19-11-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE BETANZOS:
Imos analizar aquí a Terra de Betanzos durante o Antigo Réxime (siglox XVI-XVIII) tal como aparece na comarca moderna oficial (concellos de Miño, Vilarmaior, Paderne, Irixoa, Betanzos, Coirós, Aranga, Oza dos Ríos, Cesuras, Curtis e Vilasantar). Non se trata polo tanto da antigua provincia de Betanzos, que xa foi obxecto de estudo noutra parte desta Web (ver), senón da terra ou comarca do mismo nome.
Todo o territorio en estudio estaba comprendido na antigua provincia de Betanzos, salvo 6 feligresías da xurisdicción de Mesía e 4 da de Mezonzo, que pertenecía á provincia de Santiago.
Comprendía 17 xurisdicións e ocupaba unha superficie total de 674 Km2., sendo as xurisdicións de maior extensión as de Betanzos e Sobrado, que pasaban dos 100 Km2. (10.000 Has.), e as menores as de Leiro e «Callobre y Vilachá», que non superaban as 1.000 Has.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
BETANZOS | 167 |
SOBRADO | 106 |
PRUZOS | 64 |
MESIA | 43 |
FISTEUS | 43 |
MUNIFERRAL | 42 |
PUENTEDEUME | 35 |
FERBENZAS | 33 |
CURTIS | 33 |
MESONZO | 27 |
OZA | 16 |
PARADA | 14 |
VILLAMOREL | 12 |
PERBES | 12 |
MANTARAS | 12 |
LEIRO | 10 |
CALLOBRE Y VILACHA | 5 |
TOTAL | 674 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE BETANZOS:
Os dominios señoriales da comarca de Betanzos estaban muy ben repartidos entre os distintos estamentos: o 25% eran terras de realengo, o 22% da nobleza e do clero regular, o 18% da fidalguía e o 13% do clero secular:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
REALENGO | 33 | 167 | 25 |
NOBLEZA TITULADA | 24 | 149 | 22 |
CLERO REGULAR | 10 | 149 | 22 |
HIDALGUIA | 9 | 124 | 18 |
CLERO SECULAR | 9 | 85 | 13 |
TOTAL | 85 | 674 | 100 |
Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar Su Majestad, que exercía o seu dominio señorial sobre 167 Km2.(16.700 Has.), seguido por o conde de Lemos, con 113 Km2. (11.300 Has.), e o mosteiro de Sobrado con 106 Km2. (10.600 Has.). Seguían con dominios en torno ás 600 Has. o mosteiro de San Martín de Santiago, Don Anronio Varela, o arzobispo e o cabildo de Santiago, e con menos de 500 Has. varios representantes da fidalguía local, o marqués de Figueroa, o marqués de Alcañizas e o conde de Maceda:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
SU MAJESTAD | 33 | 167 | 25 |
CONDE DE LEMOS | 18 | 113 | 17 |
MONASTERIO DE SOBRADO | 3 | 106 | 16 |
MONASTERIO DE SAN MARTIN | 7 | 43 | 6 |
DON ANTONIO VARELA | 2 | 43 | 6 |
ARZOBISPO DE SANTIAGO | 6 | 43 | 6 |
CABILDO DE SANTIAGO | 3 | 42 | 6 |
DON JOSEPH R. QUIROGA | 2 | 33 | 5 |
DON JOSEPH N.MOSCOSO | 1 | 33 | 5 |
DON JUSTO G.TENRREIRO | 4 | 15 | 2 |
MARQUES DE FIGUEROA | 1 | 12 | 2 |
MARQUES DE ALCAÑIZAS | 3 | 12 | 2 |
CONDE DE MACEDA | 2 | 12 | 2 |
TOTALES | 85 | 674 | 100 |

Por estamentos, xa señalamos que as terras de REALENGO supoñían o 25% do territorio da Terra de Betanzos, con 167 Km2. e 33 feligresías, localizadas na propia cidade e xurisdicción da capital, (actuales concellos de Betanzos, Cesuras, Coirós, Oza dos Ríos e Paderne).
A NOBLEZA TITULADA era a titular do 22% do territorio, con 149 Km2. de extensión sobre 24 feligresías. Así, o conde de Lemos controlaba as xurisdicciós de Parada (actual concello de Oza dos Ríos), Pruzos (actuales concellos de Paderne e Irixoa), e Puentedeume; o conde de Maceda controlaba a xurisdicción de Villamorel (actual concello de Paderne); o marqués de Alcañizas a parte brigantina da xurisdicción de Perbes (actuales concellos de Miño e Vilarmaior) e, por último, o marqués de Figueroa a xurisdicción de Mántaras (actual concello de Irixoa), ademáis da xurisdicción ordinaria da feligresía de Figueroa, na xurisdicción da capital.
O CLERO REGULAR, exercía o seu señorío sobre o 22% da terra de Betanzos, con 149 Km2. e 10 feligresías. O mosteiro de San Martín controlaba as terras das xurisdicciós de Mezonzo (actual concello de Vilasantar) e unha parte da xurisdicción de Oza (concellos de Oza dos Ríos e Coirós), mentras que o mosteiro de Sobrado levaba as terras da xurisdicción do mismo nome que actualmente pertenecen os concellos de Curtis e Aranga.
A FIDALGUÍA estaba presente no 18% do territorio, e controlaba 124 Km2. da sua superficie en 9 feligresías. Os principales representantes eran Don Antonio Varela, dono da xurisdicción de Fisteus (actual concello de Curtis); Don Joseph Norberto Moscoso, da xurisdicción e feligresía de Curtis; Don Joseph Ramón Quiroga a xurisdicción das Ferbenzas (a cabalo oentre os actuais concellos de Aranza e Oza dos Ríos); Don Justo Gabriel Tenreiro as xurisdiccións de Leiro (actual concello de Miño) e a da «Callobre y Vilacha», tamén no concello actual de Miño.
O CLERO SECULAR levaba o 13% do territorio, con 85 Km2. da sua superficie e 9 feligresías. O arzobispo de Santiago controlaba a xurisdicción de Mesía (actuales concellos de Cesuras e Vilasantar) e o cabildo de Santiago a de Muniferral (actual concello de Aranga).
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.