O Salnés, Terra de

25-11-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE O SALNÉS:

Imos analizar aquí a Terra de O Salnés durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Ribadumia, Meis, Meaño, Sanxenxo e o Grove). O motivo é que se representamos directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:

Salnes

A comarca do Salnés estaba situada na zona costeira occidental da rexión galega e pertenecía á antigua provincia de Santiago. Comprendía 10  xurisdicións e un coto redondo, que sumaban en conxunto una superficie de 260 Km2., sendo a xurisdicción de a Lanzada a máis extensa por superar os 120 Km2. de extención e as de Rubianes, coto redondo de Simes, Sobrán, Isla de Arosa e Carril as mais pequenas, por non exceder das 700 Has.:

XURISDICCIÓN SUP. KM2
LANZADA 120
VILLANUEBA DE AROSA 58
FEFIÑANES 24
SAN TOME DO MAR 21
CAMBADOS 18
VILLA GARCIA 10
RUBIANES 7
SOBRAN 6
SIMES 6
ISLA DE AROSA 6
CARRIL 4
TOTAL 280
Salnes_jur_diss
As xurisdiccións da Terra do Salnés durante o Antiguo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DO SALNÉS:

A máis grande parte dos dominios señoriales (ver señorío) da Terra do Salnés correspondía ó clero secular, que ocupaba o 66% do seu territorio, seguido a por a nobleza titulada co 31%, finalizando cos dominios do clero regular, co 4%:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
CLERO SECULAR 31 182 65
NOBLEZA TITULADA 22 86 31
CLERO REGULAR 2 12 4
TOTAL 55 280 100

Como era habitual na antigua provincia de Santiago, o maior posuidor era o arzobispo de Santiago, que co 65% do territorio, erexíase no único representante do estamento do clero secular. Seguíalle o conde de Fefiñanes co 9%, o marqués de Monte Sacro co 8%, o conde de Monterrey co 6%, o marqués de Villa Garcia co 6%, o mosteiro de San Martín co 2%, o mosteiro de Poyo co 2%, e finalmente o condo de Maceda co 2% restante:

SEÑORÍO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
ARZOBISPO DE SANTIAGO 31 182 65
CONDE DE FEFIÑANES 6 24 9
MARQUES DE MONTE SACRO 4 21 8
CONDE DE MONTERREY 4 18 6
MARQUES DE VILLA GARCIA 7 17 6
MONASTERIO DE SAN MARTIN 1 6 2
MONASTERIO DE POYO 1 6 2
CONDE DE MACEDA 1 6 2
TOTALES 55 280 100

 

Por estamentos, xa dixemos que aparece de novo como representantes do CLERO REGULAR o arzobispo de Santiago, que exercía a sua autoridade sobre 31 feligresías das xurisdicciós de Carril (compartida co conde del Grajal), A Lanzada (ca feligresía de Armenteira compartida co mosteiro do mismo nome, a de Vilallonga co duque Patiño e a de Dorrón con Don Juan Mendez) e Villanueva de Arosa (a feligresía de Lois compartida con Don Antonio Troncoso e a de Cea cos seus veciños), que sumaban un total de 182 Km2., e que equivalían ó 65% da superficie da comarca.

Salnes_sen_diss

A NOBLEZA TITULADA, controlaba o 31% do territorio, con unha superficie de 8.600 Has. e 22 feligresías. Estaba representada en primeiro lugar por o conde de Fefiñanes, señor directo de seis feligresías do dominio da xurisdicción do seo propio nome (9% do territorio e 2.400 Has.). Seguíalle o marqués de Monte Sacro, que exercía o seu dominio sobre o 8% do territorio, con 2.100 Has. e catro feligresías da xurisdicción de San Tomé do Mar (actuais concellos de Meis, Vilanova e Ribadumia). O conde de Monterrey exercía o seu dominio sobre o 7% do territorio, con unha superficie de 1.800 Has. e 4 feligresías situadas na vila e xurisdicción de Cambados (actuais concellos de Cambados e Meis). O marqués de Villa García seguíalles en relevancia xa que controlaba o 6% do territorio con 1.700 Has. e 7 feligresías nas xurisdicción de Rubianes e a vila e xurisdicción de Villa Garcia (actuais concellos de Ribadumia e Vilagarcía), pero no caso da capital compartindo o seu dominio co marqués de la Sierra. Finalmente, o conde de Maceda exercía sobre o 2% do territorio, con 600 Has. na feligresía e xurisdicción de Sobrán (actual concello de Vilagarcía).

O CLERO REGULAR tiña como único representantes o mosteiro de Poyo, señor do coto redondo de Simes, de 600 Has. de superficie, e sito no actual concello de Meaño, e o mosteiro de San Martín, señor xurisdiccional das 600 Has. de superficie da Illa de Arousa.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: