BUSCANDO O ORIXE DE SANTA EUGENIA DE ASMA

16-02-2022

Todo invita a pensar que, como a maioría das parroquias galegas, o orixe da parroquia Santa Eugenia hay que situalo no Baixo imperio romano, en torno o século V, onde xa había cristiáns entre os habitantes dos castros romanizados, como parece ser o caso de Santa Eugenia, que polo seu carácter estratéxico dominaba o val do río Asma, lugar por onde discorría a vía romana de Aquis Querquennis a Lucus Augusti.

A situación estratéxica do castro de Santa Eugenia permitía ás lexiós romanas controlar a importante vía Aquis Querquennis-Lucus Augusti no seu percorrido por o val do Asma.

Na Alta Idade Media non temos referencia á nosa parroquia, e tampouco no “parroquial suevo” nin nos vellos documentos do “Tumbo de Lugo”. Con todo, é nesta época cando aparecen os primeiros lugares de culto situados en áreas rurais ainda que o seu territorio non diferise da antiga división administrativa romana.

Non será hasta o século XIII cando Santa Eugenia apareza por primeira vez ligada ó Mosteiro de Oseira. O Tumbo Vello de Oseira ver contén todos os privilexios realis e pontificios dos séculos XII e XIII, e todos os bens, foros e rentas do mosteiro dos séculos XIV e XV, entre eles os da “maiordomía” de Santa Eugenia.

A referencia directa máis antigua aparece nun distes privilegios, cando o rei Sancho IV o Bravo otorga ó mosteiro na era de 1328 (ano 1290), o privilexio de poñer merinos nos seus cotos e “cota” a freguesía de Santa Eugenia de Asma según a donou ó dito mosteriro Don Rodrigo Gómez de Deza “que ponga merinos en los sus cotos et los sus lugares según an acostumbrado de los poner: y que usen del merindazgo como an fato ata aquí. Et outrossi por les fazer mas bien et mas merced cotamos les la flegresia de sta Ougea de Asma que la ayan por coto y que la usem del según que facia don Rodrigo gomez de deça quando sela dio”.

Este documento aclara, según Fray Tomás de Peralta na sua obra “Fundación, Antigüedad y Progresos del Real Monasterio de Ossera” (1677), que fundamentalmente se trataba dunha ley de Don Alfonso X o Sabio que prohibía adquirir máis xurisdiccións sin expresa licencia e consentimento real.

Pero o máis importante para nós é que identifica a Don Rodrigo Gómez de Deza como o señor de Santa Eugenia antes da sua donación ó Monteiro.

Sobre a identidade do doante non sabemos gran cousa, mais que ó parecer era según Peralta o señor do castelo de Benquerencia, situado xunto ó Fojo de Deza, na terra do mismo nome, e que, según un estudio xenealóxico de José Luis Lamigueiro, Rodrigo Gómez de Deza (Rodericus Gomecii de Deza) “Manda con su mujer en 1242 todos sus bienes, heredades, y cotos a Oseira por no tener hijos vivos encomendando sus almas y la de su hijo difunto Pedro Rodríguez.”

O caso é que co privilexio do rei Sancho IV o Monteiro de Oseira adquiría todo o poder señorial e administrativo sobre Santa Uxía de Asma, que perduraría hasta principios do seculo XIX, momento en que tuvo lugar a abolición dos señoríos e a creación dos novos partidos xudiciales.

Por outra parte, o patronazgo da igrexa de Santa Eugenia pasou tamén por varias vicisitudes xa que, seguindo igualmente a Peralta, foy usurpada por o abade de Oseira Don Suero de Oca a finais do século XVI para entregar ós seus parentes “fue también mucho lo que Don Suero dio a sus parientes, aun hoy presentan el beneficio de Santa Eugea de Asma, que sin duda era del monasterio”.

Naquela época, os señores deste apelido (Suero de Oca), eran donos do coto de Celme, a dúas leguas de distancia de Allariz, onde tiñan o seu antigo solar  “casa noble, y entre las primeras del Reyno, y en ella era legítimo Don Fray Suero”, según o dito autor.

En 1748, na toma de posesión do cura Don Bonifacio Antonio Martínez, esta parroquia e a de Santa Cruz de Viana -o seu anexo- continuaban, según Gonzalo Fraga,  sendo de presentación do conde de Moctezuma e marqués de Tenebrón, do mismo linaxe dos Suero de Oca.

Todo parece confirmar que o direito de presentación de estas duas parroquias pasou ós marqueses de Valladares cando os Sarmiento de Valladares emparentaron coa condesa de Moctezuma, e máis tarde definitivamente a través do linaxe dos Montenegro no momento en que a finais do seculo XVIII  incorporaron por sentencia o Morgado de Celme, que entón ostentaba a xurisdicción de Muradelle e Viana (Santa Cruz), e a titularidade dos forales de Adá, Furco Fente e Forjas.

Hay que sinalar que durante todo este tempo o mosteiro de Oseira exercía a sua xurisdicción non solo sobre Santa Eugenia, sinon tamén sobre unha importante extensión de territorio no interior de Galicia, que comprendía a gran parte do Noroeste da provincia de Ourense e do Sur-Oeste da de Lugo, ademáis do porto de Marín, sin contar as posesiós territoriais das cales o mosteiro tiña o dominio directo das mismas, tuvesen ou non prestaciós de tipo señorial.

FONTES:

López Alsina, Fernando.- Da protoparroquia ou parroquia antiga altomedieval á parroquia clásica en Galicia. Xunta de Galicia.

Castro Pérez, Felipe.- A Casa de Valladares (2004).

Fraga Vázquez, Gonzalo.- O Arciprestazgo de Chantada.- Lvcensia (2006).

Peralta, Tomás de.- Fundación, antigüedad y progressos del Real Monasterio de Ossera (1677).

Gallego Domínguez, Olga.- El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.

Censo de Floridablanca (1785).

Rodríguez Suárez, María del Pilar.- Los Tumbos administrativos del monasterio de Oseira en la Edad Media.- Universidade de Santiago de Compostela.

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: