18-10-2017
As Terras de Deza durante o Antigo Réxime (séculos XVI-XVIII) estaban maioritariamente integradas la antiga provincia de Lugo. Comprendían 21 xurisdicións, das cales as 6 máis representativas eran de Lugo (Deza, Dozón, Camba, Salto, San Antolín de Toques e Coto de Basadre) e as 15 restantes de Santiago. Coa división provincial de 1833, as xurisdicións de Deza, Camba e Dozón, así como a freguesía de Salto, antes da provincia de Lugo, intégranse na nova provincia de Pontevedra, ver https://eirexe.es/galicia/

As xurisdicións de maior superficie pertencían á provincia de Lugo e eran Deza, Camba, Trasdeza, Ventosa, Dozón e Borraxeiros. As de menor extensión eran as de San Antolín de Toques, Coto de Basadre, San Justo, Coto de Carmoega e Piñeyro de Valanzuela:
JURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
DEZA | 375 |
CAMBA | 144 |
TRASDEZA | 131 |
VENTOSA | 74 |
DOZON | 45 |
BORRAXEIROS | 34 |
ABEANCOS | 34 |
CARBOEYRO | 30 |
CIRA | 26 |
PILOÑO | 24 |
COTO DE CAMANZO | 23 |
CAXIDE | 13 |
SALTO | 11 |
REFOJOS | 10 |
CARBOEIRO | 10 |
BRANDOMES | 10 |
SAN ANTOLIN DE TOQUES | 9 |
COTO DE BASADRE | 8 |
SAN JUSTO DE DON BODAN | 6 |
COTO DE CARMOEGA | 5 |
PIÑEYRO DE VALANZUELA | 3 |
TOTAL | 1.025 |
A antiga Terra de Deza era no seu maior parte de dominio señorial da nobleza titulada, cun 49% o total, seguida polo clero secular (38%). Só o 9% pertencía ao clero regular e un 4% ó realengo:
DOMINIO | NUM. DE FELIGRESÍAS | SUP. KM2 | % |
NOBLEZA TITULADA | 69 | 458 | 45 |
CLERO SECULAR | 60 | 388 | 38 |
CLERO REGULAR | 18 | 96 | 9 |
REALENGO | 6 | 45 | 4 |
HIDALGUIA | 8 | 38 | 4 |
TOTAL | 161 | 1.025 | 100 |
A nobreza titulada ostentaba o dominio sobre o 45% do territorio, sendo a máis extensa a do Conde de Lemos, que exercía o seu dominio sobre 45 freguesías da xurisdición de Deza e parte da de Carboeiro (302 Km2), seguido polo Conde de Monterrey, titular da xurisdición de Abeancos e o Coto de Basadre (8 freguesías, 39 Km2.), o Conde de Altamira (Xurisdición de Cira, con 6 freguesías e 26 Km2.) e o Conde de Borraxeiros (sobre a xurisdición do mesmo nome, con 4 freguesías e 34 Km2.).

O clero secular ostentaba o dominio sobre o 38% do territorio, con 60 freguesías (Xurisdicións de Camba, Trasdeza, Ventosa e Piloño e 3 delas compartidas con outras xurisdicións). Estaba representado na práctica totalidade polo Arcebispo de Santiago con 59 freguesías, e só una (Santa María de Cangas) polo Cabildo de Santiago.
O dominio do clero regular só representaba o 9% do territorio do señorío monástico (non é o mesmo que a propiedade monacal, xa que os mosteiros posuían moitas terras sobre as que non posuían dominio xurisdicional). Os seus dominios comprendían xurisdicións de tamaño medio ou pequeno, detentadas polos mosteiros de San Martín Pinario (5.200 Has. en 11 freguesías das xurisdicións de Carboeiro, San Antolín de Toques e San Justo de Don Bodan), Oseira (1.100 Has. nas dúas xurisdicións de Salto, donde o mosteiro tiña o priorato de San Esteban de Salto e Lalín, esta última compartida co Conde de Lemos), Acibeiros (1000 Has. nunha freguesía da xurisdición de Refojos) e San Payo de Antealtares (2.300 Has. na freguesía do Coto de Camanzo).
O reguengo, que do mesmo xeito que no resto de Galicia, na terra de Deza estaba pobremente representado. Só dispoñía de 4.500 Has. na xurisdición de Dozón, situada ao sueste da comarca, con seis freguesías e o 4% do territorio.

A fidalguia, que tiña xurisdición sobre 8 freguesías querepresentaban en conxunto o 4% de todo o territorio, aproximadamente unhas 3.800 Has. Na maioría dos casos tratábase de pequenos cotos, ás veces compartidos como no caso das freguesías de Cristimil e Piñeiro, ou circunscritos a unha única freguesía (Brandomes, Basadre, Carmoega ou Piñeyro de Valanzuela), salvo no caso da xurisdición de Caxide que comprendía tres freguesías (as de Portodemouros, Loño e Dusame).
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.