O CONDE DE MOCTEZUMA, SEÑOR DE SAN PAIO DE MURADELLE E SANTA CRUZ DE VIANA

25-9-2019

Tanto no Catastro de Ensenada de 1753 como no Censo de Floridablanca de 1785, aparecen as actuais freguesías de San Paio de Muradelle e Santa Cruz de Viana formando parte do coto de San Paio de Muradelle. A freguesía de Santa Cruz de Viana estaba “sujeta al coto de San Payo de Muradelle sendo ambas de señorío secular, e correspondendo a sua xurisdición ordinaria ao conde de Moctezuma(1):

“… digeron que dicha feligresia es de señorio que pertenece al Exmo. Señor Conde de Montezuma residente en la Corte de Madrid quien por este respectto percive de los vecinos que se compone este expresado termino treinta y nueve coterias que es cada una ferrado y medio de zenteno que hacen por maior cinquenta y ocho ferrados y medio admas de ello pagan ciento cinquenta y seis reales los que tienen caudal y los que no lo tienen solo lo hazen de veinte reales que juntas estas dos partidas suman ciento setenta y seis  Y ademas de esto percive lutuosa arreglada de cada vecino que muere no ascendiendo la maior de doze reales ni vajando la menor de quattro que tenteada una con la otra llegara su anual ymportte de doze reales de vellón y responden…”…”(Respostas xerais ao Catastro de Enseada, San Paio de Muradelle, 1753.)

MAPA
A freguesía de Santa Cruz de Viana estaba suxeta ao coto de San Paio de Muradelle.

O feito de que estas dúas freguesías formasen parte do dominio dun descendente directo do último emperador de México Moctezuma II deunos pé a investigar a orixe e antecedentes desta dependencia e propoñer algunhas hipóteses para poder profundizar un pouco máis sobre a orixe do dominio señorial sobre as devanditas terras

Sabemos que historicamente ambas as freguesías estiveron ligadas ás casas de Moctezuma, Celme e Valladares.

Sobre a orixe do condado de Moctezuma sabemos por varios historiadores(2) que o emperador de Méjico Moctezuma II deixou máis de cento cincuenta fillos dunhas cincuenta mulleres, e que o principal de todos foi Don Pedro de Moctezuma, no que se recoñeceu a representación do seu pai, polo que se lle deu o titulo de conde de Moctezuma para eliminar calquera outra oposición máis resistente e lexitimar a dominación española sobre México (Nova España). Don Pedro Moctezuma veu a España en 1532 e, como veremos, a súa dinastía entroncaría ao longo do século XVII coas casas dos Celme e dos Sarmiento de Valladares.

Sabemos tamén que a casa de Celme(3) tiña a súa orixe en Don Sueiro de Oca, señor da casa de Oca, que en torno ao ano 1487 tras a derrota do bando de Don Pedro Álvarez de Sotomaior, conde de Camiña, na guerra de sucesión dos Reis Católicos, foi expulsado das súas terras de Oca onde foi tomada prisioneira a súa primeira esposa Dona María Gómez de Sotomayor, polo que tivo que refuxiarse na provincia de Ourense onde contraeu segundo matrimonio con Dona Eugenia de Deza(4) e posteriormente fíxose monxe cisterciense, sendo elixido abade de Oseira.

Coñecemos tamén a orixe galega do marquesado de Valladares –Valladares é unha parroquia da comarca de Vigo- , creado por Carlos II en 1673 para premiar a Luís Sarmiento de Valladares, sobriño de Diego Sarmiento de Valladares, Inquisidor Xeral de España.

Temos noticia da existencia unha escritura de foro de 1518 outorgada por Don Alvaro de Oca, fillo de Don Sueiro de Oca e dono da fortaleza de Celme, a favor dun veciño de Erosa (Adá, Chantada), o que nos mostra que naquela época os Celme xa señoreaban na contorna de San Paio de Muradelle.

Sabemos tamén que no ano de 1529 Don Alvaro de Oca, fillo de Don Sueiro de Oca e Dona María Sarmiento de Ribadeneira fundaron o mayorazgo de Celme a favor do seu fillo tamén chamado Don Sueiro de Oca, para o que achegou Don Alvaro os cotos de San Paio de Muradelle e Santa Cruz de Viana e Dona María o coto de Celme.

Pola información practicada o ano 1635 polo Consello de Ordes con ocasión da solicitude do hábito de Santiago por Don Álvaro de Oca Zúñiga e Sarmiento Ordóñez, señor de Celme, Val de Laza, rexedor de Ourense e Murcia e tenente da compañía de Lanzas do Vicerrei de Nápoles, gobernador e capitán de guerra das cidades de Aguila e Acona no reino de Murcia, etc., sabemos que o devandito personaxe era natural de San Paio de Muradelle, polo que queda demostrado que o arraigamento posterior dos Oca na devandita freguesía non debeu de ser casual, según se desprende da declaración de varias testemuñas con motivo do devandito expediente (5) :

“En dicho día mes i año examinamos con juramento a Domingo de Boan vecino i natural desta feligresia de S. Paio de Muradelle i le hiço decir verdad i guardar secreto i ser de sesenta años de edad. Preguntado si conoce a don Alvaro de Oca Zuñiga y Sarmiento i donde es natural que edad tendra i cuio hijo es =dixo= que lo conoce i sabe que nasçio en dicho lugar de S. Paio de Muradelle i que tendra mas de veinte i cinco años de edad  i se bautizo en la Yglesia del i este testigo se hallo presente…”

“…Rescivimos juramento a Pedro de Sobrado escrivano de Su Magestad veçino i natural desta feligresia de S. Paio de Muradelle i le hiço de decir verdad i guardar secreto i ser de edad de setenta años i no tocarle las generales = Preguntado = si conoce a don Alvaro de Oca Zuñiga i Sarmiento i cuio hijo es i donde nasçio =dixo= que conoce a don Alvaro de Oca Zuñiga i Sarmiento i que es hijo de don Diego de Oca cavallero del abito de Santiago i de doña Brianda Ordoñez i sabe que nasçio en este dicho lugar de S. Paio de Muradelle estando los dichos sus padres en el como señores que son visitando sus vasallos i rrentas i se creio en la fortaleza de Zelme…”

Sabemos que en 1685 únense as casas de Celme e Moctezuma por medio do matrimonio entre Don Gaspar Antonio de Oca Sarmiento de Zúñiga e Navarro, señor de Celme, Santa Cruz de Viana e San Paio de Muradelle e Dona Teresa Francisca Nieto de Silva e Cisneros Moctezuma.

Sabemos que as casas de Moctezuma e Sarmiento de Valladares únense 1689 mediante o matrimonio de Don José Sarmiento de Valladares -pai de Bernarda Dominica Sarmiento de Valladares, futura III marquesa Valladares-, con Dona Jerónima María de Moctezuma, III condesa de Moctezuma.

JoseSarmientoValladares_WCommons.jpg
José Sarmiento de Valladares, conde de Moctezuma (Fonte:Wikimedia Commons).

Sabemos así mesmo que por falecemento sen fillos en 1753 de dona Bernarda Dominica Sarmiento de Valladares, a sucesión do marquesado de Valladares recaeu no seu parente máis próximo Don Benito Alonso Enríquez, dono das casas de Moure e dos Enríquez de Quintela de Ventiños (actual Quinteliña, Chantada).

Sabemos tamén que a finais do século XIX os bens que constituían a administración de Chantada do marquesado de Valladares(6) estaban formados polos forais de Santa Cruz de Viana (cos lugares de Santa Cruz de Viana, Burgás, Villardamos, Villaguillulfe, Quintá, Viana, Solar e Vilameá), San Paio de Muradelle (con Adá, San Miguel, San Paio, Paderne, Quintá, Muradelle, Limiñón, Uriz e Portugal), asi como os forais de Furco, Fente e Forxas, do distrito de Carballedo.

A partir de aquí xórdenos a primeira pregunta: cal é a orixe da relación de dependencia feudal destas terras e a forma en que tan ilustres personaxes chegaron a detentar o señorío xurisdicional sobre elas ou, se facemos caso aos comentarios de Frei Tomás de Peralta(7) , se existiu nalgun momento algunha relación real de dependencia.

Nun primeiro momento a investigación centrouse na documentación dos antigos mosteiros de Chantada e de Oseira pero, ante a falta de noticias sobre a devandita xurisdición e tendo en conta que nas datas anteriores ao dominio do conde de Moctezuna ditas terras pertenceron aos señores do castelo de Celme, dispuxémonos a  investigar na forma en que as terras de Muradelle chegaron ao devandito señorío.

Tendo en conta que nun primeiro momento estas terras deberon de pertencer dalgún modo ao mosteiro de Oseira e se consideramos que as formas en que puideron chegar ao dominio do devandito mosteiro son variadas, descartamos por falta de probas que o fosen de doazón real, expuxéronse dúas hipótese de traballo diferentes: 1) Que fosen doazón particular ao mosteiro 2) Que fosen apropiadas por parte do mosteiro ou por algún dos seus abades. En apoio da primeira das hipóteses existe o testemuño dun coñecedor daquelas terras que tiña relación cos monxes de Oseira, quen manifestou nun interrogatorio para a concesión a un membro da familia Boán do hábito de Santiago(8) o seguinte:

que el testigo oyo dizir a un obispo de Ossera que se llamaba fray Sebastian de Valladolid(9) que los Boanes fueran bienhechores de la cassa de Osera (de hecho, uno de los Boanes fue merino del monasterio…) y en tiempos antiguos los caballeros de su linaje dieran al dicho monasterio muchas tierras y por esto el monasterio les hestaba en la obligación y tenian muchos papeles de estos linajes en sus archivos y que el dicho Fernando de Boan clerigo era decendiente legitimo de la dicha casa…”

Continuou decindo o testigo na sua declaración que:

 …la dicha casa y torre de Arcos si el queria [estábase refirindo a Pedro de Boán, solicitante do hábito de Santiago] la sacaria por suya que le venia de derecho y no podia subceder en hembra como era una fulana doña Sancha Fernandez [será Sancha Fernandez de Temes] que lo abia vendido o empeñado con el portazgo y las alcabalas y tributos que se pagan a la dicha torre…

Se isto é así, este testemuño viría confirmar a teoría de Pardo de Guevara e Valdés(10) de que unha tal doña Urraca de Temes vendeu a Don Pedro Enríquez, conde de Lemos, Trastamara e Sarria, e á sua muller a condesa doa Isabel de Castro, a vila de Chantada e ou seu alfoz, asi como outros moitos bens, entre eles a torre de Arcos, tal como manda non testo que Don Pedro outorgou en Ourense ou 29 de abril do ano 1400:

“…Consta, cuanto menos, que una doña Urraca de Temes -cabrá suponer que no es la misma que se menciona en la genealogía de los Quiroga- vendió al conde don Pedro y a la condesa doña Isabel de Castro, su mujer, la villa de Chantada y su alfoz, así como otros muchos bienes, entre ellos la torre de Arcos, cabeza de los patrimonios de los viejos Temes medievales. Todos estos bienes quedaron a cargo de Lope de Taboada, personaje ya mencionado, y constituyeron el lote hereditario que el conde don Pedro reservó a su mujer, como se recoge en el testamento que otorgó en Orense el 29 de abril de 1400”.

Esta manda testamentaria foi recollida por Fr. Malaquías(11): “Item mando a la Condesa Doña Ysabel de Castro mi muger la mi casa fuerte Darcos, que yo con ella comprey, con todos los derechos y heredades, e cosas que a la dicha Casa pertenecen, en cualquiera manera… Item le mando mas, e le desembargo a la dicha Condesa, las Casas e Palacios e fortaleza de Chantada Dasma; con toda su tierra e terminos que le pertenecen, e pertenecer deben de derecho. E mando a Lope de Taboada que las dichas casas agora por min tiene: e a otro cualquiera, o cualesquiera, que las tubieren al tiempo de mi finamiento, que las den e entreguen a la dicha Condesa, o a quien ella mandare…”

O caso é que a comezos do século XVI (concretamente en 1515) a casa de Arcos de Chantada aparece, xunto co coto de Celme, como pertencente a Dona María Sarmiento de Zúñiga, nai de Dona María Sarmiento de Ribadeneira, casada con Don Alvaro de Oca, quen fundou en 1529, como xa sabemos, o mayorazgo de Celme. Como chegaron as terras de Chantada a dominio dos señores de Celme non o sabemos con exactitude aínda que, posiblemente fóra por compra debido a que xa coñecemos a teoría da venda destas terras por dona Urraca de Temes a Don Pedro Enríquez, conde de Lemos, Trastamara e Sarria, e á súa muller doa Isabel de Castro.

Estes bens puideron pasar aos señores de Celme debido a que na segunda década do século XVI, seguindo a Olga Gallego, existen numerosos documentos de compravenda e sucesivos foros e arriendos de bens rústicos de Alvaro de Oca –entre eles o do foral de Adá-, froito do considerable aumento das rendas territoriais e do seu patrimonio(12) . A segunda hipótese –a da apropiación- adquire máis consistencia se temos en conta que Don Sueiro de Oca, principal compoñente da familia propietaria do castelo de Celme, foi abade do mosteiro de Oseira e cuxo comportamento foi recriminado por Peralta(13) na súa obra:

“Fue tambien mucho lo que Don Suero diò a sus parientes, aun oy [fala do século XVII] presentan el Beneficio de Santa Eugea de Asma, que sin duda era del Monasterio, y gozan otras rentas sin pension alguna. Pero esto bien lo pago Don Suero, pues assi diò ocasión a maldicencia a no solo pensar, sino dezir lo que no devian…”(14)

As palabras tan duras de Peralta de que “gozan outras rendas sen pension algunha” non deixan de sorprendernos. Só cando vemos a resistencia dos veciños de Celme a facer fronte ás cargas que lles impoñían os seus señores explicámonos o comentario tan duro de Peralta e dános idea do endurecemento do réxime señorial imposto por os Oca aos seus vasallos e, ainda máis, xúrdenos a dúbida de se na xurisdicción de Muradelle pasaría o mesmo.

En efecto, na demanda interposta polos veciños de Celme a dona María Sarmiento ante a Real Audiencia de Galicia en 1511 polas novas imposicións que lles esixía e por outros agravios, como aqueles que consistían en que desde facía dous anos María Sarmiento “los obligaba a ir a serventías y duyas a la Torre de Arcos en la comarca de Chantada” e esixía que as imposicións llas levasen ao lugar onde se atopasen “ya fuese en Orense (6 leguas de distancia), Torre de Arcos (18 leguas) o Vivero (40 leguas)” ou “que se pagasen la mayor valía que tuviese en todo el año el dicho pan…”  foi finalmente sentenciada anos despois pola Cancillería de Valladolid, que ditou unha sentenza máis suave dispensando aos veciños de transportar as rendas máis aló de Celme e permitíalles o rompimento pola súa conta dos montes abertos na devandita xurisdición(15) .

Pola ilustre investigadora Olga Gallego Domínguez(16) sabemos que, en efecto, o seu fillo Álvaro de Oca puido xestionar unha importante fortuna o que, xunto co afán de perpetuidade, fíxolle fundar en 1529 mayorazgo a favor do seu fillo Don Sueiro de Oca, achegando Don Alvaro os cotos de San Paio de Muradelle e Santa Cruz de Viana, e a súa esposa Dona María Sarmiento todo o coto e mayorazgo de Celme e Laza.

Sabemos tamén por Frei Tomás de Peralta que o dereito de presentación da freguesía de Santa Eugenia de Asma –da que era anexa a freguesía de Santa Cruz de Viana- pertencía aos Oca e por Olga Gallego que a xurisdición de San Paio de Muradelle incluía o beneficio do seu curato xa que en 1578 Don Alvaro de Oca presentou para devandito beneficio a Gaspar de Araujo, veciño de Celme, e o mesmo fixo o ano 1602.

Todo iso lévanos á conclusión que o dominio efectivo dos Oca non se limitaba ao coto de San Paio de Muradelle, senón que se estendía a outras freguesías veciñas como as de Santa Eugenia de Asma, Adá, San Miguel do Monte ou Furco.

Para concluír, só deixar constancia de que o feito sorprendente é que unha parte do noso territorio formase parte do dominio directo dun descendente do último emperador de Méjico Moctezuma II, que había emparentado coa familia Oca de Celme, pasando posteriormente ao marquesado de Valladares. Non está tan clara con todo a vinculación destas terras con Temes e os Boás, así como o seu paso a dominio dos señores de Celme. Esta é unha cuestión que nos obriga a seguir investigando e a profundizar moito máis no seu estudo –a torre de Arcos, os Boás, os forais de Adá, San Paio de Muradelle, etc., etc.- e a que outras persoas máis novas e preparadas tomen o relevo e sigan investigando para esclarecer definitivamente as incógnitas que sobre iso aínda existen.

 

NOTAS:

(1) Segunda pregunta do interrogatorio do Catastro de Ensenada da freguesía de San Paio de Muradelle.

(2) Barreiro Fernández, Xosé Ramón: Os Moctezuma (II). Orixe e evolución do condado de Moctezuma.- ESTUDIOS MIGRATORIOS nº 4

(3) Situado no actual municipio de Rairiz de Veiga, onde lle pertencían as freguesías de Congosto e Ordes, ademais da torre de Celme, hoxe en ruínas.

(4) Casou en primeiras nupcias con Dona María Gómez de Sotomayor e en segundo matrimonio con Dona Eugenia de Deza, de onde naceu Don Álvaro de Oca.

(5) Archivo Histórico Nacional.-OM-CABALLEROS_SANTIAGO,Exp.5829.

(6) Testamento de Doña Joaquina Montenegro, viuda del marqués de Valladares.

(7) Fray Tomás de Peralta: “Fundación, antigüedad y progressos del Real Monasterio de Osera”.

(8) Expediente para a concesión a Don Pedro Fernandez de Boan e Landecho do hábito da Orde Militar de Santiago (ver https://eirexe.es/os-boas-son-nosos-vii/).

(9) Fray Sebastián de Valladolid foi segundo Peralta o abade 26 de Osera ( Ibd.). A reforma do Cister galego xurdiu no Mosteiro de Osera de mans de frei Sebastián de Valladolid, Garcia Oro: “A reforma do Cister galego na época de Carlos V”.

(10) Véxase, Eduardo PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, “Los señores de Galicia”, vol. I, pág. 245.

(11) Véxase tamén FR. MALAQUIAS, Chronología, Fol. 294r.

(12) Olga Gallego Domínguez e Francisco Fariña Busto, “Unha dama e tres linaxes ourensans implicados nun homicidio no século XVI”

(13) Op. cit. Fray Tomás de Peralta: “Fundación, antigüedad y progressos del Real Monasterio de Osera”.

(14) A freguesía de Santa Eugenia de Asma incluía como anexo a Santa Cruz de Viana, xurisdición tamén dos Oca.

(15) Castro Pérez, Felipe.- “O Marquesado de Valladares”

(16) Ver nota 12.

 

 

FONTES: 

BARREIRO FERNÁNDEZ, Xosé Ramón: “Os Moctezuma (II). Orixe e evolución do condado de Moctezuma”.- ESTUDIOS MIGRATORIOS nº 4 / Decembro 1997. / ISSN. 1136-0291 pp. 9-39

Archivo Histórico Nacional.- “Expediente para la concesión a Don Álvaro de Oca Zúñiga y Sarmiento y Ordóñez del hábito de la Orden Militar de Santiago”. Signatura: OM-CABALLEROS_SANTIAGO, Exp.5829.

Archivo Histórico Nacional.- “Expediente para la concesión a Don Pedro Fernández de Boan y González de Boveda del hábito de la Orden Militar de Santiago”.
Signatura: OM-CABALLEROS_SANTIAGO, Exp.2874

“Testamento de Doña Joaquina Montenegro, viuda del marqués de Valladares”.

FRAY TOMÁS DE PERALTA: “Fundación, antigüedad y progressos del Real Monasterio de Osera”.

PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, Eduardo.- “Los señores de Galicia”, vol. I, pág. 245.

MALAQUIAS, Chronología, Fol. 294r.

GALLEGO DOMÍNGUEZ, Olga e FARIÑA BUSTO, Francisco.- “Unha dama e tres linaxes ourensans implicados nun homicidio no século XVI”

CASTRO PEREZ, Felipe.- “O marquesado de Valladares”

CASTRO PEREZ, Felipe “A Conflictividade xudicial campesiña na Galicia do Século XIX a través da análise dos pleitos promovidos polos antigos vasalos da Casa de Valladares”, Boletín del Instituto de Estudios Vigueses, pág. 111, 2001.

GÁNDARA, Fray Felipe de la.- “Armas y triunfos de Galicia”

GACETA, LA.- “Sentencia del Tribunal Supremo de 27-2-1865 sobre el recurso interpuesto por varios vecinos del antiguo coto de Celme contra el marqués de Valladares sobre abolición y devolución de unas percepciones recibidas a partir de la ley de 26 de Agosto de 1837”.

A %d blogueros les gusta esto: