Archivo de la categoría: Actualidade

HISTORIA DO FERROCARRIL EN GALICIA: A NOVA LIÑA AVE.

04-07-2015

Actualizada 08-05-2018

Unha recente viaxe no tren Alvia entre Madrid e Ourense deume a oportunidade de observar o adiantadas que se encontran as obras da nova LAV (Liña de Alta Velocidade) a Galicia, cuxa finalización está prevista para o ano 2018.

Iso levoume tamén a reflexionar e a documentarme sobre a difícil historia do ferrocarril en Galicia e a plasmar unha síntese da súa evolución nesta páxina.

En Galicia non se puxo en funcionamento o primeiro tren ata 1873, data en que se inaugura a liña Santiago-Carril: unha data moi tardía se temos en conta que na Inglaterra xa en 1830 se inaugurara a liña de viaxeiros entre Manchester e Liverpool, e que en España puxérase en marcha en 1848 a liña Barcelona-Mataró.

A partir daquela data, a construción de novas liñas foise facendo moi lentamente debido aos problemas técnicos que ocasionaban as dificultades orográficas do terreo galaico, o que agravou as dificultades financeiras que atravesaron as distintas empresas concesionarias da súa construción e explotación.

AS DISTINTAS ETAPAS DA CONSTRUCCIÓN DO FERROCARRIL A GALICIA:

Imaxes 1 á 8: Secuencia da construcción do ferrocarrril en Galicia.

Unha pequena síntese das datas clave sería a seguinte:

1873 Inauguración da liña Santiago-Carril.

1875 Inauguración tramo Coruña-Lugo. (Imaxe 1)

1881 Inauguración liña Vigo-Ourense.

1883 Se remata a liña a Galicia por Palencia, León e Monforte. (Imaxe 2)

1884 Se finaliza a construción da liña Redondela-Pontevedra. (Imaxe 3)

1885 Se finaliza o enlace Ourense-Monforte. (Imaxe 4)

Debido á falta de enlace entre Ourense e Monforte, ata o ano 1885 os viaxeiros do sur de Galicia (Vigo e Ourense) que se dirixiran por ferrocarril a Madrid tiñan como mellor opción viaxar a través de Portugal.

Imaxe 9: Hasta 1885 non se acabou a liña Ourense.Monforte, por o que ós viaxeiros procedentes de Pontevedra e Vigo resultáballes máis rápido viaxar a Madrid por Portugal.

Os viaxeiros que elixiran o camiño por Portugal tiñan que dirixirse en dilixencia a Tuy desde Guillarei, cruzar o Miño en barca entre TuyValença do Minho, tomar de novo a dilixencia ata a estación de Valença e enlanzar coa vía de Cáceres-Madrid en Entroncamento (ver gráfico).

Imaxe 10: Servicio especial desde o sur de Galicia a Madrid

por Portugal, ano 1882 (Fuente Biblioteca Digital Hispánica).

1900 Se finaliza o tramo entre Pontevedra e Carril. (Imaxe 5)

1912 Se pon en marcha o tramo Batanzos-Ferrol. (Imaxe 6)

1941 Nacionalización dos ferrocarrís en España.

1943 inauguracion do tramo Santiago-Coruña.

1952 Finaliza a liña ZamoraPuebla de Sanabria.

1957 Inauguración da liña Puebla de Sanabria-O Carballiño. (Imaxe 7)

1959 Inauguración da liña Santiago-O Carballiño. (Imaxe 8)

1972 Finalización do ferrocarril de vía estreita Ferrol-Gijón.

No ano 2015 todos os tramos da LAV a Galicia entre Puebla de Sanabria e Ourense están en obras salvo os de Tabadela-Seixalvo e Seixalvo-Ourense, que se encontran en fase de informe de impacto ambiental. No último tramo está prevista a construción do túnel de Montealegre e a ponte sobre o Miño nas inmediaciós do encoro de Velle (Imaxe 9).

