LUGO, TERRA DE

20-10-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE LUGO:

Imos analizar aquí a Terra de Lugo, que vén coincidir coa comarca moderna oficial. Non se trata por tanto da provincia de Lugo, que xa foi obxecto de estudo noutra parte desta Web (ver provincia de Lugo durante o Antigo Réximen), senón da terra ou comarca de Lugo.

Comprendía 35 xurisdicións e cotos redondos durante o Antigo Réxime (siglox XVI-XVIII), e ocupaba unha superficie total de 1.360 Km2. As xurisdicións de maior extensión as de Lugo e Aday (con 517 e 127 Km2. respectivamente), e as menores as de Sobrada de Aguiar, Villabad e Santa Eugea, que non excedían de 4 Km2. (400 Has.)

XURISDICCIÓN SUP.  KM2
LUGO 517
ADAY 127
OTERO DE REY 94
CASTRO VERDE 73
NARLA SAN PAYO 55
FRIOL 52
FERREYRA DE PALLARES 40
PUERTO MARIN SAN JUAN 38
TORREDEZ 36
TIERRA DE LA ORDEN 36
NODAR 28
MONTE CUBEYRO 27
MONTERROSO 27
NEYRA DE REY 26
NARLA SAN PEDRO 24
PUEBLA DE SAN JULIAN 22
TRASMONTE 13
ARGEMIL Y FONTEITA 12
MIRAZ 12
SAN MIGUEL DAS PENAS 10
CASTRO DE REY 9
PUERTO MARIN SAN PEDRO 8
CAVORRECELLE 8
AGUAS SANTAS 7
LEA 7
MANAN Y SAN FIZ 7
PARGA SAN BREJOME 6
CELA 6
RIOMOL 6
RECELLE 6
GUMIAN 6
SAN MARTIN DE OMBREIRO 5
SOBRADA DE AGUIAR 4
VILLABAD 4
SANTA EUGEA 2
TOTAL 1.360
Lugo_jur_diss
As xurisdiccións da Terra de Lugo

 

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE LUGO:

Do total da súa superficie, o 39% correspondía ó clero secular , o 31% á nobreza titulada ou alta nobreza, o 17% á fidalguía, e o resto (13% ) repartíase entre o clero regular, las ordes militares o o realengo.

DOMINIO NUM.PARR. SUP.KM2 %
CLERO SECULAR 90 525 39
NOBREZA TITULADA 94 419 31
FIDALGUIA 33 235 17
CLERO REGULAR 10 94 7
ORDENES MILITARES 12 81 6
REALENGO 1 6 0
TOTALES 240 1.360 100

No ránking de maiores posuidores figuraba en primeiro lugar o Bispo de Lugo, cunha superficie de 519 Km2, seguido polo Conde de Lemos (251 Km2.), o Conde de Altamira (68 Km2.), a Encoménda de Puertomarín (46 Km2.) e o Mosteiro de Samos (40 Km2.).

Lugo_sen_diss
Os señoríos surisdiccionales da Terra de Lugo

 

Dentro do clero secular o representante case exclusivo era o Bispo de Lugo co seu dominio sobre 89 freguesías, incluída a capital, que controlaba directamente os referidos 519 Km2., e compartía o dominio de seis freguesías con membros da fidalguía local. Ao Bispo de Lugo seguíalle o Cabildo de Santiago cunha presenza testemuñal sobre unha única freguesía (Recelle), cunha superficie dunhas 600 Has.

O 31% do territorio era controlado pola alta nobreza ou nobreza titulada, sendo o Conde de Lemos o maior representante (xurisdicións de Aday, Castro de Rey, Otero de Rey e Poboa de San Julián), seguido polo Conde de Altamira (Xurisdición de Castroverde), o Conde de Monterrey (sobre a parte lucense da xurisdición de Monterroso), o Marqués de Montádevos (xurisdición de Neira de Rey) e o Conde de Amarante (San Miguel dás Penas, Nodar e dúas freguesía más compartidas e situadas nas xurisdicións de Lugo e San Juan de Puertomarín).

Lugo_Friol_sen_diss
Os señoríos xurisdiccionales da Terra de Lugo.- Detalle do concello de Friol.

A fidalguía tiña unha representación bastante relevante, xa que exercía o seu dominio sobre o 17% do territorio, e comprendía 33 freguesías e 235 Km2., sendo os seus maiores representantes Don Antonio Ordóñez (xurisdición de San Payo de Narla) e Don Felipe Saavedra (Torredez e Miraz), Don Juan Losada (Friol e unha freguesía compartida  en San Juan de Puertomarín) e, por último, Dona Joaquina de Oca (San Pedro de Narla e Cela).

O clero regular estaba representado polo Mosteiro de Samos, con dominio sobre 6 freguesías e 4.000 Hectáreas da xurisdición de Ferreira de Pallares, seguíalle o convento de Santo Domingo de Lugo (con dúas freguesías de Monte Cubeyro de 2.700 Ha. de superficie), o monsterio de Sobrado (con unha freguesía compartida de 2.100 Has. na xurisdición de Nodar) e o mosteiro de Montederramo (soberanía compartida sobre a freguesía de Sabadelle da veciña xurisdición de Monterroso, de 600 Has).

Lugo_Castl_sen_diss
Os señoríos xurisdiccionales da Terra de Lugo.- Detalle dos concellos de O Corgo e Castroverde.

As ordénes militares ocupaban o 6% do territorio do territorio lucense, con dominio sobre 12 freguesías e unhas de 8.100 Has.de superficie, sendo a Encoménda de Puertomarín a que detentaba o principal dominio sobre seis freguesías (3.100 Has.) da xurisdición de San Juan de Puertomarín, así como sobre a de San Pedro de Puertomarín (unha freguesía e 800 Has.). Dicha encomenda compartía asímismo co Convento de Dominicas de Lugo o dominio sobre a xurisdición de Manán e San Fiz (600 Has.). As catro restantes freguesías (con 3.600 Has.) corespondían á xurisdición de Terra da Orde controlada polo Consello de Ordes.

Por último sinalar que, como no resto de Galicia, os dominios de realengo eran moi escasos limitándose, no caso da terra de Lugo, á xurisdición de San Bréjome de Parga, coa freguesía de San Payo de Seixón, de 600 Has.

Lugo_Puert_sen_diss
Os señoríos xurisdiccionales da Terra de Lugo.- Detalle do concello de Portomarín.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.

 

Anuncios
A %d blogueros les gusta esto: