O CARBALLIÑO, TERRA DE

19-10-2017

A Terra do Carballiño durante o Antigo Réxime (séculos XVI-XVIII) comprendía 19 xurisdicións, sendo as de mayor extensión as de Orcellón, Oseira, Montes e Pazos de Arenteiro, e as menores as de Madarnas, Coto de Arcos e Campo Redondo.

JURISDICCIÓN SUP. KM2
ORCELLON 147
OSEIRA 126
MONTES 56
PAZOS DE ARENTEYRO 55
MASIDE 45
ROUCOS 29
CASTRO CABADOSO 18
LOBANES 15
AMOEIRO 10
CORNEDA 9
PARTOVIA 8
GARAVANES 8
COTO DE VILLARINO DE NO 8
VILLA SECO 6
LUEDA 5
LOUREDO 5
MADARNAS 3
COTO DE ARCOS 2
CAMPO REDONDO 2
TOTAL 557

 

Todas as xurisdicións pertencían á antiga provincia de Ourense, excepto a de Montes, que dependía da provincia de Santiago (ver https://eirexe.es/galicia/).

Carballiño_jur_diss_

 

Na sua maior parte a Terra do Carballiño era de xurisdición nobiliaria, xa que este estamento acaparaba o 43% da superficie total, seguida polo clero secular (un 29%) e xa a maior distancia atopábanse as órdenes militares (un 12%). O clero secular só ocupaba o 10% do terrritorio e a fidalguía o 7%.

Como era habitual en Galicia, nas terras do Carballiño tampouco había terras de reguengo:

DOMINIO NUM. FELIG. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 45 238 43
CLERO REGULAR 24 161 29
ORDENES MILITARES 9 65 12
CLERO SECULAR 3 56 10
HIDALGUIA 8 37 7
TOTAL 89 557 100

Como levamos dito, a nobreza titulada ostentaba o dominio sobre o 43% do territorio do Carballiño, abarcando un total de 45 freguesías. En primeiro lugar aparecía o Conde de Monterrei, con dominio sobre 19 freguesías, todas elas enclavadas na xurisdición do Orcellón, e que sumaban unha superficie total de 14.700 Has. En segundo lugar, o Conde de Ribadavia, que posuía 23 freguesías con unha superficie menor (7.900 Has.), loclaizadas nas xurisdicciós de Amoeiro , Maside, Roucos (xurisdicción compartida ca fidalguía local nas freguesías de Navío e Eyras) e Castro Cabadoso. En Terceiro lugar o Conde de Lemos, que  exercía o seu dominio  sobre tres freguesías de Castro Cabadoso (Laxas, Moldes, e Serantes), con unha superficie total de de 1.200 Has..

Carballiño_sen_diss_

O clero regular ostentaba o dominio sobre o 29% do territorio, con 24 freguesías e 161 Km2 (16.100 Has.). Destacaba con grande diferencia o dominio do Mosteiro de Oseira, que controlaba máis de 13.900 Has. de superficie en 19 freguesías da terra do Carballiño. Sólo en contadas ocasiós (freguesías de Cea e Pereda) a soberanía estaba compartida con outros membros da figalguía local. En segundo lugar situábase o  mosteiro de San Payo (2 freguesías da xurisdicción de Lobás con 1.500 Has.), seguido de o mosteiro de Celanova (xurisdicción e freguesía de Louredo, con 500 Has.) e o de San Martin Pinario (Xurisdicción de Campo Redondo, con unas 200 Has.).

As Órdenes Militares tiñan unha presencia notable na comarca, xa que representaban o 12% do total da sua superficie e comprendían 9 freguesías. Comprendía as xurisdicciós de Pazos de Arenteiro, Coto de Arcos y Garavanes.  A primeira pertenecía á encomenda de Pazos de Arenteiro (7 freguesías e 5.500 Has. de superficie), da orden de San Juan; o Coto de Arcos, que comprendía a freguesía do mismo nome (unhas 200 Has.), dependía da encomenda de Beade, da misma orden de San Juan e, finalmente, a xurisdicción de Garavás (tamén ca única freguesía de Garavás e 800 Has de superficie) á encomienda da Barra, da orden de Santiago.

O clero secular exercía o seo dominio na xurisdicción de Montes, pertenecente á antiga provincia de Santiago, e que ocupaba o 10% do territorio. Comprendía 3 freguesías con una superficie total de 5.600 Has., todas dependentes do Arzobispo de Santiago.

A fidalguía estaba representada en 8 freguesías que ocupaban unha superficie de 3.700 Has. Comprendía as xurisdicciós de Corneda (con dominio señorial de Doña María Pardo), Coto de Villarino (da Casa de Reda), Madarnas (de Don Joseph de Themes), Maside (compartida por Don Gaspar Bermúdez e o Conde de Ribadavia), Roucos (cas duas freguesías de Navío, compartida por Don Pedro Toubes e o Conde de Ribadavia, e a de Eiras por Doña Isabel Eraso, Don Juan Tizón e o Conde de Ribadavia) e Villa Seco (de don Joseph de Themes).

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
Anuncios
A %d blogueros les gusta esto: