Mapa Xeolóxico de Chantada

(En construcción, 21-10-2014)

As montañas galegas son segun Manuel de Terán e Solé Sabarís [1] a prolongación cara ao NOROESTE do zócalo[2] da Meseta, polo que o mapa xeolóxico non sinala ningunha distinción.
As dúas terceiras partes pertencen ao grupo das rochas metamórficas[3] (lousas, cuarcitas, xistos, gneis, migmatitas, micacitas, etc.), formadas de sedimentos moi antigos, precámbricos e paleozoicos, atravesados por potentes batolitos[4] graníticos e outros tipos de rochas eruptivas de idade variable. Este conxunto predomina no centro e oeste de Galicia.
As montañas galegas están orixinadas por un grande abombamento da parte NO da Meseta, cortadas por numerosas fallas[5] en sentido Norte-Sur, e formadas por unha alternancia de horsts[6] e cubetas[7] dende o mar ata o cumio da serra Segundeira. Un corte esquemático do relevo do macizo galego segundo Solé Sabarís tería a seguinte estrutura:
I.- Penechaira (ou penillanura)[8] deformada, antiga, cuxo empenamento separaba o Atlántico da conca endorreica[9] castelá.
II.- Penechaira (ou penillanura) premiocénica da Meseta, equivalente á superficie de Chantada, con relevos residuais e encaixe nos relevos residuais da superficie anterior. Foi posteriormente algo deformada e cortada polas foxas miocénicas de Galicia central (As Pontes, Monforte, Xinzo, etc.).
III.- Ciclos pliocénicos e cuaternarios encaixados nos bloques próximos ao litoral.

Corte esquemático del relieve gallego según Solé Sabarís. FUENTE: M. de Terán y L. Solé Sabaris.- Geografía General de España.- Ariel, 1978.

 

Dende o punto de vista xeolóxico pódese dicir que a terra de Chantada encóntrase situada en dúas zonas:

A.- A que se situa na zona denominada Galicia-Tras-Os-Montes, xurdida a consecuencia da oroxenia[10]  hercínica[11] e que comprende a unidade tectónica[10] coñecida como «complexos[12] alóctonos», cuxa base tamén foi denominada lámina para-autóctona (LPA)[13]. Esta lámina está formada por unha serie de Klippen[14] situados no núcleo de plegues sinformales formados durante o pregamento hercínico (sinformes de Vilaesteba, Chantada e APeroxa), e modificados por fallas hercínicas ou alpinas que deron lugar ao actual modelo caótico de afloramento.
A lámina Para-Autóctona está formada, de abaixo arriba, polos sedimentos do chamado grupo Nogueira (xistos negros con niveis intercalados de liditas e cuarcitas grafitosas e micra esquistos areentos) e grupo Paraño (xistos areentos e filitas).

B.- A que pertenece á zona centro Ibérica, denominada autóctona, cuxos materiais como consecuencia do metamorfismo hercínico se transformaron en lousas, cuarcitas e nos gneises porfiroides denominados «ollo de sapo». O autóctono encóntrase representado polo anticlinal Frontón-Herbedeiro, onde destaca a dita formación «Ollo de sapo», sendo a situada ao leste dos peares a que conserva mellor todas as súas características litolóxicas.

CHANTADA: Contacto entre las zonas Centro-Ibérica (Lámina autóctona) y Tras-Os-Montes (Línea Para-autóctona).
CHANTADA: Mapa Xeolóxico.- Fallas e Unidades Litolóxicas.

 

NOTAS:

[1] M. de Terán e L. Solé Sabaris.- «Geografía General de España». –Ariel, 1978.

[2] Conxunto de rochas que se sitúa baixo unha cobertura sedimentaria.

[3] Rocha formada por recristalización doutra anterior, xa sexa sedimentaria, ígnea, ou metamórfica preexistente, baixo condicións físico-químicas (xeralmente presión e temperatura) distintas ás da formación orixinaria.

[4] Complexo intrusivo de grandes dimensións, composto xeralmente por granitos e granodioritas.

[5] Fractura ou zona de fracturas ao longo de cuxa superficie se produce un desplaza­miento relativo dos dous bloques en que quedan divididas as rochas afectadas.

[6] Conxunto de fallas que delimitan un bloque alongado levantado con respecto aos adxacentes.

[7] Estrutura en forma de depresión.

[8] Conxunto de vagoadas e interfluvios de escaso desnivel.

[9] Cuenca na que a rede fluvial verte as súas augas nunha zona interior, non comunicada co mar.

[10] Conjunto de procesos geológicos que dan lugar a la generación de un cinturón orogénico. Un cinturón orogénico lo forma una región alargada, lineal o arqueada, de gran extensión, que ha sido construida por plegamiento y otras deformaciones durante una orogénesis, incluyendo una evolución en la que se dan procesos magmáticos, metamórficos, sedimentarios y tectónicos.

[11] Orogénesis en la que sus principales deformaciones se producen durante el Paleozoico superior.

[12] Configuracións xeométricas das rochas orixinadas por procesos de deformación natural, os desprazamentos e mecanismos implicados no desenvolvemento de tales configuracións, a súa evolución espazo-temporal e as causas que deron lugar á súa formación.

[13] Ver A. Marcos e S. Trollo Fúñez.- «Estratigrafía de la lámina tectónica del Para-Autóctono y de su autóctono en el área de Chantada (Galicia, NO de España)».

[14] Masa rocosa aislada que resta, tras unha importante erosión, de unha unidade alóctona (manto de corrimento ou lámina cabalgante) e que queda rodeada por afloramentos da unidade autóctona.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: