Contido do tombo vello

Un libro TUMBO é un libro con follas de pergamiño, feito de piel de  res, onde se copiaban os documentos mais importantes dos arquivos dos mosteiros (privilexios, foros, donaciós, compraventas, etc.) existentes en cada momento.

Portada do Tombo de Oseira.
(FONTE:Archivo Histórito
NACIONAL. Madrid):
https://picasaweb.google.com/lh/photo/JFA8cBsWITjP_SmS-WzRFNMTjNZETYmyPJy0liipFm0?feat=directlinko NacionalDigitalización: Servicio de Reproducción de Documentos de la Subdirección de los Archivos EstatalesMinisterio de Cultura. España

 

 

Os conflitos sociais e políticos dos seculos XIV e XV forzaron ós mosteiros de Galicia a protexer as suas propedades e dereitos frente a abusos e usurpaciós da nobleza local. A forma de facelo era conservar en bon estado a documentación que acreditaba os seus dereitos. Pero a documentación mais antigua íbase deteriorando conforme pasabanos anos, foi necesario recurrir a facer copias nuns soportes, normalmente de pergamino que, encuadernados en forma de libro son chamados libros becerro, cartularios ou, no caso de Galicia,  libros Tumbo. O mosteiro de Oseira non foi alleo a esta situación, e, como se pode ver no seguinte documento, no ano 1473 elabora o seo “Tumbo” cos documentos antigos máis importantes existentes nos neus archivos en aquel momento.

O Tumbo de Oseira é unha ferramenta fundamental para comprender a historia do Mosteiro, pero tamén para entender a emportancia e amplitude dos territorios que formaron parte do mismo. As antiguas terras de Camba, Asma, Búbal ou Castela, na alta edade media disputadas por os obispos de Ourense, Lugo e Oviedo, e hoxe pertenecentes a tres provincias distinas, formaban parte dos seus dominios. Ben sea por doación real, compra, aforamento, manda, etc. pasaron a formar parte do ámbito da xurisdicción de Oseira, todo iste inmenso patrimonio precisaba un sistema efeitivo de control e salvagarda, que se puxo de manefesto a finales da edade media como reacción ó protagonismo da nobreza territorial con a sua intromisión no goberno dos mosteiros e nas suas propiedades.

 Xustificación da necesidade de elaborar o Tumbo de Oseira:

https://picasaweb.google.com/lh/photo/_T03cgRtsbX6HpJn8_captMTjNZETYmyPJy0liipFm0?feat=directlinkseira#5861852452925014258
 “…Et outrosy Reçebeo grandes perdas et danos o dto. mosteiro en as gerras et letigios por que en
aqueles tpos othesouro das escrituras privilegios tonbos sentenças e Recados do dto mosteyro
foy moytas veçes qbrantado por has moytas gentes que eno dito monasteyro estavam de gerra
et gorniçon et moytas foron levadas asy privilejos sentencas mandas donaçoes contractoos e
foros et outras moytas escrituras. Et outras espargidas por lo dto mosteyro en maneira que moytas
delas se perderon. Et nos os sobre ditos abbade por. supor. çelaroyro monjes et convento
do dto. mosteyro vendo as pdas. e danos suso ditos et temendonos asy en noso tempo como
adeante o dito mosteyro nos reçeber mays grandes danos et perdas//ouvemos por acordo fazer
um tonbo et memorial de todas las granjas coutos lugares et herdades jurdiçoos
et senorios que este mosteyro tem et porsoe oje dia et ano et soya persoyr…“

 

Asuntos previstos para incluir no Tumbo:

https://picasaweb.google.com/lh/photo/EvzI4ZZzeV7boaBwfyHQFdMTjNZETYmyPJy0liipFm0?feat=directlink
“Et eno qal escriviremos et trasladaremos alguns privilejos et gratias que os Stos padres et ylustrisimos
Reys da casa de castella deron et outorgaron aeste mosteyro. Et asy escrivyremos en el as forças dos foros
et das que agora ao presente os foreyros et Herdeyros ten con o dto mosteyro et conosco.//
Et outrosy escrivyremos en el o traslado do rotelo vello en que se contem a suma dos casares et herdades et
Yglesias que a este mosteyro pertecen et en o qal tempo pertençian cando as rendiam. Et outrosy encorporaremos
en el o traslado de un tunbo en que recontan os casares deste mosteyro et Yglesias et dos dineyros das dras.
et sviços que ao tempo en eles avia et rendian ao dto mosteyro et mays algunhas cousas
que eno dito thesouro do dto mosteyro acharemos que virimos seer neçesario…”

 

Ó tumbo de Oseira, tal como recolle María del Pilar Rodríguez Suárez na sua obra “Los Tumbos administrativos del Monasterio de Oseira en la Edad Media” (3), trasládanse todos os privilexios realis e pontificios dos séculos XII e XIII, e todo sos foros e rentas do mosteiro dos séculos XIV e XV. Iste Tumbo está custodiado no Archivo Histórico Nacional de Madrid, e pódese consultar la página Web do Ministerio de Cultura (PARES).  O Tumbo de Oseira está todo escrito sobre pergameo menos a primeira folla que é de papel. Está escrito en letra gótica e consta de 71 folios numerados.

Nas seguintes páximas faremos un pequeno seguimento de cada un dos asuntos, pero centrándonos nos que se refiren ó “mordomádego” de Santa Uxía de Asma:

  • Privilegios reales y pontificios (folio1v a 16v).
  • Rotello Vello (del 17r al 21v).
  • Tonbo Vello (21v al 33v)
  • Memorial de cartas y foros (33v al 70v).
Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: