Allariz-Maceda, Terra de

30-11-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE ALLARIZ-MACEDA:

Imos analizar aquí a Terra de Allariz-Maceda durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Xunqueira de Espadañedo, Maceda, Paderne de Allariz, Baños de Molgas, Allariz e Xunqueira de Ambía). O motivo é que se representamos directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:

Allariz

A comarca do Allariz-Maceda estaba situada na parte meridional da rexión galega e pertenecía durante o Antiguo Réximen á antigua provincia de Ourense. Comprendía 16  xurisdicións e 8 cotos redondos, que sumaban en conxunto una superficie de 379 Km2. As xurisdiccións de Allariz e Xunqueira de Ambía eran as máis extensas xa que superaban os 50 Km2. (5.000 Has.), mentras que había moitas pequenas xurisdiccións e cotos redondos que non superaban as 500 Has.:

XURISDICCIÓN SUP. KM2
ALLARIZ 72
JUNQUERA DE AMBIA 50
BAÑOS DE MOLGAS 47
MACEDA DE LIMIA 30
VALDEORRAS 26
JUNQUERA DE ESPADAÑEDO 18
ARMARIZ 17
COTO DE VILLAR DE CANES 14
NOGUEYRA DE BETAN 13
MONTE DE RAMO 13
PEREYRO DE AGUIAR 11
VILLANUEVA INFANTES 10
COTO STA MARIÑA AGUAS SAN 9
FIGUEYROA 8
ROCAS 8
COTO DE FONCUBERTA 7
NIÑODAGUIA 6
MANZANEDA DE LIMIA 4
COTO DE PIUCA 4
COTOS DE PAZOS (2) 3
POEDO 3
SOLBEYRA DE BELMONTE 2
PADERNE 2
A MEZQUITA 2
TOTAL 379
Allariz_jur_diss
As xurisdiccións da Terra de Allariz-Maceda no Antiguo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE ALLARIZ-MACEDA:

Co 55% do territorio, a nobleza titulada acaparaba a maioría dos dominios señoriales na terra de Allariz-Maceda. Seguíalle a moita distancia o clero secular e regular, e finalizaba por iste orden a fidalguía, as órdenes militares e o realengo:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 35 208 55
CLERO SECULAR 10 69 18
CLERO REGULAR 7 43 11
HIDALGUIA 5 34 9
ORDENES MILITARES 2 16 4
REALENGO 1 9 2
TOTAL 60 379 100

Na lista de maiores posuidores estaba en primeiro lugar o marqués de Malpica co 20% do territorio da comarca. Seguíanlle o conde de Monterrey e o obispo de Valladolid. O resto dos dominios eran bastante máis modestos e, como decimos, en moitos casos non superaban as 200 Has.:

SEÑORÍO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
MARQUES DE MALPICA 16 76 20
CONDE DE MONTERREY 8 50 13
OBISPO DE VALLADOLID 4 46 12
CONDE DE RIBADAVIA 1 26 7
CONDE DE MACEDA 3 19 5
MONASTERIO DE JUNQUERA DE ESPA 2 18 5
MARQUES DE BOBEDA 2 17 4
CABILDO DE ORENSE 5 17 4
ENCOMIENDA DE QUIROGA 2 16 4
DON JUAN ALONSO DE LOSADA 1 14 4
DUQUE DE MEDINA DE RIOSECO 3 13 3
MONASTERIO DE MONTE DE RAMO 2 13 3
DON VICENTE DE PRADO 1 9 2
SU MAJESTAD 1 9 2
MONASTERIO DE CELANOVA 2 8 2
DON MIGUEL ARMADA 1 7 2
OBISPO DE ORENSE 1 6 2
MONASTERIO DE SAN ESTEVAN 1 4 1
CONDE DE MANZANEDA 1 4 1
CONDESA DE BAÑOS 1 3 1
DON VICENTE SARMIENTO 1 3 1
DON JOSEPH MOSQUERA 1 1 0
TOTALES 60 379 100

 

Allariz_sen_diss
Os señoríos xurisdiccionales na Terra de Allariz-Maceda no Antiguo Réximen.

Por estamentos, a NOBLEZA TITULADA cosiderada en conxunto controlaba a maior parte do territorio da terra de Allariz-Maceda xa que era poseedora do 55% do territorio, con 208 Km2. de extensión e 35 feligresías. O seu máximo representante era o marqués de Malpica que con 7.600 Has. controlaba a vila e xurisdicción de Allariz e o coto de Piuca (actual concello de Maceda); o conde de Monterrey seguíalle en importancia por exercer o seu dominio sobre 5.000 Has. da vila e xurisdicción de Baños de Molgas, a xurisdicción de Villanueva de los Infantes e o coto de A Mezquita; o conde de Ribadavia controlaba 2..600 Has. da feligresía de Castro de Escuadro, pertenecente á xurisdicción de Valdeorras  e enclavada no actual concello de Maceda; o conde de Maceda era o señor xurisdiccional de 1.900 Has. de tres feligresías de Maceda de Limia compartida co obispo de Valladolid; o duque de Medina de Rioseco levaba un total de 1.300 Has. de dúas feligresías da xurisdicción de Pereyro de Aguiar (actual concello de Paderne) e unha na xurisdicción de Maceda de Limia, ainda que no actual concello de Baños de Molgas, esta última compartida co conde de Maceda; o marqués de Boveda controlaba 1.700 Has da xurisdicción de Armaríz, nos actuales concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía, en duas feligresías compartidas ca fidalguía local (1); o conde de Manzaneda, 400 Has. da súa xurisdicción de Manzaneda de Limia (Baños de Molgas) e, finalmente, a condesa de Baños 300 Has da feligresía de Puente Ambía, xurisdicción de Pazos (Baños de Molgas), pero compartida con membros da fidalguía local.

O CLERO SECULAR exercía o seu dominio sobre o 18% do territorio, con 6.900 Has. de 10 feligresías. O cabildo de Orense controlaba xunto con Don Juan Salgado a xurisdicción de Solbeyra de Belmonte (actual concello de Paderne de Allariz), a de Nogueyra de Betán (a cabalo entre os actuales concellos de Paderne de Allariz e Baños de Molgas), compartindo a feligresía de Betán con Doña María niño, e finalmente o coto de Paderne; o obispo de Valladolid era dono da vila e xurisdicción de «Junquera de Ambía», pero compartindo o dominio da feligresía de Abeleda ca fidalguía local e, finalmente o obispo de Orense era o señor directo da surisdicción de Niñodaguia (actual concello de Xunqueira de Espadañedo).

O CLERO REGULAR levaba o 11% do territorio, que sumaba 4.300 Has. de 7 feligresías da comarca. O mosteiro de Celanova controlaba a xurisdicción de Rocas (repartida entre os actuales concellos de Paderne de Allariz e Xunqueira de Espadañedo); o mosteiro de Xunqueira de Espadañedo era dono da xurisdicción do seu mismo nome; o mosteiro de Monte de Ramo da sua xurisdicción de Monte de Ramo e o mosteiro de San Estevan a feligresía de Sobradelo, xurisdicción de Xunqueira de Ambía.

A FIDALGUÍA controlaba o 9% dsuperficie da comerca, equivalente a unhas 3.400 Has. e extendíase por o territorio de cinco feligresías. Don Joseph Mosquera era o señor da xurisdicción de Figueyroa (actual concello de Baños de Molgas); Don Juan Alonso de Losada do coto de Villar de Canes (actual concello de Maceda); Don Miguel Armada, xunto con Don Joseph Mosquera da feligresía e xurisdicción de Figueyroa (concello de Paderne de Allariz); Don Vicente de Prado da xurisdicción de Baños de Molgas, compartida co duque de Medina de Rioseco e o conde de Monterrey. Finalmente, Don Vicente Sarmiento, xunto con Don Joseph Blanco controlabal a xurisdicción de Poedo (Baños de Molgas).

AS ORDENES MILITARES tiñan como representante á encomenda de Quiroga que controlaba 1.600 Has. (o 4% do territorio) do coto de Foncuberta e feligresía de Tioira, os dous da xurisdicción de Maceda de Limia.

O REALENGO, con 900 Has. (o 2% do territorio), tiña unha presencia testimonial no coto de Santa Mariña de Aguas Santas (actual concello de Allariz).

(1) Na feligresía de San Salvador de Armariz (actual concello de Xunqueira de Ambía), o marqués de Bobeda compartía o señorío xurisdiccional con Don Xavier Enríquez Sarmiento de Valladares, dono do coto de Merí (que comprendía os lugares de Merí e Chouzana). Don Xavier era fillo de Don Benito Alonso Enríquez, señor da casa dos Enríquez de Quintela (Chantada), que de forma inesperada fora nombrado marqués de Valladares pero que renunciara a todos os dereitos a favor do seu fillo Don Xavier. Don Benito fora asesinado na sua casa de Chantada o día 18 de junio de 1757 (ver máis).

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: