01-02-2021
Trátase de un documento en letra cortesana do ano 1495, xa moi avolucionada a letra procesal, en que os Reis Católicos comisionan ao bachiller Miguel Alvarez de Ocaña, corrixidor de Ponferrada, sobre que na vila de Chantada, posesión do marqués de Astorga, algunhas persoas particulares ocuparon parte dos seus termos:
A letra cortesana naceu a principios do século XV e desenvolveuse en tempos dos Reis Católicos ata o final do seu reinado, en que evolucionou a letra “procesal”, que algúns autores chaman “dexeneración” da forma de escribir.
A letra cortesana era unha letra apretada, miúda e enredada, con abundantes unións entre elas e que envolvía un bo número das súas letras:
A letra procesal era unha letra dexenerada con tendencia de unir as palabras dentro de cada parágrafo:
Tanto a letra cortesana como a procesal son moi difíciles de ler para personas que non estén acostumbradas. A cortesana usa abundantes abreviaturas e non ten separadas as palabras con regularidade, mentras que aprocesal presenta a letra máis grande e encadenada, como se o amanuense no levantase a pluma do papel.
O meu coñecemento de paleografía é bastante limitado polo que son consciente de que a transcripción deste documento ten moitas lagoas. Se alguén quere propoñer algunha mellora que o faga por medio dun comentario ó pe da páxina INICIO/DESCRIPCIÓN DO SITIO. Gracias.