3-12-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE CALDELAS:
Imos analizar aquí a Terra de Caldelas durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas e Montederramo). O motivo é que se representamos individualmente as xurisdiccións, ou en circunscripciós máis pequenas, resultarían moito máis difíciles de comprender dado o seu número tan elevado, e a sua irregularidade e dispersión do seu territorio:
A terra de Caldelas estaba situada na parte sur-oriental da rexión galega e pertenecía durante o Antiguo Réximen á antigua provincia de Ourense. Comprendía 4 xurisdicións e 2 cotos redondos, que sumaban en conxunto una superficie de 312 Km2. As xurisdiccións de Castro Caldelas e Monte de Ramo eran as máis extensas xa que superaban os 100 Km2. (10.000 Has.), mentras que a de Junquera de Espadañedo e os cotos de Villariño Frío e «San Lorenzo y Vil» non superaban as 900 Has.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
CASTRO DE CALDELAS | 153 |
MONTE DE RAMO | 106 |
SANTA CRISTINA RIBAS | 36 |
JUNQUERA DE ESPADAÑEDO | 9 |
VILLARIÑO FRIO | 6 |
SAN LORENZO Y VIL | 2 |
TOTAL | 312 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE CALDELAS:
Pódese decir que a nobleza titulada e o clero regular repartíanse os dominios señoriales (ver máis) na terra de Caldelas. A primeira controlaba o 49% do territorio e o clero regular o 48%, mentras que o 3% restante repartíano a fidalguía e as órdenes militares:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
NOBLEZA TITULADA | 28 | 153 | 49 |
CLERO REGULAR | 16 | 151 | 48 |
HIDALGUIA | 1 | 6 | 2 |
ORDENES MILITARES | 1 | 2 | 1 |
TOTAL | 46 | 312 | 100 |
Na lista de maiores posuidores encontramos en primeiro lugar ó conde de Lemos señor xurisdiccional do 49% do territorio. Seguíalle o mosteiro de Montederramo co 34% e o mosteiro de San Estevan co 12%. Nos últimos lugares aparecían o mosteiro de Junquera de Espadañedo (3%), Don Antonio del Villar (2%) e a encomienda de Quiroga (1%):
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CONDE DE LEMOS | 28 | 153 | 49 |
MONASTERIO DE MONTE DE RAMO | 11 | 106 | 34 |
MONASTERIO DE SAN ESTEVAN | 4 | 36 | 12 |
MONASTERIO DE JUNQUERA DE ESPADAÑEDO | 1 | 9 | 3 |
DON ANTONIO DEL VILLAR | 1 | 6 | 2 |
ENCOMIENDA DE QUIROGA | 1 | 2 | 1 |
TOTALES | 46 | 312 | 100 |

Por estamentos a NOBLEZA TITULADA tiña como único representante ó conde de Lemos, que exercía o seu dominio sobre cerca da mitade do territorio de Caldelas, concretamente sonre o 49% da sua superficie, que totalizaba 153 Km2. de 28 feligresías da xurisdicción da vila e xurisdicción de Castro Caldelas.
O CLERO REGULAR controlaba o 48% do territorio, que totalizaba 151 Km2. de 16 feligresías. Estaba representado por o mosteiro de Monte de Ramo que exercía o seu dominio sobre 10.600 Has. da xurisdicción de Monte de Ramo; o mosteiro de San Estevan sobre 3.600 Has. da xurisdicción de Santa Cristina de Ribas de Sil; por último, o mosteiro de Junquera de Espadañedo controlaba a feligresía de As Chas, da xurisdicción de Espadañedo, que totalizaba 900 Has. de superficie.
A FIDALGUÍA tiña como único representante a Don Antonio del Villar, señor do coto de Villariño Frío (actual concello de Montederramo), con unha extensión de 600 Has.
AS ORDENES MILITARES exercían o seu dominio por medio da encomienda de Quiroga, que controlaba 200 Has. do coto de San Lorenzo y Vil (actual concello de Parada de Sil).
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.