23-11-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE NOIA:
Imos analizar aquí a Terra de Noia durante o Antigo Réxime (siglos XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Noia, Outes, Lousame e Porto do Son), xa que representar directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:
A Terra de Noia estaba situada na parte marítima occidental da rexión e pertenecía á antigua provincia de Santiago. Comprendía 6 xurisdicións , que sumaban en conxunto una superficie de 323 Km2., sendo as principales as de Noia, Muros e Tojos-Outos:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
NOYA | 155 |
MUROS | 85 |
TOJOS-OUTOS | 47 |
SIERRA | 14 |
CARAMIÑAL | 12 |
RIANXO | 10 |
TOTAL | 323 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE NOIA:
Os principales dominios señoriales (ver señorío) da Terra de Noia correspondían principalmente ó clero secular, que ocupaba o 77% do seu territorio, seguido por o clero regular (15%) e por a nobleza titulada, que exercía o seu dominio sobre o 8% restante:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CLERO SECULAR | 27 | 250 | 77 |
CLERO REGULAR | 4 | 47 | 15 |
NOBLEZA TITULADA | 2 | 26 | 8 |
TOTAL | 33 | 323 | 100 |
Os máis grandes posuidores eran en primeiro lugar o arzobispo de Santiago, que exercía a sua xurisdicción en 27 feligresías da comarca, que ocupaban o 77% da sua superficie (250 Km2.). Seguíalle o mosteiro de Sobrado, con 4 feligresías e 47 Km2. (o 15% do territorio). O resto do territorio repartíano por igual o marqués de la Sierra e o marqués de Parga:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
ARZOBISPO DE SANTIAGO | 27 | 250 | 77 |
MONASTERIO DE SOBRADO | 4 | 47 | 15 |
MARQUES DE LA SIERRA | 1 | 14 | 4 |
MARQUES DE PARGA | 1 | 12 | 4 |
TOTALES | 33 | 323 | 100 |

Tal como señalamos máis arriba, si facemos un análisis por estamentos, atopamos que unha vez máis o CLERO SECULAR, representado por o arzobispo de Santiago, acaparaba a casi totalidade do territorio. O arzobispado controlaba o 77% da terra de Noia, con 250 Km2. de superficie total e 27 feligresías. Comprendía 9 feligresías da xurisdicción de Muros (actual concello de Outes), 17 da xurisdicción de Noia (actuais concellos de Lousame, Noia e Porto do Son) e unha da xurisdicción de Rianxo (feligresía de Ribasieira, actual concello de Porto do Son).
O CLERO REGULAR debía a sua presencia na comarca ó mosteiro de Sobrado, que exercía a sua xurisdicción sobre o 15% do territorio, con 47 Km2. (4.700 Has.) de superficie e catro feligresías situadas na xurisdicción de Tojos-Outos (actuais concellos de Noia e Lousame).
A NOBLEZA TITULADA controlaba o 8% do territorio, con 2.600 Has. de superficie, estando representada por o marqués de la Sierra, que controlaba a feligresía de Outes na xurisdicción de Sierra, e o marqués de Parga, dono da parte occidental da xurisdicción de Caramiñal que daba ó actual concello de Porto do Son.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.