A Fiscalidade na xurisdicción de Chantada no Antiguo Réximen

Nova Páxina 

(7-12-2014)

INDICE:

1.- De qué imos falar.

2.- Cómo o imos plantexar.

3.- Cómo era a xurisdición de Chantada.

4.- Cómo evolucionou a población de Chantada  ata hoxe.

5.- Cales eran as cargas señoriais: o réximen fiscal.

6.- Canto se pagába por señorío e lutuosa.

7.- Canto se pagaba por diezmos.

8.- Cargas totales por veciño.

9.- Districución dos direitos señoriales e diezmos por estamento ou clase política.

10.- Comparación con outros puntos de Galicia.

11.- Conclusión.

1.- De qué imos falar:

Basándonos nas respostas ó Interrogatorio do Catastro de Ensenada de 1753[1], o presente traballo trata de aproximarnos ás cargas fiscais dos vasalos das 54 freguesías que compoñían a mediados do século XVIII as xurisdicións de Chantada (30 feligresías), Oseira (7 feligresías), Chouzán (3 feligresías), Asma (6 feligresías), e os coutos de Brigos, Cartelos, Castro, Merlán, Taboada (a feligresía de San Xoán de Laxe pertenecía a Taboada), Villaquinte,  todos con unha feligresía, e Muradelle con 2.  Todo este territorio equivalería hoxe á practica totalidade dos municipios de Chantada e Carballedo, máis as feligresías de Freán e Vilaesteva, do de Saviñao (ver Imaxes 1 e 2).

2.- Cómo o imos plantexar: 

Este estudio básase por unha parte nos datos fiscais contidos nas respostas ó Interrogatorio do Catastro de Ensenada de 1753, pero tamén no Censo de Floridablanca de 1789  para o análise da estructura do territorio e no Censo de Aranda de 1768 para o análese da evolución da población. Todos istes datos son integrados nunha base de datos que se referencia xeográficamente a cada territorio (feligresía), despóis de habelos transformado según as equivalencias da época [2] sacadas das propias respostas ó Catastro de Ensenada, e obtéñense os resultados en reás de vellón.

Por outro lado, dado que no Antigo Réxime non existía unha división lóxica e racional do territorio tal como a coñecemos actualmente, senón que as xurisdicións se mesturaban entre elas case que aleatoriamente, resulta imposible delimitar o territorio xurisdicional que vai ser obxecto do presente estudo se non é mediante a utilización da cartografía.

A cartografía utilízase por tanto non só para coñecer con precisión a situación de cada freguesía ou de da súa xurisdición no territorio, o espazo que comprenden, a súa importancia relativa en relación coas súas veciñas pero tamén os datos demográficos e fiscais asociados a cada freguesía ou a súa xurisdición.

Os mapas son pois un auxiliar importante para coñecer a situación dos nosos antepasados a finais do antigo réxime e os seus problemas e obrigas tributarias, pero tamén a situación dos perceptores deses tributos e poder comparalos  con outras zonas de Galicia.

3.- Cómo era a xurisdición de Chantada:

Xa dende a alta idade media coñecíase a existencia da «terra de Asma» ou «terra de Chantada«, pero non acontecía o mesmo coas xurisdicións que por aquil tempo se ían configurando en función do dominio que cada señor xurisdicional exercera sobre unha bisbarra determinada, por mor de privilexios reais, compras, interposicións, etc., o que provocaba unha verdadeira anarquía na distribución territorial de cada xurisdición.

A xurisdición de Chantada[3] propiamente dita só comprendía 30 freguesías repartidas entre os actuais municipios de Chantada(19 freguesías),  Carballedo (9) e O Saviñao (2), como se ve en trama escura na imaxe adxunta (Mapa 1):

Mapa 1.- A XURISDICCIÓN DE CHANTADA: En trama escura, as trinta feligresías que formaban a xurisdicción de Chantada.
De Fiscalidade

Intercaladas dentro da xurisdición de Chantada existían outras xurisdicións ou cotos de menor extensión que comprendían outras 24 freguesías, e que en conxunto ocupaban un territorio moi ben delimitado, situado ao sur da antiga provincia de Lugo entre o Faro, o Miño e o Búbal que a separaba da antiga provincia de Ourense (ver Mapa 2).

Conformaban estas 24 freguesías as 7 freguesías chantadinas da xurisdicións de Oseira (a Xurisdicción de Oseira completa era moito máis amplia, ver a minha páxina https://eirexe.es/os-dominios-do-mosteiro-de-oseira-2/), Chouzán (3 freguesías), Asma (6 freguesías), cotos de Brigos, Cartelos, Castro, Merlán, Taboada, Villaquinte, todos eles con 1 freguesía, e Muradelle con dúas. Incluídos na feligresía de San Vicente e Vilauxe (hoxe San Vicente da Sariña) había dous cotos redondos de vocación vitícola, como eran os de Soutariz e Pincelo. Dentro da feligresía de Nogueira atopábanse outros dous, os de Soto e Veiga e, finalmente, o de Carballedo, na feligresía de Sabadelle:

Mapa 2.- XURISDICCIÓS E COTOS DE CHANTADA: O presente estudio comprende 54 feligresías, incluídos os «cotos redondos» de Soutariz, Pincelo, Soto, Veiga e Carballedo.
De Fiscalidade

Por estamentos ou clases sociales, o 92% de iste conxunto pertencía á Nobreza Titulada ou ó Clero Regular. A Fidalguía e o Clero Secular só tiñan unha presenza testemuñal. A modalidade do Realengo ou da xestión directa dos veciños ou do Concello non existían na nosa comarca. A Nobreza Titulada (Marquesa de Astorga) aparecía en primeiro lugar cun 63% de habitantes e tamén do territorio. Os dominios da Marquesa de Astorga esténdíanse polo Norte e Centro-Sur da xurisdición. O Clero Regular estaba representado ao Oeste polo Mosteiro de Oseira, ao Centro-Leste en torno á capital polo Mosteiro de San Salvador de Asma e ao Sueste polo Mosteiro de Chouzán (ver Mapa 3).

Mapa 3.- OS DOMINISO XURISDICCIONALES NA XURISDICCIÓN DE CHANTADA.-Distribución por Feligresías.

4.- Cómo evolucionou a  población de Chantada ata hoxe:

Para estudar o réxime fiscal da bisbarra de Chantada a finais do século XVIII é necesario coñecer a evolución da poboación das freguesías nos preto de 250 anos transcorridos dende a elaboración por os párrocos de cada feligresía do chamado Censo de Aranda do ano de 1768 (ver Imaxe 1), de onde tomamos os datos de poboación de todas as feligresías e que poidemos comparar ca poboación actual. A poboación total da área en estudio apenas sufriu variación entre 1753 e 1999, se non é por un pequeno crecemento en torno ao 4% en todo o período, pero permanecendo máis ou menos estable en torno aos 13.000 habitantes (ver Cuadro 1).

Cuadro 1: EVOLUCIÓN DE POBOACIÓN DAS FELIGRESÍAS DA XURISDICCIÓN DE CHANTADA ENTRE 1753 E 1999  (Fonte Censo de Aranda e I.N.E.):

FELIGRESÍA POB.1753 POB.1999 DIF.(%)
CHOUZAN (SANTO ESTEVO) 448 40 -91
A SARIÑA (SAN VICENTE) 232 56 -76
NOGUEIRA DE MIÑO (SANTA M.) 695 190 -73
A COVA (SAN XOAN) 253 68 -73
OLEIROS (SAN MIGUEL) 461 175 -62
VILAQUINTE (SANTA MARIA) 318 145 -54
FREAN (SANTA CECILIA) 139 66 -53
MOURICIOS (SAN CRISTOVO) 176 87 -51
CARTELOS (SANTO ESTEVO) 186 91 -51
LOBELLE (SAN CRISTOVO) 188 97 -48
SANTIAGO DE ARRIBA (SANTI 172 90 -48
O MONTE (SAN MIGUEL) 184 97 -47
FURCO (SAN GREGORIO) 295 161 -45
REQUEIXO (SANTIAGO) 390 219 -44
MILLEIROS (SAN XOAN) 110 63 -43
ESMERIZ (SANTA MARIÑA) 110 64 -42
SANTA CRUZ DE VIANA (SANT 206 120 -42
BERMUN (SANTA MARIA) 126 74 -41
MARIZ (SAN MARTIÑO) 358 224 -37
MURADELLE (SAN PAIO) 366 236 -36
A LAXE (SAN XOAN) 426 282 -34
ARCOS (SANTA MARIA) 319 213 -33
ADA (SANTA BAIA) 240 160 -33
PRADEDA (SANTIAGO) 156 111 -29
LINCORA (SAN PEDRO) 326 230 -29
PESQUEIRAS (SANTA MARIA) 183 130 -29
VILAESTEVA (SAN SALVADOR) 479 338 -29
O MATO (SAN XILLAO) 182 133 -27
SAN FIZ DE ASMA (SAN FIZ) 392 292 -26
SAN MAMEDE DE LOUSADA (SA 169 125 -26
ARGOZON (SAN VICENTE) 288 217 -25
AGUADA (SANTA BAIA) 552 412 -25
SANTA UXIA DE ASMA (SANTA 194 146 -25
BUCIÑOS (SAN MIGUEL) 308 237 -23
MERLAN (SAN TOME) 305 239 -22
A GRADE (SAN VICENTE) 97 79 -19
ESMORIZ (SAN XILLAO) 78 70 -10
VILAUXE (SAN SALVADOR) 224 204 -9
SAN PEDRO DE VIANA (SAN P 104 96 -8
SANTA CRISTINA DE ASMA (S 117 110 -6
BELESAR (SAN BARTOLOMEU) 34 34 0
FORNAS (SAN CRISTOVO) 119 127 7
CAMPORRAMIRO (SANTA MARIA 216 232 7
SANTA MARIÑA DO CASTRO (S 104 114 10
BRIGOS (SAN SALVADOR) 117 134 15
LOUSADA (SANTIAGO) 256 307 20
CARBALLEDO (SANTA MARIA) 214 256 20
CASTRO (SAN CRISTOVO) 208 266 28
PEREIRA (SAN MAMEDE) 82 107 30
SAN SALVADOR DE ASMA (SAN 272 423 56
SABADELLE (SANTA MARIA) 129 222 72
SAN XURXO DE ASMA 121 247 104
VEASCOS (SANTA MARIÑA) 46 152 230
CHANTADA (SANTA MARIÑA) 335 4177 1.147
 TOTALES 12.805 12.985 4,11

Mapa 4.- EVOLUCIÓN DE POBLACIÓN 1753-1999
De Fiscalidade

Non obstante, se facemos unha análise máis detida dos datos forzosamente tennos que chamar a atención dous feitos:

1.- O crecemento extraordinario da capital da xurisdición,Chantada, que cos seus 335 habitantes se situaba por detrás de freguesías como Nogueira, A Aguada, Oleiros ou Vilaesteva, e que pasou a reivindicarse como a capital indiscutible da bisbarra ao superar os 4.000 habitantes a principios do presente século.

2.- O descenso brutal da poboación da case totalidade das freguesías, do que só se salvan algunhas moi concretas do ámbito da capital  e de algunhas outras do actual municipio de Carballedo(ver Mapa 4). Os descensos de poboación son xeneralizados e afectan fundamentalmente a dúas zonas moi concretas: ás freguesías montañosas en torno ao Faro e, sorprendentemente,  ás freguesías ribeirás do Miño dende Nogueira hasta Os Peares.

As causas que motivaron este declive poboacional son moi difíciles de anticipar. Aparte de acontecementos de tipo local como a emigración forzosa provocada por o encoro dos Peares en 1957, os verdadeiros motivos habería que atribuílos máis ben ás difíciles condicións sociais derivadas da persistencia do réxime semifeudal que durante tanto tempo se perpetuou nesta zona e que contrastaba grandemente coas perspectiva que ofrecían outras terras máis prometedoras nacionáis ou estranxeiras que aínda que afastadas supoñían un cambio decisivo nas condicións de vida.

Imaxe 1.- CENSO DE ARANDA, SANTA EUGENIA DE ASMA.- Resultados do censo (FONTE: Real Academia da Historia)
De Fiscalidade

5.- Cales eran as cargas señoriais: o réximen fiscal:

Cando falamos da fiscalidade no Antigo Réxime estámonos a referir á desigualdade no imposto, tanto en conto á obriga de contribuír como á existencia de sistemas fiscais diferentes en cada territorio[4].

Aquí non imos analizar as cargas ou rentas forais rexidas por un contrato de aforamento, sinon das cargas fiscais -da facenda real- e xurisdicionais -do señor xurisdicional- ou da igrexa -diezmos e primicias-. É dicir, non nos ocupamos das rendas de aforamento das terras senón das rendas señoriais. Estas cargas non alcanzan o volume das rendas da terra pero en conxunto supoñían unha apropiación importante do excedente dos campesiños da época.

Seguindo a descripción das cargas fiscais que de forma muy clara e comprensíbel fai Olga Gallego Domínguez[5], podemos resumir as diferentes cargas fiscais ou tributarias soportadas por os campesiños galegos na segunda mitade do século XVIII nas seguintes:

     a.- Cargas señoriais ou xurisdicionais: Eran os chamados señorío ou vasallaxe, penas de cámara, lutuosa, traballos, carretos, etc.

     b.- Cargas Fiscais da Iglesia: Diezmos e primicias, ainda que ás veces participaban outros señores laicos na percepción destas cargas. Houbo queixas incluso de señores que se apropiaban dos diezmos dos párrocos que iles mismos poñían[5]. O normal era que dos diezmos que percibía a iglesia, a á coroa participase mediante as «tercias reales» que eran os 2/9 dos diezmos ou o «excusado» que era o diezmo da millor casa do lugar.

     c.- Cargas Fiscais da Facenda Real: Tamén se chamaban rendas provinciais porque se repartían primeiro por provincias e despois por partidos, xurisdicciós, correximentos, etc., e eran  percibías para o rei, aínda que podían estar enaxenadas:

– As alcabalas: consistían no 10% do valor de todas as ventas.      Se pagaban por encabezamento.
– Os centos, consistían no 1 por cento que as Cortes foran concedendo aos reis, ata elevar as alcabalas e centos ao 14 por cento.
– Os millóns percibidas por unha «sisa» sobre o viño.

     d.- Outras cargas fiscai: Existían outras cargas señoriais como o Voto de Santiago, a achega á Virxe dos Ollos Grandes ou a amortización do Censo.

6.- Canto se pagába por señorío e lutuosa:

Se calculamos os dereitos señoriais (vasallaje, luctuosa, traballos personales, etc.) achegados por cada veciño, encontrámonos con que as freguesías de Oleiros, Muradelle e Santa Mariña  do Castro eran as que máis achegaban, seguidas polas de Vilaquinte, Mouricios e Sta. Cruz de Viana . Por contra, as freguesías que non estaban gravadas con ningún tipo de dereito señorial eran as de Aguada, Brigos, Santiago de Lousada, San Mamede de Lousada, Carballedo e Pesqueiras. Chama a atención que entre as freguesías que máis achegaban se encontrasen as de Oleiros, Sta. Mariña do Castro e Mouricios que estaban gravadas con dereitos señoriais de tipo persoal, como traballar certos días de traballo ao ano para o seu señor xurisdiccional.

Así, no priorato de Oleiros, dependente de mosteiro de Oseira …tienen los mencionados vecinos la obligación de hacer cada uno al Año doce servicios de trabajar con su Persona un dia de cada tres en las obras y mas trabajos que se ofrecen…”  Importaban estes servizos persoais a que estaban obrigados os veciños de Oleiros a 400 reais que xunto cos 60 da luctuosa supoñían 460 reais ao ano, que repartido entre ós 71 veciños de Oleiros equivalía a 6,48 reais de vellón por veciño.

En Santa Mariña do Castro, tamén dependente do mosteiro de OseiraIgualmente le contribuía cada vecino que tuviese Ganado con un día de trabajo cada mes y el que no con su persona…chegando o importe da luctuosa a 56 reás e os servicios personales a 12, o que dividido entre ós 16 veciños con que contaba a feligresía supoñía unha carga señorial de 4, 25 reás de vellón.

Tamén en Santa Cristina de Asma estaban obrigados a realizar traballos señoriais de tipo persoal, aínda que se coñece que ao longo do tempo foron traducidos a diñeiro: “dijeron ser del señorio del Real Monasterio de Santa María de Osera a quien en su reconocimiento concurre un día al mes de cada vecino con uno de trabajo personal el que por no ser efectivo como devian praticarlo, le consideran ascenderá al año a quarenta reales»cantidade que unida aos 32 reais da lutuosa consituye un total de 72 reais, sendo a achega anual de cada veciño 4 reais de vellón.

Outra das feligresías da xurisdicción de Oseira que estaba gravada por traballos personales era a de Santa Eugenia (Santa Uxía de Asma) que por razón de señorío e vasalleje non pagaba cousa algunha, pero…«por Razon de Señorio y Vasallaje no Percive cosa alguna solo si están obligados los vecinos desta feligresia, y que tengan Yunta de Bueis a hacer un Carreto de uva desde la Rivera a dicho Monasterio los que al año importaran ocho Carretos, y de cada uno dellos se estima en ocho Reales».

O caso de Muradelle, xurisdición dependente do conde de Moztezuna, é un caso moi representativo das cargas que gravan unha xurisdición da nobreza, xa que contribúen con tres tipos de carga distinas. Primeiro fano con 39 «coterías» consistentes na achega en especie de 1,5 ferrados de centeo por cada veciño, o que supón 58,5 ferrados, que traducidos a reais de vellón alcanzan 175,5 reais. A iso hai que sumar 166 r.v. en efectivo, pensamos que en concepto de «señorío», e 12 reais de «lutuosa». Todo isto alcanza un montente total de 353,5 reais de vellón anuais, ou o que é o mismo a unhos 6 reáis por veciño.

Mapa 5.- DEREITOS SEÑORIALES PAGADOS POR VECIÑO: As feligresías de Oleiros, Muradelle, Santa Mariña do Castro e Santa Cristina eran os maiores contribuíntes.
De Fiscalidade

Se realizamos o cálculo da achega por vasalos en lugar de por veciños (estimando no coeficiente 5 o número de almas ou de membros familiares por cada veciño), a orde varía moi pouco, manténdose as catro freguesías antes sinaladas como as maiores contribuíntes (Oleiros 1,30, Muradelle 1,20, Santa Mariña do Castro 0,85 e Santa Cristina de Asma 0,80 reais de vellón).

7.- Canto se pagaba por diezmos:

O diezmo é outra das remuneracións que merece unha análise máis detida. Aínda que ás veces participan na súa percepción os señores laicos é, xunto coa primicia, un tributo propio da igrexa dende tempo inmemorial. O diezmo gravaba únicamente a producción e non a riqueza, de ahí que tantas veces fora calificado de inxusto. Percibíao o párroco de cada feligresía que por coñecer moi diretamente a cada veciño, decíase que actuaba de verdadeiro axente fiscal de igrexa e indirectamente dos outros estamentos que participaban no seo reparto. Se observamos o Mapa 6 adxunto vemos que aparecen como maiores contribuíntes as freguesías de Santa Mariña do Castro, Furco, A Cova e Fornas, todas elas con máis de 50 reais anuais por veciño, que era o equivalente a 25 xornais de traballo da época. No bando contrario, as freguesías menos gravadas co diezmo eran as de Oleiros, Chantada (Santa Mariña),San Salvador de Asma e San Vicente de Agrade, en torno ós 15 reás de vellón e incluso menos en cómputo anual.

Mapa 6: DISTRIBUCIÓN DO PAGO DE DIEZMOS (FELIGRESÍAS E VECIÑOS): As feligresías de Santa Mariña do Castro, Furco, A Cova e Fornas eran os maiores contribuíntes.
De Fiscalidade

Sumando todos os conceptos contributivos tanto señoriais como da igrexa ou a facenda real (lutuosa, prestacións persoais, diezmos, primicias, voto de Santiago, donativo á Virxe dos Ollos Grandes, censos, servizos ordinarios e extraordinarios, alcabalas, centos, millóns, etc.) pódese concluir como se pode ver no Mapa 7 que as freguesías que máis contribuían eran as de Nogueira e Chantada con 6.417 reais de vellón anuais cada unha, seguida da de Augada (4.758 reais), Furco (3.3.87 reais), Chouzán(3.134) e Vilaesteva (3.126 reais de vellón).

Mapa 7.- TOTAL DE TODOS OS CONCEPTOS CONTRIBUTIVOS (direitos señoriales, da igrexa e da hacienda real).
De Fiscalidade

8.- Cargas totales por veciño:

Se facemos o cálculo das mismas cargas totales por todos os conceptos contributivos tanto señoriais como da igrexa ou a facenda real (lutuosa, prestacións persoais, diezmos, primicias, voto de Santiago, donativo á Virxe dos Ollos Grandes, censos, servizos ordinarios e extraordinarios, alcabalas, centos, millóns, etc.), pero calculadas por número de veciños ocupa o primeiro lugar a capital (ver Cuadro 2 e Mapas 7 e 8).

