Santiago, Terra de

14-11-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE SANTIAGO:

Antes de entrar a analizar a Terra de Santiago durante o Antigo Réxime (séculos XVI- XVIII) convén ter unha visión sequera xeral do territorio galego naquela época ver Antigo Réximen en Galicia.

Imos analizar aquí a Terra de Santiago tal como aparece na comarca moderna oficial (concellos de Val do Dubra, Brión, Ames, Santiago, Teo, Vedra e Boqueixón). O motivo é que se estudiamos directamente as xurisdiccións unha por unha ou a nivel de concello resultaría moi complicado comprender a sua realidade como conxunto dada a división e dispersión do seu territorio.

Non se trata polo tanto da antigua provincia de Santiago, que xa foi obxecto de estudo noutra parte desta Web (ver), senón da terra ou comarca do mismo nome.

Santiago

Comprendía a Terra de Santiago 14 xurisdicións e dous cotos redondos , e ocupaba unha superficie total de  689 Km2., sendo as xurisdicións de maior extensión as de Giro de la Rocha e Dubra, que pasaban dos 100 Km2., e as menores os cotos de Santa Cruz de Ribadulla e Camanzo, así como a xurisdicción de Granja, que non superaban as 500 Has.

XURISDICCIÓN SUP. KM2
GIRO DE LA ROCHA 172
DUBRA 118
SANTIAGO 92
ALTAMIRA 87
BUDIÑO 79
MAHIA 43
CIRA 43
VEA 12
PUENTE ULLA 9
BENDAÑA 9
SAN MEMED DE RIBADULLA 8
LESTEDO Y MONTESACRO 7
QUINTA 6
SANTA CRUZ DE RIBADULLA 5
GRANJA 4
COTO DE CAMANZO 1
TOTAL 695
Santiago_jur_diss
As xurisdicciós da Terra de Santiago.
Santiago_jur_diss_detalle
As xurisdicciós da Terra de Santiago (detalle).

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE SANTIAGO:

En torno ó 97% da Terra de Santiago estaba repartida entre o clero secular e a nobleza titulada, mentras que as terras de realengo, fidalguía e clero regular sólo supoñían o 3% do territorio:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
CLERO SECULAR 52 344 49
NOBLEZA TITULADA 43 333 48
REALENGO 2 9 1
HIDALGUIA 2 8 1
CLERO REGULAR 1 1 0
TOTAL 100 695 100

Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar o arzebispo de Santiago, que exercía o seu dominio señorial sobre 341 Km2.(34.100 Has.), seguido por o conde de Altamira, con 206 Km2. (20.600 Has.), e o marqués de Alcañizas con 118 Km2. (11.800 Has.). Seguían con menos de 1.000 Has. Su Majestad, Don Juan Abraldes, o marqués de Santa Cruz, o marqués de Monte Sacro, o Cabildo de Santiago e o mosteiro de San Payo:

SEÑORÍO NUM.FELIG. SUP.KM2
ARZOBISPO DE SANTIAGO 51 341
CONDE DE ALTAMIRA 27 206
MARQUES DE ALCAÑIZAS 14 118
SU MAJESTAD 2 9
DON JUAN ABRALDES 2 8
MARQUES DE SANTA CRUZ 1 5
MARQUES DE MONTE SACRO 1 4
CABILDO DE SANTIAGO 1 3
MONASTERIO DE SAN PAYO 1 1
TOTALES 100 695
Santiago_sen_diss
Os dominios señoriales na Terra de Santiago.
Santiago_sen_diss_detalle
Os dominios señoriales na Terra de Santiago (detalle).

Por estamentos, xa señalamos que o CLERO SECULAR controlaba o 49%  do territorio da Terra de Santiago, con 344 Km2. e 52 feligresías. Iste estamento estaba representado en primeiro lugar por o Arzobispo de Santiago que acaparaba o 99% das terras de dominio do clero secular (341 Km2. e 51 feligresías) abarcando 172 Km2. de 26 feligresías da xurisdicción de Giro de la Rocha (actuales concellos de Ames, Boqueixón, Santiago, Teo e Vedra), 92 Km2. de 12 feligresías de Santiago, 43 Km2. de 5 feligresias da Mahía (concellos de Ames e Brión), 1.200 Has. en catro feligresías na xurisdicción de Vea (actual concello de Teo), 900 Has. da xurisdicción de Bendaña, 700 Has. da xurisdicción de Lestedo y Montesacro (actual concello de Vedra) e 400 Has. na xurisdicción de Quintá (actual concello de Teo). Seguíalle o cabildo de Santiago con 300 Has. na feligresía de Ledesma, na xurisdicción de Cira (Boqueixón).

A NOBLEZA TITULADA exercía o seu señorío sobre o 48% da comarca, con 333 Km2. e 43 feligresías, sendo os seus representantes en primeiro lougar o conde de Altamira, que controlaba 4.000 Has na xurisdicción de Cira, 7.900 na de Budiño e 8.700 na de Altamira. Seguíalle o marqués de Alcañizas, que exercía o seo señorío en 11.800 Has. da xurisdicción de Dubra, o marqués de Monte Sacro, con 400 Has. na xurisdicción de Granja e, finalmente, o marqués de Santa Cruz con 500 Has. na xurisdicción de Santa Cruz de Ribadulla.

O REALENGO limitábase a controlar 900 Has. na surisdicción de Puente Ulla, con duas feligresías (Puente Ulla e San Pedro de Vilanova).

A FIDALGUÍA, representada por Don Juan Abraldes, que exercía o seu dominio sobre 800 Has. da xurisdicción de San Mamed de Ribadulla (actual concello de Vedra).

O CLERO REGULAR sólo tiña unha representación testimonial, con 100 Has. de superficie no coto de Camanzo (actual concello de Boqueixón) e estaba representado por o mosteiro de San Payo de Santiago.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.