó mismo tempo “suplica de dicho Monasterio nos atienda, como acostumbra en los mesmos bienes que hasta aquí hemos disfrutado.”
A toma de posesión leva a cabo cos formalismos habituais como cando se deu neste caso ao apoderado do mosteiro de Osera, a quen “le hize entrar en una cassa de las que en el se hallan, y de ella le entregué piedra, madera, tierra, barro y colmo, y abrir, y cerrar las puertas que tiene, y la posesion de dicha cassa…y en nombre de otras naveiras, chousas, prados, montes…” De forma muy parecida se hace en la toma de posesión de Quintela de Ventiños…
«Le hize entrar en una cassa de las que en el se hallan, y de ella le entregué piedra, madera, tierra, barro y colmo, y abrir, y cerrar las puertas…»
Pago de frutos:
De acordo coas peticións formuladas polos demandantes, as sentenzas adoitaban condenar ao demandado á restitrucion polos seus xustos valores dos froitos que puideron e deberon rentar desde a contestación ata o pago dos mesmos.
O pago dos froitos queda clara na petición do mosteiro de Oseira cando pide que “…y de executada hacerme pago de los frutos que han producido, y podido producir desde la contestazion de la demanda hasta el efectibo pago segn. los valores que hubiesen tenido en cada año”. Na práctica non sempre se leva a cabo o pago de froitos, como é o caso de Outeiro de Vilameá, cando o executor fai saber ó apoderado do mosteiro que “pida y exponga en orden a lo referido lo que le parezca conveniente”, iste responde “… que se halla combenido en razon de los expresados frutos con los llevadores, e interresados del lugar de Otero, y sus bienes, dandoles espera por la corta cantidad en que se ajustó en atención a su pobreza, y atrasos…”
“… que se halla combenido en razon de los expresados frutos con los llevadores, e interresados del lugar de Otero, y sus bienes, dandoles espera por la corta cantidad en que se ajustó en atención a su pobreza, y atrasos…”
En Quintela de Campelo os froitos ascenden a 4.000 reás, que se deducen dos 12000 reás que o mosteiro debe abonar a Don Benito Enrriquez en concepto de perfectos ou melloras que realizou na casa e propiedades.
Distinto foi o caso do lugar de Arxeriz, onde o executor, despois dunha complexa valoración do prezo do viño, do centeo, etc. durante o período que se reclama, carga por froitos 7.135 reais de vellón e 3 maravedíes ó levador da casa de Arxeriz. Aos colonos que levaban as terras tamén se lles cita para lles facer un “ajuste de cuentas” mediante una operación de cargo (co que debían de rendas) e data (cas rendas que xa pagaran). A diferencia entre cargo e data reflexaba o que cada un debía pagar á abadía, ainda que “considerando la miseria se les exime de parte”.
BIBLIOGRAFÍA:
Jove, Rogelio.- Los foros: estudio histórico y doctrinal, bibliográfico y crítico de los foros, en Galicia y Astúrias.- 1883
Cebreiros Álvarez, Eduardo.- Algunas críticas al Auto Ordinario durante el siglo XVIII
Díaz-Castroverde, Xosé Luis.- O conflicto foral nos séculos XVII e XVIII
Villares Paz, Ramón.- La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- 1982
Os documentos orixinais dos despoxos pódense consultar en liña en PARES (Portal de Archivos Españoles): Outeiro de Vilameá, Quintela de Campelo e Arxeriz.