As fotos dos Voos americanos de 1956

28-12-2013.- Modificado 21-4-2014.- Revisado 24-5-2020

 

Na páxina de internet da Xunta de Galicia http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/mapa.html pódese atopar as fotos dos voos americanos do ano 1956.

Istes voos cubriron todo o territorio español e foron recentemente dixitalizados.

Aiquí copio algunhas imaxes da miña aldea (A Cuqueira), tamén da Eirexe (onde paso algunhas temporadas que me permiten disfrutar das cousas da miña terra), de Chantada (onde vivín desde os cinco anos) e, por o seu interés, do encoro de Belesar (acabado de facer no ano 1963).

Os estragos do encoro de Belesar:

Nas seguintes fotos pódese apreciar o cauce antigo do Miño e, en liña roxa (——–), o nivel actual do encoro de Belesar. O encoro creou riqueza e emprego, pero toda a terra comprendida dentro destas liñas quedou completamente asolagada.

 Imaxe 1: Encoro de Belesar.- A construcción do encoro de Belesar provocou o embalsamento de 600 hectómetros cúbicos de auga (a que cabería en 600 campos de fútbol grandes coma o Bernabéu…), A sua cola chegou 50 kilómetros máis arriba da presa..
Imagen 2: Porto.- O entorno de Porto, hoxe asolagado, pertenecía á parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño (concello de Saviñao), estaba situado nun fértil val formado por a confluencia do río Sardiñeira co Miño. Por alí pasaba o camiño que enlazaba Chantada con esta parte de Lemos. Por non existir pontes era necesario cruzar o Miño por a Barca do Porto (na foto pódese ver perfectamente o camiño antiguo): «Que desde la villa de Chantada a la casa de Don Antonio de Prado [San Vitorio de Ribas de Miño] ai más de dos leguas de distancia acia la Villa de Sarria, i media el Rio Miño, que es preciso passar la Barca, que llaman da Sardiñeira, distinto camino que va de Chantada a Orense; i por ser la tierra mui despeñadera se necesitan cuatro horas para andar las dos leguas; i desde el citado Lugar de Chantada a Orense ai seis leguas, que para andarse regularmente se necesitan siete horas seguras…» Fonte: Memorial Ajustado de la Causa hecha por el Relator Don Bernardo Herbella de Puga.
Imaxe 3: Portomarín.- Como se pode ver na foto, o pobo de Portomarín quedou completamente anegado.

A transformación da vila de Chantada:

Imaxe 4: Chantada, ano 1956
Imaxe 5: Chantada, ano 2010
Imaxe 6: Chantada, ano 1956. Comentarios a cambios de interés.
Imaxe 7: Plano de Chantada de 1928. Fonte Roi Fernández, La Voz de Galicia (3/9/2010)
(Foto rotada 180º para situar o Norte arriba).

A transformación de A Cuqueira:

Imaxe 8: A Cuqueira en 1956
Imaxe 9: Comentarios á imaxe da Cuqueira de 1956
Imaxe 10: A Cuqueira hoxe

228c_p41-0093CUQUEIRA

Imaxe 11: Foto da Cuqueira. Catastro anos 50. Añadida o 28-12-2018 (Fonte Galiciana Digital).

A transformación de A Eirexe:

Imaxe 12: A Eirexe e Santa Uxía en 1956
Imaxe 13: Comentarios á imaxe de A Eirexe e Santa Uxía de 1956

227b_p41-0090AEIREXE

Imase 14: Foto da Eirexe. Catastro anos 50. Añadida o 28-12-2018 (Fonte Galiciana Digital).
Enlaces:

 

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/09/03/0003_8703762.htm
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/mapa.html

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: