22-11-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE MUROS:
Imos analizar aquí a Terra de Muros durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Muros e Carnota), xa que representar directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:
A Terra de Muros estaba situada no extremo noroccidental da rexión e pertenecía á antigua provincia de Santiago. Comprendía 3 xurisdicións, que sumaban en conxunto unha superficie de 143 Km2.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
MUROS | 118 |
CORCUBION | 17 |
SIERRA | 8 |
TOTAL | 143 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE MUROS:
Dous principales dominios señoriales (ver señorío) repartíanse a Terra de Muros: en primeiro lugar o clero secular, que ocupaba o 83% do seu territorio, e en segundo lugar figuraba a nobleza titulada, que exercía o seu dominio sólo sobre o 17% restante:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CLERO SECULAR | 10 | 118 | 83 |
NOBLEZA TITULADA | 3 | 25 | 17 |
TOTAL | 13 | 143 | 100 |
Os máis grandes posuidores eran o arzobispo de Santiago, señor directo do 83% do territorio, seguido por conde de Altamira co 12%, e xa en último lugar o marqués de la Sierra co 6% do territorio:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
ARZOBISPO DE SANTIAGO | 10 | 118 | 83 |
CONDE DE ALTAMIRA | 2 | 17 | 12 |
MARQUES DE LA SIERRA | 1 | 8 | 6 |
TOTALES | 13 | 143 | 100 |

Únicamento dous estamentos exercían o dominio señorial na Terra de Muros:
O CLERO SECULAR, que por medio do arzobispo de Santiago controlana o 83% do territorio, con 118 Km2. e 10 feligresías da xurisdicción de Muros (actuales concellos de Muros e Carnota), era o único representante do estamento clerical.
A NOBLEZA TITULADA, que ocupaba o 17% restante, cun un total de 2.500 Has. e tres feligresías, dúas delas controladas por o conde de Altamira (xurisdicción de Corcubión, 1.700 Has.), si ben a feligresía de Serres compartida co marqués de Mos. A terceira feligresía de dominio nobiliario era de señorío do marqués de la Sierra, ubicada na xurisdicción do seu propio nome (feligresía de Lira, de 800 Has.).
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.