Cuadro 2: CARGAS FISCAIS POR GRUPOS DE PERCEPTORES E POR PARROQUIAS EN REÁS DE VELLÓN (Fonte Catastro de Ensenada, ano de 1753):

FELIGRESÍA NÚM. DE VECIÑOS VASALLAJE DIEMOS E PRIMICIAS IMPOSTOS DA COROA TOTAL EN REÁS TOTAL POR VECIÑO
CHANTADA (SANTA MARIÑA) 70 40 1.293 5.084 6.417 92
NOGUEIRA DE MIÑO (SANTA M 112 35 5.470 912 6.417 57
AGUADA (SANTA BAIA) 85 0 4.416 342 4.758 56
FURCO (SAN GREGORIO) 44 90 2.755 542 3.387 77
CHOUZAN (SANTO ESTEVO) 76 60 2.981 93 3.134 41
VILAESTEVA (SAN SALVADOR) 57 32 2.789 305 3.126 55
A COVA (SAN XOAN) 48 30 2.790 300 3.120 65
MURADELLE (SAN PAIO) 59 353 2.076 552 2.981 51
A LAXE (SAN XOAN) 57 120 2.195 664 2.979 52
SAN FIZ DE ASMA (SAN FIZ) 54 12 2.394 544 2.950 55
LINCORA (SAN PEDRO) 55 70 2.303 420 2.793 51
SABADELLE (SANTA MARIA) 48 87 2.018 499 2.604 54
REQUEIXO (SANTIAGO) 60 50 1.616 521 2.187 36
ADA (SANTA BAIA) 37 26 1.523 561 2.110 57
ARCOS (SANTA MARIA) 50 40 1.533 451 2.024 40
ARGOZON (SAN VICENTE) 43 40 1.413 525 1.978 46
OLEIROS (SAN MIGUEL) 71 460 1.356 106 1.922 27
CASTRO (SAN CRISTOVO) 32 20 1.312 439 1.771 55
BUCIÑOS (SAN MIGUEL) 47 26 1.197 463 1.686 36
VILAUXE (SAN SALVADOR) 26 28 1.456 191 1.675 64
O MONTE (SAN MIGUEL) 24 20 1.198 435 1.653 69
MERLAN (SAN TOME) 35 16 1.503 90 1.609 46
A SARIÑA (SAN VICENTE) 44 24 1.179 199 1.402 32
VILAQUINTE (SANTA MARIA) 49 152 1.167 67 1.386 28
MOURICIOS (SAN CRISTOVO) 27 70 1.042 273 1.385 51
MARIZ (SAN MARTIÑO) 42 30 1.000 326 1.356 32
LOBELLE (SAN CRISTOVO) 29 39 1.304 0 1.343 46
SANTA CRUZ DE VIANA (SANT 30 99 943 296 1.338 45
LOUSADA (SANTIAGO) 38 0 1.112 220 1.332 35
SANTA MARIÑA DO CASTRO (S 16 68 1.092 95 1.255 78
SANTA UXIA DE ASMA (SANTA 39 72 1.113 45 1.230 32
CARBALLEDO (SANTA MARIA) 33 0 1.226 0 1.226 37
BERMUN (SANTA MARIA) 21 4 892 314 1.210 58
FORNAS (SAN CRISTOVO) 16 8 914 271 1.193 75
O MATO (SAN XILLAO) 28 24 692 447 1.163 42
CAMPORRAMIRO (SANTA MARIA 38 2 878 268 1.148 30
PESQUEIRAS (SANTA MARIA) 28 0 981 45 1.026 37
SAN SALVADOR DE ASMA (SAN 38 5 480 522 1.007 27
SAN PEDRO DE VIANA (SAN P 16 4 732 244 980 61
SANTIAGO DE ARRIBA (SANTI 28 2 825 142 969 35
PRADEDA (SANTIAGO) 24 24 713 200 937 39
SANTA CRISTINA DE ASMA (S 18 72 828 0 900 50
CARTELOS (SANTO ESTEVO) 24 50 750 33 833 35
SAN XURXO DE ASMA 19 8 633 152 793 42
FREAN (SANTA CECILIA) 24 16 622 99 737 31
ESMERIZ (SANTA MARIÑA) 17 20 526 149 695 41
SAN MAMEDE DE LOUSADA (SA 26 0 650 39 689 27
MILLEIROS (SAN XOAN) 17 2 512 159 673 40
BRIGOS (SAN SALVADOR) 20 0 579 77 656 33
ESMORIZ (SAN XILLAO) 12 4 501 10 515 43
PEREIRA (SAN MAMEDE) 14 4 327 35 366 26
A GRADE (SAN VICENTE) 15 2 185 150 337 22
BELESAR (SAN BARTOLOMEU) 7 8 226 78 312 45
VEASCOS (SANTA MARIÑA) 7 2 271 0 273 39
PROMEDIOS 46 1.342 352 1.740 46

Chantada tiña por queles anos só 70 veciños, e naquela época superábana freguesías tales como Nogueira, Augada, Chouzán ou Oleiros. Como dicimos, Chantada ocupaba o primeiro lugar en canto á tributación por veciño e iso pode deberse a que se imputaron como ingresos dos veciños as alcabalas da súa famosa feira ou os ingresos percibidos polo bo número de panadeiras que por aquel entón se desprazaban a outros lugares a vender o pan. Xunto con Chantada aparecen como as máis gravadas por veciño por todos os conceptos Furco, Fornas, Santa Mariña doCastro e San Miguel do Monte.

As freguesías menos gravadas eran as de Agrade, Pereira, Oleiros,San Mamede de Losada, Vilaquinte, Camporramiro e Freán (O Saviñao). Aquí pode sorprender que freguesías como Oleiros que figuraba nos primeiros lugares como contribuínte por dereitos persoais apareza aquí entre as que menos achegas totais realiza por veciño. A explicación pode deberse ao maior número de veciños e a que as cargas provinciais non eran tan importantes como as señoriais.

Mapa 8.- CARGAS TOTALES POR VECIÑO: Como maiores contribuíntes por veciño figuran Channtada, Furco, Fornas e Santa Mariña do Castro.
De Fiscalidade

9.- Districución dos direitos señoriales e diezmos por estamento:

Postos a analizar os dereitos señoriais satisfeitos por cada veciño (Cuadro 3) dentro das 54 freguesías da bisbarra de Chantada dános unha media de 1,30 reais de vellón ao ano satisfeitos por veciño -0,23 se o calculamos por vasallo en vez de por veciño-, sendo a maior cantidade a satisfeita nos dominios do clero regular con 1,56 reais de vellón ao ano -0,31 por vasallo- e a mínima polos sometidos ao clero secular cun 0,6 -0,13 por vasallo- anual.

 

Cuadro 3.- PROMEDIO DE DEREITOS SEÑORIAIS PAGADOS EN CHANTADA POR CADA VECIÑO E POR CADA VASALLO, SEGÚN ESTAMENTO:

DOMINIO DER.SEÑORIAL DER.SEÑORIAL
  POR VECIÑO POR VASALLO
CLERO REGULAR 1,56 0,31
FIDALGUIA 1,41 0,28
NOBLEZA TITULADA 0,90 0,18
CLERO SECULAR 0,63 0,13
PROMEDIO 1,12 0,23

Se analizamos os diezmos satisfeitos por cada veciño (Cuadro 4) dános unha media de 31 reais de vellón ao ano -o que equivale a 6,29 se o calculamos por vasallo en vez de por veciño-. A maior cantidade é a satisfeita esta vez nos dominios do clero secular con 36 reais de vellón ao ano -7,28 por vasallo-. A contía mínima soportábana os sometidos a fidalguía con 26,75 reais de vellón por veciño -5,33 por vasallo- ao ano.

Cuadro 4: PROMEDIO DE DIEZMOS PAGADOS Ó ANO EN CHANTADA POR CADA VECIÑO E POR VASALLO:


DOMINIO
DIEZMO DIEZMO
  POR VECIÑO POR VASALLO
CLERO REGULAR 32,44 6,51
HIDALGUIA 26,75 5,33
NOBLEZA TITULADA 29,52 6,02
CLERO SECULAR 36,00 7,28
PROMEDIO 31,18 6,29

10.- Comparación con outros puntos de Galicia:

Comparando estes datos con outros estudos, como o elaborado polo profesor Eiras Roel sobre 83 localidades representativas de todo o territorio galego, vemos que as medias de ambos os dous estudos non difiren de forma significativa:

Cuadro 5.- IMPORTE DOS DEREITOS SEÑORIAIS E DIEZMOS PAGADOS EN CHANTADA POR CADA VECIÑO E COMPARACIÓN CON OUTROS PUNTOS DE GALICIA:

  DER. SEÑORIALES CHANTADA DER. SEÑORIALES EIRAS ROEL DIEZMOS CHANTADA DIEZMOS EIRAS ROEL
CLERO REGULAR 1,56 2,55 32,44 40,64
HIDALGUIA 1,41 1,58 26,75 33,18
NOBLEZA TITULADA 0,90 1,70 29,52 29,95
CLERO SECULAR 0,63 1,02 36,00 36,46
PROMEDIO 1,12 1,37 31,18 35,05

Examinando o Cadro 5 e gráfico adxunto (Imaxe 2)  obsérvase que unicamente existe unha pequena diferenza cos datos do estudo de Eiras Roelnos décimos satisfeitos polos nosos vasalos ao clero regular e á fidalguía, e que no noso caso son valores inferiores aos sinalados polo profesor Eiras diferenza que se solucionaría se tivésemos tido en conta a parte dos décimos percibidospor algúns membros da fidalguía en determinadas freguesías (casos de Argozón, Freán,Merlán, Mouricios, Sabadelle ou Vilauxe).

Imaxe 2.- COMPARACIÓN DE DEREITOS SEÑORIALES E DIEZMOS DA XURISDICCIÓN DE CHANTADA CON OUTROS ESTUDIOS.
De Fiscalidade

11.- Conclusión: Cada veciño tributaba 46 reás de vellón ó ano:

Comprobada a bondade dos datos, podemos concluír que a totalidade de dereitos señoriais satisfeitos como media por veciño na comarca de Chantada equivalía a uns 46 reais de vellón anuais, o que, para facelo máis comprensível  equivalería a uns 23 xornais de traballo da época.

Istas cifras tributarias eran inferiores ás rentas que satisfacían os labradores ós titulares do dominio directo por as rendas da terra ou rentas forais . Os dous tipos de renta -forales e señoriales- eran moitas veces pagadas xuntas por non distinguir os campesiños entre unhas e outras. Os direitos señoriales perpeturáronse máis alá da supresión dos señoríos e 1811, transformadas hábilmente en rentas forales por os preceptores. O feito é que iste sistema permitío gozar ós nosos agricultores do dominio útil das terra pero non do dominio directo, xa que as terras continuaban gravadas con unha importante carga foral, que non se suprimío ata ben entrado o século XX ca redención das rentas foráis e o acceso á propiedade plena da terra dos campesiños.

NOTAS:

[1]  Respuestas Generales del Catastro del Marqués de la Ensenada http://pares.mcu.es/Catastro/servlets/ServletController?ini=0&accion=0&mapas=0&tipo=0

[2] Equivalencias:

UNHA FANEGA DE CHANTADA: 5 FERRADOS
UN REAL DE VELLÓN: 34 MARAVEDÍS
UN XORNAL DE TRABALLO: 2 REÁS DE VELLÓN
UN FERRADO DE CHANTADA: 6,29 AREAS
UN FERRADO DE CENTENO: 3 REÁS DE VELLÓN
UN FERRADO DE CASTAÑAS VERDES: 1 REAL DE VELLÓN
UN FERRADO DE CASTAÑAS SECAS: 3 REÁS DE VELLÓN
UN FERRADO DE MILLO: 4 REÁS DE VELLÓN
UN FERRADO DE MILLO MIÚDO (MIJO): 2 REÁS DE VELLÓN
UN FERRADO DE TRIGO: 6 REÁS DE VELLÓN
UN FERRADO DE FABAS: 6 REÁS DE VELLÓN
UN PAR DE CAPÓS: 5 REÁS E MEDIO
UNHA PITA: 2 REÁS DE VELLÓN
UN CANADO DE VIÑO: 42 LITROS
UN AZUMBRE: 2 LITROS
UN CANADO DE VIÑO: 8 REÁS DE VELLÓN (EN ORIXEN)

[3] Base da datos propia elaborada en base con datos provenientes del Censo de Floridablanca de 1789.

[4] Eiras Roel, Antonio.- El Régimen Señorial de Galicia a finales de la Edad Moderna: Evaluación. Obradoiro de Historia Moderna, 1997.

[5] Gallego Domínguez, Olga.- La Hacienda y la Fiscalidad de la Galicia del siglo XVIII.

[6] Domínguez Ortíz, Antonio.- Sociedad y Estado en el siglo XVIII español.


Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: