Un libro TUMBO é un libro con follas de pergamiño, feito de piel de res, onde se copiaban os documentos mais importantes dos arquivos dos mosteiros (privilexios, foros, donaciós, compraventas, etc.) existentes en cada momento.
Os conflitos sociais e políticos dos seculos XIV e XV forzaron ós mosteiros de Galicia a protexer as suas propedades e dereitos frente a abusos e usurpaciós da nobleza local. A forma de facelo era conservar en bon estado a documentación que acreditaba os seus dereitos. Pero a documentación mais antigua íbase deteriorando conforme pasabanos anos, foi necesario recurrir a facer copias nuns soportes, normalmente de pergamino que, encuadernados en forma de libro son chamados libros becerro, cartularios ou, no caso de Galicia, libros Tumbo. O mosteiro de Oseira non foi alleo a esta situación, e, como se pode ver no seguinte documento, no ano 1473 elabora o seo «Tumbo» cos documentos antigos máis importantes existentes nos neus archivos en aquel momento.
O Tumbo de Oseira é unha ferramenta fundamental para comprender a historia do Mosteiro, pero tamén para entender a emportancia e amplitude dos territorios que formaron parte do mismo. As antiguas terras de Camba, Asma, Búbal ou Castela, na alta edade media disputadas por os obispos de Ourense, Lugo e Oviedo, e hoxe pertenecentes a tres provincias distinas, formaban parte dos seus dominios. Ben sea por doación real, compra, aforamento, manda, etc. pasaron a formar parte do ámbito da xurisdicción de Oseira, todo iste inmenso patrimonio precisaba un sistema efeitivo de control e salvagarda, que se puxo de manefesto a finales da edade media como reacción ó protagonismo da nobreza territorial con a sua intromisión no goberno dos mosteiros e nas suas propiedades.
«…Et outrosy Reçebeo grandes perdas et danos o dto. mosteiro en as gerras et letigios por que en aqueles tpos othesouro das escrituras privilegios tonbos sentenças e Recados do dto mosteyro foy moytas veçes qbrantado por has moytas gentes que eno dito monasteyro estavam de gerra et gorniçon et moytas foron levadas asy privilejos sentencas mandas donaçoes contractoos e foros et outras moytas escrituras. Et outras espargidas por lo dto mosteyro en maneira que moytas delas se perderon. Et nos os sobre ditos abbade por. supor. çelaroyro monjes et convento do dto. mosteyro vendo as pdas. e danos suso ditos et temendonos asy en noso tempo como adeante o dito mosteyro nos reçeber mays grandes danos et perdas//ouvemos por acordo fazer um tonbo et memorial de todas las granjas coutos lugares et herdades jurdiçoos et senorios que este mosteyro tem et porsoe oje dia et ano et soya persoyr…« |
Asuntos previstos para incluir no Tumbo:
«Et eno qal escriviremos et trasladaremos alguns privilejos et gratias que os Stos padres et ylustrisimos Reys da casa de castella deron et outorgaron aeste mosteyro. Et asy escrivyremos en el as forças dos foros et das que agora ao presente os foreyros et Herdeyros ten con o dto mosteyro et conosco.// Et outrosy escrivyremos en el o traslado do rotelo vello en que se contem a suma dos casares et herdades et Yglesias que a este mosteyro pertecen et en o qal tempo pertençian cando as rendiam. Et outrosy encorporaremos en el o traslado de un tunbo en que recontan os casares deste mosteyro et Yglesias et dos dineyros das dras. et sviços que ao tempo en eles avia et rendian ao dto mosteyro et mays algunhas cousas que eno dito thesouro do dto mosteyro acharemos que virimos seer neçesario…» |
Ó tumbo de Oseira, tal como recolle María del Pilar Rodríguez Suárez na sua obra «Los Tumbos administrativos del Monasterio de Oseira en la Edad Media» (3), trasládanse todos os privilexios realis e pontificios dos séculos XII e XIII, e todo sos foros e rentas do mosteiro dos séculos XIV e XV. Iste Tumbo está custodiado no Archivo Histórico Nacional de Madrid, e pódese consultar la página Web do Ministerio de Cultura (PARES). O Tumbo de Oseira está todo escrito sobre pergameo menos a primeira folla que é de papel. Está escrito en letra gótica e consta de 71 folios numerados.
Nas seguintes páximas faremos un pequeno seguimento de cada un dos asuntos, pero centrándonos nos que se refiren ó «mordomádego» de Santa Uxía de Asma:
- Privilegios reales y pontificios (folio1v a 16v).
- Rotello Vello (del 17r al 21v).
- Tonbo Vello (21v al 33v)
- Memorial de cartas y foros (33v al 70v).
Privilexios reales e pontificios
Como mostra da primeira parte, referida ós Privilexios reales e pontificios, inclíos un documento do ano 1290, en que o rei Sancho IV el Bravo otorga ó mosteiro de Oseira o privilexio de poñer merinos nos seus cotos. Niste mismo privilexio «cota» a freguesía de Santa Eugenia de Asma, según a donou ó dito mosteriro Don Rodrigo Gómez de Deza, o parecer da poderosa familia dos Churruchaos. Con iste provilexio Oseira adquire todo o poder señorial e administrativo sobre Santa Uxía de Asmahttp://www.xenealoxiasdoortegal.net/ortegal/deza.htm
Destaca Fray Tomás de Peralta na sua obra «Fundación, Antigüedad y Progresos del Real Monasterio de Ossera» (1677) a importancia diste documento “concedido por el mismo Rey…” no que, por unha banda, o rey fai mercede ó Abade e ó mosteiro para que podan facer nomeamentos “dar títulos criando Merinos, y Iusticias en todos los Cotos de su Jurisdicion…” , e por outra, acota a freguesía de Santa Eugea de Asma “diferente de la otra de Ribas de Miño” para non confundila ca outra que la Santa Eugea de Graíces, A Peroxa.
Dános tamén algunha noticia sobre o solar de Rodrigo Gómez de Deza asociándoo á Fortaleza de Benquerencia, “…castillo que un tiempo estuvo junto al Fojo de Deza, de donde se llamaron Dezas.”
Infórmanos tamén Peralta que de alí a cinco días o rey concedéu outro documento confirmando o que seu pai concederá xa vinteoito anos antes “…en quanto à hazer libres de pechos, y seruicio Real, ansi a ellos, como a los que viuen en sus Cotos, y Iurisdiciones, a sus Colonos, y criados, y seruiciales.”
Por último, señalar que según o estudio xenealóxico de José Luis Lamigueiro, publicado na súa páxina de Internet http://www.xenealoxiasdoortegal.net/ortegal/deza.htm referíndose ó apellido Deza, Rodrigo Gómez de Deza (Rodericus Gomecii de Deza) «Manda con su mujer en 1242 todos sus bienes, heredades, y cotos a Oseira por no tener hijos vivos encomendando sus almas y la de su hijo difunto Pedro Rodríguez.»
.
NOTA: Á Era 1328 que figura no documento hay que restarlle 38 anos para obter o ano de 1290.
«Sepan quantos esta carta vieren. Como nos don Sancho por la gracia de dios Rey de Castiella de Leon de Toledo de Galliza de Sevilla de Cordova de Murcia de Jaen et de Algarbe. Por facer bien y merced al abbat del convento de santa maria de osera e por que ruegem adiós por nos tenemos por bien que ponga merinos en los sus cotos et los sus lugares según ann acostumbrado de los poner: y que usen del merindazgo como anfato ata aquí. Et outrossi por les fazer mas bien et mas merced cotamos les la flegresia de sta ougea de Asma que la ayan por coto y que la usem del según que facia don Rodrigo gomez de deça quando sela dio. Et defendemos firmemente que nenguno non sea osado de les pasar contra estas mercedes que los nos fazemos. En nenguna manera. Et qualquer que lo feziese del y a lo que ouviesse nos tornaríamos por elo. Et desto les mandamos dar esta carta Seelada con nuestro seelo de plomo. Dada en Vallit. xv días de Junio Era de mil. Trtos. Y xxviii. Annos. Don Martino obispo de Astorga et notario mayor en los Reynos de Castilla et de Leon et del Andaluzia la mande fazer por mandado del Rey. Yo Martin perez la fiz escribir. Eps Asturicen. Alfonso perez garcia perez». |
Rotello Vello
O Rotello Vello contén unha relación de bes do mosteiro a principios do século XIV. Comprende 23 maiordomos das propiedades mais cercanas ó mosteiro, entre eles o de Santa Uxía de Asma.
