O GRANDE DE ESPAÑA MÁIS PEQUENO.

Banco de España: Vidrieira da escaleira de honor (pinche na imaxe para ampliar).

Onte, visitando o Banco de España, coñecín o retrato do Grande de España máis pequeno, como así o denominou o xornal ABC no seu suplemento cultural do día 22-4-2014. Se trata nada menos que do retrato pintado por Goya a don Joaquín Osorio de Moscoso Guzmán (1756-1816), marqués de Astorga, conde de Altamira, duque de Sanlúcar la Mayor, de Atrisco, de Medina das Torres, deSessa, de Baena, conde de Monteagudo de Mendoza, de Lodosa, de Chantada, etc., etc.

Maqueta do Banco de España.

Un dos home máis ricos de España da época (finais do signo XVIII). Un dos fundadores e gobernador do Banco de España, entón denominado banco de San Carlos, pero que, paradoxalmente, foi un dos homes máis pequenos en estatura. Contan en ABC que para o político inglés Henry Richard Vassall-Foxo marqués de Astorga era «o home máis pequeno que vin en sociedade, menor que os ananos aos que se exhiben por diñeiro». Quizais fose este o motivo polo que Goya intentou corrixir a estatura do personaxe sentándoo nunha cadeira para ser retratado. Pero a altura desproporcionada da mesa delatábao:

Goya: O Marqués de Astorga-Conde de Altamira era tamén conde de Chantada.

A nós interésanos máis que a altura física a altura moral dos personaxes e o que poida representar. Hai que recordar que a dinastía do marquesado de Astorga se estableceu na nosa bisbarra dende idade media como titular absoluto das terras de Chantada, e que non abandonou ata a supresión das xurisdicións, xa ben entrado o século XIX. Así como a mesa pintada por Goya delata a escasa altitude física do personaxe, a súa altura moral delátaa o único símbolo do señorío da casa de Astorga que se conserva na vila. O único xesto altruísta que se coñece do marquesado de Astorga é a doazón dunha custodia que se aínda se conserva na igrexa parroquial da vila. Dicía o meu admirado veciño Seijas Vazquez, que nin sequera un labor cultural, unha escola, un hospital, unha fundación ou calquera outro xesto altruísta que axudase a saír do burato en que se encontraba o noso pobo a finais do signlo XVIII. Un xesto de carácter social por mínimo que fose dignificaría a súa presenza na nosa terra e máis tendo en conta que economicamente non significaría absolutamente nada para o seu inxente patrimonio. Por iso só nos queda o recordo amargo da doazón da custodia como símbolo da opresión e o despotismo daquela época. O mesmo que a mesa do retrato de Goya simboliza a súa escasa altura física.

Banco de España.- A escaleira de honor, de mármol de Carrara.

Enlaces: Banco de España