PRINCIPAIS TÚNELES DA LIÑA AVE PUEBLA DE SANABRIA-OURENSE:

NOME LONXITUDE
O CORNO 8,7 KMS.
O ESPIÑO 8,2 KMS.
PRADO 7,6 KMS.
A CANDA 7,3 kms.
BOLAÑOS 6,8 KMS.
PADORNELO 6,4 KMS.
O CAÑIZO 5,4 KMS.
PORTOCAMBA 3,7 KMS.
REQUEJO 2,3 KMS.
RANTE

Este mesmo ano 2015 de está prevista a inauguración do tramo LAV entre Olmedo e Zamora.

Para o ano 2018 está prevista a finalización da LAV a Galicia.

Imaxe 11.– SItuación das obras da liña LAV a Galicia.

Enlaces:

02-01-2020 El último tramo AVE podrá recorrerse en pruebas en el segundo trimestre.

18-12-2018  ADIF empezará iste mes a probar o tramo AVE Zamora-Sanabria, que aforrará 42 minutos no viaxe a Galicia.

12-12-2018 Finalizan las obras del tramo Zamora-Sanabria

29-11-2018 Terminan de perforar los más de 105 Kms. del AVE a Galicia.

11-11-2018 El AVE avanza hacia la frontera con Galicia.

16-10-2018 Visita do Delegado do Goberno ó viaducto das Teieiras.

04-10-2018 El nuevo gobierno del PSOE asume el plazo del PP de finalizar la línea AVE entre Pedralba y Ourense para finales del 2019.

30-09-2018 Avances del AVE: el tramo Zamora-Pedralba (113 Kms.) entra en su recta final.

29-08-2018 Las obras de la infraestructura ferroviaria más importante de este siglo en Galicia.

08-05-2018 Lugo tendrá AVE.

14-1-2017 El AVE encalla en un tramo de Florentino Pérez

28-10-2016 En el 2018 el AVE no llegará a Galicia.http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/10/28/plazos-obra-revelan-2018-ave-quedara-puerta-galicia/0003_201610G28P10991.htm

22-7-2015: Varios tramos llevan parados desde enero http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2015/07/21/00161437510505072391641.htm

http://www.geotren.es/blog/tag/padornelo/page/2/

http://www.adifaltavelocidad.es/gl_ES/comunicacion_y_prensa/fichas_de_actualidad/ficha_actualidad_00068.shtml

http://www.correchouso.com/Via/ferrocarril_archivos/ferrocarril.htm

http://www.vialibre-ffe.com/pdf/8977_55.pdf

http://euroferroviarios.net/index.php?name=Reviews&req=showcontent&id=3726

http://www.pontecesures.net/2008/09/09/cornes-carril-135-anos-de-la-linea-de-ferrocarril-mas-antiguo-de-galicia/

A FALTA DE TREN, UNA DILIGENCIA

EL VIGO QUE VIAJABA EN DILIGENCIA

Anuncio publicitario

O GRANDE DE ESPAÑA MÁIS PEQUENO.

Banco de España: Vidrieira da escaleira de honor (pinche na imaxe para ampliar).

Onte, visitando o Banco de España, coñecín o retrato do Grande de España máis pequeno, como así o denominou o xornal ABC no seu suplemento cultural do día 22-4-2014. Se trata nada menos que do retrato pintado por Goya a don Joaquín Osorio de Moscoso Guzmán (1756-1816), marqués de Astorga, conde de Altamira, duque de Sanlúcar la Mayor, de Atrisco, de Medina das Torres, deSessa, de Baena, conde de Monteagudo de Mendoza, de Lodosa, de Chantada, etc., etc.

Maqueta do Banco de España.

Un dos home máis ricos de España da época (finais do signo XVIII). Un dos fundadores e gobernador do Banco de España, entón denominado banco de San Carlos, pero que, paradoxalmente, foi un dos homes máis pequenos en estatura. Contan en ABC que para o político inglés Henry Richard Vassall-Foxo marqués de Astorga era «o home máis pequeno que vin en sociedade, menor que os ananos aos que se exhiben por diñeiro». Quizais fose este o motivo polo que Goya intentou corrixir a estatura do personaxe sentándoo nunha cadeira para ser retratado. Pero a altura desproporcionada da mesa delatábao:

Goya: O Marqués de Astorga-Conde de Altamira era tamén conde de Chantada.

A nós interésanos máis que a altura física a altura moral dos personaxes e o que poida representar. Hai que recordar que a dinastía do marquesado de Astorga se estableceu na nosa bisbarra dende idade media como titular absoluto das terras de Chantada, e que non abandonou ata a supresión das xurisdicións, xa ben entrado o século XIX. Así como a mesa pintada por Goya delata a escasa altitude física do personaxe, a súa altura moral delátaa o único símbolo do señorío da casa de Astorga que se conserva na vila. O único xesto altruísta que se coñece do marquesado de Astorga é a doazón dunha custodia que se aínda se conserva na igrexa parroquial da vila. Dicía o meu admirado veciño Seijas Vazquez, que nin sequera un labor cultural, unha escola, un hospital, unha fundación ou calquera outro xesto altruísta que axudase a saír do burato en que se encontraba o noso pobo a finais do signlo XVIII. Un xesto de carácter social por mínimo que fose dignificaría a súa presenza na nosa terra e máis tendo en conta que economicamente non significaría absolutamente nada para o seu inxente patrimonio. Por iso só nos queda o recordo amargo da doazón da custodia como símbolo da opresión e o despotismo daquela época. O mesmo que a mesa do retrato de Goya simboliza a súa escasa altura física.

Banco de España.- A escaleira de honor, de mármol de Carrara.

Enlaces: Banco de España

Buciños

Onte, día 23 de febreiro (23 F), cruzando o Paseo de Recoletos de Madrid á altura da Biblioteca Nacional, non me encontrei coas sereas da policía nin cos controis da Garda Civil, nin xiquera cos vehículos militares que eu e a miña dona nos encontraramos cando paseabamos por aquela zona aquela fatídica tarde de 1981. Encontreime cun chantadino, representado pola expléndida escultura do noso paisano Manuel García de Buciños, encargada polos libreiros españois para dedicar «AO LIBRO Y AOS SEUS CREADORES». Cada vez que a contemplo, esta escultura me reconforta e me enche de orgullo, non só como galego, senón como oriúndo da Terra -con maiúscula- de Chantada, á que freguesía de San Miguel de Buciños aínda que perteciente ao municipio de Carballedo sempre estivo vinculada sentimentalmente e á que pertenceu administrativamente ata que a mediados do pasado século XIX se crearon os actuais concellos.

De Buciños

Teño unha visión global do pobo de Buciños cando por aquela época o meu pai exercía de mestre na escola de nenos -por entón tería eu uns cinco anos-. O camiño que ía á Barrela sempre ambarrado, a nosa casa da praza coas súas escaleiras exteriores e co corredor de pedra, o cruceiro impecable no centro da praza de terra, o cemiterio exento da igrexa, a igrexa coas reixas de ferro para impedir a entrada dos cans e a reitoral da igrexa aínda en pé ou, por último, a escola do meu pai, situada a uns 200 metros da nosa casa son os recordos máis claros.

Pero ao mesmo tempo veñen á miña memoria como refachos outros recordos de nenez moito máis fugaces.Como cando o meu pai me traía na súa bicicleta polo camiño real que unía A Cuqueira con Buciños e a lúa perseguíanos sen abandonarnos nunca. Ou cando na entrada da nosa casa situada na praza do pobo se oía o renxer da súa cancela de ferro. Aínda teño gravadas na miña memoria as actuacións nas festas do payaso»BARRIGA VERDE» ou as probas de son realizadas cos altavoces que as amenizaban -San Miguel ou de San Pegerto, é igual- e que, instalados no corredor de pedra da nosa casa, repetían unha e outra vez monótonamente «UN, DOUS TRES, AQUÍ RADIO PÉREZ, SANTO DOMINGO OURENSE».

O meu pai levábame con el á escola e ensinábanos con aquela dedicación especial as principais regras da lectura e escritura ou os rudimentos das matemáticas. O respeto paternal que os alumnos lle tiñan era excepcional. Cando nos recreos mostraba aos máis pequenos os minúsculos xoguetes de corda que tería comprado para eles na capital, ou cando lles ensinaba aos maiores os efectos do sol atravesando o cristal dunha lupa.

Pero volvendo a Buciños, o último dos meus recordos é o dun tal Manolito, o do fillo dos nosos veciños. Este Manolito,que se non me equivoco, debe tratarse do escultor Manuel García de Buciños que eu non teño o gusto de coñecer, pero ao que dende esta páxina dedico unha homenaxe moi sincera e a miña felicitación por poder situar unha escultura con tanto simbolismo  nada menos que na Corte da nación, una escultura que tanto nos representa a todos os chantadinos. Tamén ó concello de Carballedo, que así o entendan tamén os seus veciños.

ENLACES:

03-03-2020 «Diario de artista», exposición retrospectiva de Buciños.

03-03-2020 Manuel Buciños, fillo adoptivo de Ourense.

Letrilla de actualidad

Estos versos no son míos, sino que se deben a J.B.é H.H., y están fechados en Segovia el 15 de Abril del año 1853. Lo increíble es que no hayan perdido ni un ápice de actualidad. (FUENTE: Archivo Histórico Nacional, CÓDICES, L.1050)

El Juez que cede al cohecho

y la balanza de Astrea

inclina sin que se vea

del lado de su provecho,

aunque lleve puesta al pecho

una condecoración

Ladron


El Escribano travieso

que es capaz con sus amaños

de hacer que dure diez años

el mas sencillo proceso,

y pondera á pesar de eso

su buena reputación

Ladron


Hombre de mucho dinero

que al socorrer al hambriento

se lleva el treinta por ciento

sin pasar por usurero,

aunque disfrute altanero

mucha consideracion

Ladron


Aquel inspector que activo

sin expediente ni informe

modifica el uniforme

con frecuencia y sin motivo

causando un daño efectivo

al cuerpo y a la Nacion

Ladron


Vista con ojo de fuego

que al ver llegar al alijo,

de tres veces, dos, de fijo,

se queda présbite ó ciego,

y una finca compra luego

que vale mas de un millon

Ladron


El que á la bolsa jugando

en pocas operaciones

de títulos y cupones

un capital va juntando,

porque sabe como y cuando

cambiará la situacion

Ladron


El contratista malvado

que abusando del oficio

esplota en su beneficio

el sustento del Soldado

y escatima al desdichado

el relleno del jergon

Ladron


Empleado subalterno

que con un sueldo mezquino

va elegante y lechugino

en verano y en invierno,

si no le ha tocado un terno

ó dos, en cada estraccion

Ladron


El que Ministro de hacienda

fue nombrado siendo pobre,

y luego en oro y en cobre

junta una suma tremenda,

sin que la gente comprenda

tamaña transformacion

Ladron


Aquel que vendiendo acciones

de minas y carreteras

espurga las faltriqueras

de cinco generaciones

y convierte en tres millones

cada real de vellon

Ladron


El Diputado flexible

«soi dissant» independiente,

que es ademas pretendiente

de algun destino imposible

que viene á serle factible

despues de una votacion

Ladron


El jugador que tallando

las cartas va componiendo

de modo que van saliendo

las que él está adivinando,

y el dinero va pescando

de tanto pobre simplon

Ladron


Fondista que aunque celebre

la bondad extraordinaria

de su ciencia culinaria,

vende caballos en pebre,

trocando gato por liebre

y salmuera por jamon

Ladron


Tabernero peregrino

de irreprensibles costumbres

que echa el agua por azumbres

en cada copa de vino,

cosechero de Aragon

Ladron


Por ultimo; en nuestros dias

aun los hombres mas honrados

de todas clases y estados,

destinos y gerarquias,

y cargos y posiciones

Ladrones todos, Ladrones.