O referido a Santa Uxía (folio 16v) (3) recolle os bés da maiordomía de «Santa Eugenia». Comenza co nome do maiordomo, segue cos bés que administra e a renta producida en cada unha das herdades:

«Tonbo Vello» de Oseira
“Item primeyramente em Sam Migeel hum casar III libras.- Item ena villa de Sancta Ougea som V casares et paga cada hum III libras.- Item hum casar et medeo que tem Lourenço Martines Negro IIII libras.- Item em Aspay II casares et paga cada hum tres libras.- Item em Sitioes o casar que tem Fernam Pelaez III libras.- Item outro casar que tem Martim Dominguez duas libras et VIII soldos.- Item outro casar em Vila Mea d’Outeyro I libra et medea et VI soldos.- Item d’um casar em Milleyroos IX libras.- Item do casar do Barrio XV soldos.- Ena iglesia de Milleyroos, colleyta.- Item en Villa Ouxe XXte IX soldos de Leon que montam nove libras de blancos meos VI libras.- Item dos foreyros huna libra.- Item dos dous casares de Fernade XLVIII soldos cada hum.- Item do casar de Derramam III libras.- Item dous casares de Fonte Boa cada hum II libras VIII soldos.- Item dom Mannyno em Derramam tres soldos.- Item do casar de Lodeyro VI soldos.- Item do casar de Jagunde tres librs. Soma LVII libras et XII soldos” |
Memorial de Cartas y Foros
Eno mordomadego De furqo dasma et soutaryz Item primeyramente aforam a lopo(…) vezinos de fornas e a sua muller e duas vozes o lugar daspay por un moyo sal vo por sua cos a en furqº dasma my dido por conta da tuya. Item mas…..
|
As renenbanças son listas feitas por os maiordomos, onde se relacionan os lugares da maiordomía que pertenecen ó mosteiro e o que se cobra de renta por cada lugar (3).
Renenbrança do mordomádego de Furco:
renenbrança do mordo madego de furco dasma Freguesia de Santiago de Vila Uxe Item prymeiramente o lugar da Torre et de Mondim de rrenda çinqoenta maravedís. Item en Eyriz sete teegas tulleyras de Chantada dizía Francisco de Sitioos que avíamos a terça parte dos lugares deyriz. Item en Derraman dan un moyo do lugar de Gomes do Tapia Item dos lugares d’Aspay un moyo Item enos lugares de Ludeyro en Sta Ougea cinqº moyos de pan Item en esta aldea do lugar que ten Alonso de Jubin un moyo Item ena aldea de Sta Ougea de derechura sete maravedís. Item eno lugar d’Outeyro un moyo de derechura seys mas Item herdde en Vilameaa de que dan duas tegas de pam. |
NOTAS:
(1) Para elaborar o mapa adxunto utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1787 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos. 1785. Par algunhas lagunas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino. Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la ensenada en la provincia de Orense.-1985.
(2) Ramón Villares.- La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
(3) Para a transcripción de algun dos documentos referidos a Santa Uxia de Asma, axudeime da obra de Rodríguez Suárez, María del Pilar.- Los Tumbos administrativos del Monasterio de Oseira en la Edad Media / María del Pilar Rodríguez Suárez. En: María de los Ángeles Novoa Gómez y Miguel Romaní Martínez, coords. Homenaje a José García Oro. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela, 2002, pp. 287-299