Betanzos (Provincia) no Antiguo Réximen

Xunto ca antigua provincia de A Coruña e a parte setentrional da de Santiago, a antigua provincia de Betanzos contribuio a configurar a actual provincia de A Coruña.

Betanzos_contorno

A maior proporción de territorio sometido ó réximen señorial na antiga provincia de Betanzos corresponde á Nobleza Titulada (48%).

Betanzos_estam

Síguenlle as xurisdicciós de Realengo e Clero Regular, con unha proporción mui similar, en torno ó 18%. A Fidalguía e o Clero Secular quedan  muiu relegados ó acaparar sólo o 10% e o 7% do ámbito territorial da provincia de Betanzos (ver cuadro).

DOMINIO FELIGRESÍA HECTÁREAS %
NOBLEZA TITULADA 137 120.336 47,86
REALENGO 74 44.931 17,87
CLERO REGULAR 24 44.899 17,86
HIDALGUIA 26 24.289 9,66
CLERO SECULAR 12 16.966 6,75
TOTALES 273 251.421 100,00

A nobleza titulada, co 48% do territorio, exerce o dominio sobre a maior parte do territorio da antigua provincia de Betanzos. A sua área natural de expansión era o norte da provincia, ocupando as antiguas xurisdicciós de Santa Marta de Ortigueira, As Postes de García Rodríguez, Cedeira e Puentedeume. Ortigueira (27 freguesías e 26.000 Has. de extensión) era o feudo da Marquesa de Astorga, sendo  As Pontes (8 freguesías e 19.000 Has. de extensión), Cedeira (15 freguesías e 16.000 HS.) e Puentedeume (29 freguesías e 11.000 Has.) do Conde de Lemos.

Foto:

O Realengo ocupa ó segundo lugar entre as sete provincias galegas, o que significa que o 18% do territorio provincial -sólo supreado por A Coruña con un 32%- está libre de direitos señoriales.  A presencia dos dominios de realengo faise patente nas xurisdicciós de Betanzos, en torno a capital desta provincia, na de Caaveiro e na de Ferrol, sendo a capital de Betanzos e a cidade de Ferrol tamén de realengo.

O Clero Regular ocupaba o 18% do territorio provincial, e situábase ó mismo nivel co Realengo gracias ós dominios dos dous grandes mosteiros de Sobrado (12 freguesías e 22.000 Has. de territorio dependiente)  e Monfero (6 freguesías e 20.000 Has), sendo a súa area de ocupación o sureste da provincia, raiando ca antiga provincia de Lugo.

No estamento do Cleso Secular, 17.000 Has. e 12 freguesías, destacaba o Cabildo de Santiago, que dispoñía de catro importantes xurisdiccións: o enclave de Arbol, situado no interior da provincia de Lugo, pero tamén en Muniferral (Aranga), Ares e Abegondo, sumando en conxunto 10 freguesías e 12.000 Has.

Por último, a fidalguía, con 11 titulares que exercían o seo dominio sobre pequenas xurisdicciós -a maior non pasaba de 5.000 Has.- sitas no centro s sur da provincia, dominaba sobre un total de 26 freguesías que ocupaban o 10% do territorio.

Enlaces:

Betanzos

Eume

Ferrol

Ortegal

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: