30-1-2016
Ante o meu descoñecemento da nova situación política en Galicia, ben sea por a miña inorancia ou porque os xornales non dan as noticias con esa capacidade de síntese que se precisa, non dudéi en pedirlle asesoramento a miña irmá Rosa. A resposta que me deu é para mín tan clara que lle pedín permiso para aloxala niste blog por si a alguén máis lle poidera interesar.
Pregunta:
Rochi, pódesme explicar cómo está ahora a situación da ezquerda en Galicia. O Bloque (na lista con UPG comunista) aliado con En Marea (con Podemos e Izquierda Unida) e por outro lado Anova (escindida do Bloque). ¿E Así? Qué pasou En Marea que parece que se matan entre eles, por qué?
Resposta:
Os que se matan entre eles son os do Bloque… Está a UPG e outros sectores que son partidarios de unirse ás Mareas para as próximas autonómicas (outono 2016). Nas xerais non quixeron unirse ás Mareas, porque iban con Podemos (e non sacaron nada).
Despois están os de Anova, que son os de Beiras (escindidos do Bloque hai moito tempo), que para as anteriores autonómicas uníronse a EU (Esquerda Unida) e formaron AGE (Alternativa Galega de Esquerdas), que foron unha sorpresa e sacaron 17 deputados autonómicos. Dentro deles formouse unha escisión que se chama CERNE.
Nas últimas municipais empezaron As Mareas, formadas sobre todo por xente de Anova, Esquerda Unida, Asambleas Cidadás, etc… Son os que están nos concellos de Coruña, Ferrol e Santiago. E son os que nas últimas xerais se convertiron en segunda forza en Galicia, por diante do PSdeG/PSOE.
E despois está o PSdeG/PSOE, que vai decaendo, aínda que conseguíu as Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra (apoiados polas Mareas e o BNG, como en moitos concellos). O secretario xeral (Besteiro) está imputado/investigado.
Para as próximas autonómicas, que serán en outono (igual se adiantan) sería de esperar que se uniran o Bloque, AGE, As Mareas e Podemos.
Os de Podemos de Galicia tamén están un pouco pelexados porque o secretario xeral (Breogán Riobóo, que antes era das xuventudes do Bloque) cesou a toda a cúpula. A veces di cousas que logo desminten Pablo Iglesias e Íñigo Errejón. Están bastante verdes.
Enlaces:
02-02-2020 La izquierda rupturista quiere reinventarse.
26-12-2018 Os alcaldes, xunto con Podemos, Anova e Esquerda Unida, perden frente a Luís Villares.
24-12-2018 Crise en As Mareas.- Situación a día de hoxe.
3-2-2016 El Bloque admite el «fracaso» de su plan para ampliar el proyecto nacionalista.
9-2-2016 Yolanda Díaz: «No soy diputada ni de IU ni de Podemos, lo soy de En Marea»
10-2-2016 Podemos acelera las primarias para recomponerse de cara a las gallegas.
13-2-2016 El líder destituído de Podemos Galicia se niega a dejar el cargo.
8-5-2016 EU y Podemos se alían en el cerco a Beiras
13-8-2016 Podemos y En Marea compartirán primarias
16-8-2016 Llegó el comandante de Podemos y mandó parar
19-8-2016 As primarias das Mareas galegas 2016
19-8-2016 Guía para entender o que pasa entre En Marea e Podemos.
20-8-2016 Las listas provinciales de las Mareas