Pontevedra, Terra de

 

05-11-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE PONTEVEDRA NO ANTIGUO RÉXIMEN:

Imos analizar a situación administrativa das Terras de Pontevedra durante o Antigo Réximen (séculos XVI-XVIII). Non se trata da provincia de Pontevedra, que naquela época ainda non existía como tal provincia, sinon do territorio que ven a coincidir coa moderna comarca oficial de Pontevedra (concellos de Campo Lameiro, Barro, Pontevedra, Poio, Cotobade, A Lama, Vilaboa e Ponte-Caldelas):

Pontevedra

Comprendía a Terra de Pontevedra 12 xurisdicións (+info), que ocupaban unha superficie total de 619 Km2, sendo as de maior extensión Pontevedra, Cotovad e Caldebergazo, que superaban os 100 Km2. (10.000 Has. de superficie), e a menor a xurisdicción da Lanzada que nunha pequena parte quedaba incluida na comarca de Pontevedra, ver  https://eirexe.es/galicia/:

JURISDICC SUP. KM2
PONTEVEDRA 141
COTOVAD 121
CALDEBERGAZO 101
JEVE 65
PEÑAFLOR 38
BAÑOS 38
SOTOMAYOR 29
COMBARRO 25
CAMPO Y FRAGAS 25
PUENTE SAN PAYO 15
MONTES 13
LANZADA 8
TOTAL 619

As terras de Pontevedra pertenecían entón á antigua provincia de Santiago, coa excepción de unha pequena parte do seu territorio (un 5%) que naquel tempo pertenecía a Tuy (parte septentrional da xurisdicción de Soutomayor, actualmente do concello de Ponte-Caldelas):

Pontevedra_jur_diss
As xurisdicciós da Terra de Pontevedra.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE PONTEVEDRA:

De toda a superficie do dominio señorial, o 55% pertenecía ó clero secular, o 34% á nobreza titulada  e o 11% restante á fidalguía:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
CLERO SECULAR 42 341 55
NOBLEZA TITULADA 24 213 34
HIDALGUIA 5 65 11
TOTALES 71 619 100

Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar o Arzobispo de Santiago, con dominio sobre máis de 34.000 Has., seguido por o duque de Sotomayor, sobre 15.000, Don Gaspar Bermúdez sobre 6.500, o conde de Grajal sobre 3.800 e, finalnente, o marqués de la Sierra sobre 2.500:

Pontevedra_sen_diss
Os dominios señoriales na Terra de Pontevedra.

Por estamentos, o único representante do cleso secular era o Arzobispo de Santiago, que controlaba o 55% do territorio (341 Km2.) e 42 freguesías. Os seus dominios extendíanse por as xurisdicciós de Baños (actual concello de Campo Lameiro), Caldebergazo (concellos de A Lama e parte de Ponte-Caldelas), Combarro (concello de Poio), Montes (feligresía de Caroi), dúas feligresías da xurisdicción de A Lanzada (Raxo e Samieira) e Pontevedra (concellos de Pontevedra, Vilaboa e parte de Ponte-Caldelas).

A nobleza titulada acaparaba o 34% do territorio, con 213 Km2. e 24 feligresías, sendo o máximo representante o duque de Sotomayor, con 150 Km2. (15.000 Has.) e 16 feligresías (xurisdicciós de Cotovad e a parte pontevedresa de Sotomayor), seguido do conde del Grajal, con 3.800 Has. e 6 feligresías na xurisdicción de Peñaflor (actual concello de Barro) e o marqués de La Sierra, con 2.500 Has. na xurisdicción de Campo y Fragas, con dúas feligresías, na de Fragas compartindo o señorío con Doña Joaquina Aldao.

A fidalguía exercía a súa xurisdicción sobre o 11% do territorio, con 6.500 Has. de territorio e 5 feligresías nos entornos de Xeve e Verducido. O seu único representante era Don Gaspar Bermúdez, señor da xurisdicción de Xeve (situada entre os actuais concellos de A Lama e Pontevedra).

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: