6-3-2023
Hai dúas maneiras de visualizar os datos do mapa:
- Facendo zoom directamente poderemos visualizar a parte do territorio que máis nos interese, e obteremos información espacial das distintas capas superpostas (son transparentes). Por exemplo, se facemos zoom na comarca de Terra de Celanova (as comarcas distínguense por ter o contorno e a etiqueta de cor vermella), aparécennos tres xurisdicións (Celanova, Carballo de Verea e Celme) e dous señoríos (Mosteiro de Celanova e Marqués de Viance). Se seguimos facendo zoom chegaremos hasta os lugares de As Cavadas, Outeiro, Sanguñedo, etc. como pertencentes á mesma xurisdicción de Celme:

- Facendo click co rato sobre a xurisdición que queiramos consultar, poderemos obter unha información máis precisa. Por exemplo Celme, despregarase unha ventana co nome da actual comarca, nome da antiga xurisdición e señorío ao que pertencía:

- No caso das xurisdicións con dous ou máis señoríos (señoríos compartidos que aparecen no mapa co raiado ///) podemos obter máis información facendo click na propia xurisdición, por exemplo de Carballo de Verea despregarásenos unha ventana cos nomes dos señores xurisdicionais que compartían dita xurisdición:

Esta páxina axudaranos a comprender como era a división territorial de Galicia no Antigo Réxime, xa que temos que lembrar que se diferenciaba moito da división actual en provincias, comarcas e municipios [*] porque hasta o ano 1833 non se fixo a división en provincias tal como a coñecemos actualmente. O mapa rexional comprendía hasta aquel momento as tradicionais sete provincias galegas: La Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Tuy, Lugo, Orense e Santiago.
Mais alá das provincias tampouco existía a actual divisións en comarcas, partidos xudiciales ou oncellos, xa que a división territorial estaba organizada administrativamente en xurisdiccións.
Unha xurisdicción era o ámbito de actuación do señor xurisdiccional, dentro da que tiña todo o poder político, xudicial ou económico. A lei de 26 de Agosto de 1837 acabóu de suprimir as xurisdicciós, e decir, que o poder político e xudicial pasa á nova burguesía do estado liberal. Pero hasta ben entrado o século XX a propiedade da terra seguirá compartida entre os grandes señores, que eran os seus propietarios directos, e os campesiños, que sólo dispoñían do dominio util.
[*] Ainda que aquí por razóns de operatividade incluímos a capa de comarcas actuales (de contorno de color vermella) porque se representamos directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio.