O parroquial suevo

Os «condados» do Parroquial suevo ou «Divisio Teodomiri»

Según o propio documento, fechado na era 607 (ano 559), no tempo dos suevos, celebrouse en Lugo un Concilio. As Actas orixinales perdéronse e sólo se conservóu unha copia publicada a fináis do século XVI por Loaysa. Iste autor dí que recibiuna do bispo de Lugo e que a forza da súa autoridade foi a que moveuno a dala ó público (Flores, España Sagrada). Outra copia do Parroquial Suevo podémola atopar na documentación do obispo Pelayo de Oviedo.

 «Tempore Suevorum, sub Era 607, die Kalendarum Januarii, Teodomirus Princips idem Suevorum, Concilio in Civitate Lucus fieri praecepit…»

A parte histórica diste documento, continuamos seguindo ó padre Flores, é que despóis de convertidos os suevos á fé por a predicación de San Martiño Dumiense, mandóu o rei Teodomiro que se tivese un concilio na cidade de Lugo para que, entre outras cousas, se confirmase a relixión católica. Acabado o concílio envióu o rei ós obispos unha carta na que se propoñía que, sendo tan dilatado o seu reino, non había o correspondente número de obispos, o que traía grandes problemas por non poder os prelados «visitar anualmente as súas ovellas». Esto, unido a que en tan grande espacio -Galicia extendíase naquil tempo entre o Cantábrico e o Texo-  sólo había unha metrópoli -Braga-, era grave molestia para os obispos concurrir ó concilio cada ano. Estas razós motivaron que se crease unha metrópoli en Lugo, por ser Lugo o sitio máis adecuado para poder concurrir os obispos do norte de Galicia.

 «Ad Lucensem Luco Civitas cum adjacentia sua, quam tenent Comites XI una cum Cairoga, Lemos, et Cavarcos».

Polémica é esta escritura, non sólo por a sua natureza, no senso de dubidarse se se trata de unha Acta ou un Concilio, se non tamén por o séu contido. O padre Flores dí que non é do tempo dos suevos como se indica na escritura, senon muy posterior, porque no tempo dos suevos non se emprencipiaban así os documentos «Tempore suevorum…» e por ser as fórmulas diste tipo as que usarían despóis. O mismo cando se fala daquil tempo en pasado e non en presente (que sería o normal), xa que utilizan era ou había en lugar de es o hay.

Os historidores actuais como P. David din que se trata dun texto antigo, anque con interpolaciós. Según David, ninguén no século XII por exemplo sabía como eran as parroquias no século VI, e que si fose posterior tampouco o falsificador estaría familiarizado cas comunidás eclesiásticas suevas («ecclesias que sunt intro Britones»). Xustifícao tamén no uso de topónimos que coinciden cos que aparecen nas cecas suevas e visigodas.

O feito de que aparezan os 11 condados no Parroquial Suevo demostra que se trata de unha interpolación clara(1), xa que iste tipo de demarcaciós -os condados- non existían no tempo dos suevos. A interpolación fíxose probavlemente no século XII cando a febre acaparadora de terras era máis intensa.  Istes condados foran doados falsamente por os reis asturianos á sede de Oviedo, recibindo a cambio Lugo as sedes de Braga e Ourense, en poder dos musulmás. Cando estas sedes se recuperaran, os 11 condados serían devoltos a Lugo.

A restauración da sede de Braga prodúcese no ano 1.070, e no 1.099 recupera o seu rango metropolitano. Por as razós indicadas máis arriba, algúns autores como Novo Guitián creen que iste é precisamente o momento en que se produce a interpolación dos once condados no Parroquial Suevo.

(1) Según José Carbajal Sobral na sua tesis doctoral «Los Concilios de Braga en los siglos VI y VII, reflejo de la vida en la Gallaecia de la época» (1999), estas serían as “ecclesias” que comprendería a diócesis de Lugo: VIII. 1. Ad Lucendum Luco civitas cum adjacentia sua quam tenent comites undecim, una cum: 2 Carioca 3 Sevios 4 Cavarcos Montenigro,Parraga,Latra,Azumara,Segios,Tria vada,Pogonti,Salvaterra,Monterroso,Doria,Deza,Colea.

Deja un comentario