27-11-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE O RIBEIRO:
Antes de entrar a analizar a Terra do Ribeiro durante o Antigo Réxime (séculos XVI- XVIII) convén ter unha visión sequera xeral do territorio galego naquela época ver Antigo Réximen .
Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio do Ribeiro tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Arnoya, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia). O motivo é que se representamos directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:
A comarca do Ribeiro estaba situada na zona meridional da rexión galega e pertenecía á antigua provincia de Ourense. Comprendía 18 xurisdicións e seis cotos redondos, que sumaban en conxunto una superficie de 406 Km2. As xurisdiccións de Avión e Melón eran as máis extensas xa que superaban os 50 Km2. (5.000 Has.), mentras que as de Beade, Maside, Astariz, Gomariz, Torre de Portela de Limia, coto de Merens, coto de Prado de Miño, coto da Louredo e coto de Vide de Miño as mais pequenas, por non exceder das 500 Has.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
AVION | 91 |
MELON | 66 |
VEGA Y CARBALLEDA | 40 |
PUENTE CASTRELO | 27 |
REFOJOS | 22 |
ARNOYA | 21 |
ROUCOS | 18 |
RIBADAVIA | 16 |
COUSO | 16 |
CASTRO CABADOSO | 16 |
SANDE | 13 |
COTO DE RUBILLON | 13 |
SAN CLODIO DEL RIBERO | 8 |
CAMPO REDONDO | 8 |
COTO DE BEYRO | 6 |
BEADE | 5 |
MASIDE | 5 |
COTO DE MERENS | 3 |
COTO DE PRADO DEL MIÑO | 3 |
ASTARIZ | 3 |
GOMARIZ | 2 |
COTO DE LOUREDO | 2 |
COTO DE VIDE DEL MIÑO | 1 |
TORRE DE PORTELA DE LIMIA | 1 |
TOTAL | 406 |


OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DO RIBEIRO:
A máis grande parte dos dominios señoriales da Terra do Ribeiro correspondía á nobleza titulada, que ocupaba o 58% do territorio, seguido por o clero regular co 38%, e a maior distancia por o clero secular (2%) e as órdenes militares (1%):
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
NOBLEZA TITULADA | 40 | 237 | 58 |
CLERO REGULAR | 18 | 156 | 38 |
CLERO SECULAR | 3 | 8 | 2 |
ORDENES MILITARES | 2 | 5 | 1 |
TOTAL | 63 | 406 | 100 |
Os maiores posuidores eran o conde de Ribadavia, que controlaba o 48% do territorio, seguido por o mosteiro de Melón co 19%, e o mosteiro de Celanova co 14%. Con menos de 100 Has. existían varios dominios controlados por o instituciós do clero ou da nobleza rexional:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CONDE DE RIBADAVIA | 29 | 193 | 48 |
MONASTERIO DE MELON | 5 | 79 | 19 |
MONASTERIO DE CELANOVA | 6 | 56 | 14 |
CONDE DE MONTERREY | 5 | 27 | 7 |
CONDE DE FEFIÑANES | 3 | 9 | 2 |
MONASTERIO DE SAN MARTIN | 2 | 8 | 2 |
MONASTERIO DE SAN CLODIO | 3 | 8 | 2 |
CONDE DE LEMOS | 2 | 6 | 1 |
ENCOMIENDA DE BEADE | 2 | 5 | 1 |
SEMINARIO DE VIVERO | 1 | 4 | 1 |
CABILDO DE ORENSE | 2 | 4 | 1 |
MONASTERIO DE OSEIRA | 1 | 3 | 1 |
MONASTERIO DE SOBRADO | 1 | 2 | 0 |
MARQUES DE MALPICA | 1 | 2 | 0 |
TOTALES | 63 | 406 | 100 |

Por estamentos, a NOBLEZA TITULADA controlaba a maior parte do territorio do Ribeiro, co 58%, con 237 Km2. en 40 feligresías. O seu máximo representante era o conde de Ribadavia, que exercía a sua xutisdicción sobre 193 Km2. e 29 feligresías da comarca do Ribeiro. O seu dominio abarcaba as terras de Avión (7 feligresías); as feligresías Couso e Lamas (compartida co mosteiro de Acebeiro e o marqués de la Sierra) na xurisdicción de Castro Cabadoso (concello actual de Leiro); a feligresía de A Barca na xurisdicción de Maside (actual concello de Cenlle); a vila e xirusdicción de Ribadavia; a xurisdicción de Roucos (actual concello de Cenlle e parte do de Ribadavia) e finalmente sobre a xurisdicción de «Vega y Carballeda» (actuales concellos de Beade, Carballeda de Avia, Leiro e Ribadavia). Seguíalle o conde de Monterrey con dominio sobre 27Km2. e 5 feligresías da xurisdicción de Puente Castrelo, estando a feligresía de Ventosela compartida co marqués de Castelar; o conde de Fefiñanes sobre 900 Has. do coto de Merens (actual concello de Cortegada) e, compartido co mosteiro de San Martín, duas feligresías da xurisdicción de Campo Redondo; o conde de Lemos sobre 600 Has da feligresía de Serantes (parte da xurisdicción de Castro Cabadoso, actual concello de Leiro) e feligresía de Cortegada, na xurisdicción de Portela de Limia. Finalmente, o marqués de Malpica exercía sobre 200 Has. do coto de Louredo, no actual concello de Cortegada.

O CLERO REGULAR tiña xurisdicción sobre o 38% do territorio, con 156 Km2. de extensión e 18 feligresías. O mosteiro de Melón controlana 79 Km2. e 5 feligresías da sua propia xurisdicción (actuales concellos de Melón e Carballeda de Avia); o mosteiro de Celanova 56 Km2. sobre 6 feligresías da xurisdicción de Refojos (actual concello de Cortegada), na feligresía e xurisdicción de Arnoya e na xurisdicción de Sande (Castrelo de Miño), niste caso compartido co conde de Troncoso; o mosteiro de San Martín tiña xurisdicción sobre o coto de Beiro e a xurisdicción de Gomaríz (800 Has. e duas feligresías); o mosteiro de San Clodio, 800 Has. e 3 feligresías na sua xurisdicción de San Clodio (actual concello de Leiro); o mosteiro de Oseira exercía sobre 300 Has. do seu coto de Prado (actual concello de Castrelo de Miño) e, finalmente, o mosteiro de Sobrado sobre 200 Has. da xurisdicción de Gomaríz (actual concello de Leiro).
O CLERO SECULAR controlaba o 2% do territorio, con un total de 800 Has. e 3 feligresías. Os seus principales representantes eran o seminario de Vivero, con xurisdicción sobre 400 Has. da feligresía de Laias (xurisdicción de Maside) e o cabildo de Orense, tamén sobre 400 Has. do coto de Vide de Miño e da xurisdicción de Astaríz (actual concello de Castrelo de Miño).
AS ORDENES MILITARES estaban representadas por a encomienda de Beade, da orden militar de San Juan de Jerusalén, que exercía o seu dominio sobre unhas 500 Has. da xurisdicción de Beade (a cabalo entre os dous actuales concellos de Beade e Carballeda de Avia).
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.