06-12-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE A PARADANTA:
Imos analizar aquí a Terra A Paradanta durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de O Covelo, Crecente, A Cañiza e Arbo). O motivo é que se representamos individualmente as xurisdiccións, ou en circunscripciós máis pequenas, resultarían moito máis difíciles de representar e de comprender dado o seu elevado número e dispersión no territorio:
A terra do A Paradanta estaba situada na parte sur-occidental da rexión galega e pertenecía durante o Antiguo Réximen á antigua provincia de Tuy. Comprendía 8 xurisdicións, que sumaban en conxunto una superficie de 333 Km2. As xurisdiccións de Crecente, Covelo e As Achas eran as máis extensas por superar os 50 Km2. (5.000 Has.) de extensión, mentras que a de Sobroso era a máis pequena xa que non superaba as 700 Has.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
CRECENTE | 73 |
COBELO | 72 |
ACHAS | 68 |
ALBEOS | 34 |
ARBO | 28 |
PARADA | 26 |
PETAN | 25 |
SOBROSO | 7 |
TOTAL | 333 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE A PARADANTA:
O 92% da Terra de A Paradanta era de dominio señorial da nobleza titulada. O resto (8%) estaba controlada por a fidalguíai local:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
NOBLEZA TITULADA | 39 | 308 | 92 |
HIDALGUIA | 1 | 25 | 8 |
TOTAL | 40 | 333 | 100 |
Os maiores posuidores eran os membros da nobleza titulada, figurando en primeiro lugar o conde de Salvatierra o 29%, seguido por o conde de Amarante co 22% e o duque de Sotomayor co 19% e o marqués de Salvatierra co 10%:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CONDE DE SALVATIERRA | 12 | 96 | 29 |
CONDE DE AMARANTE | 8 | 72 | 22 |
DUQUE DE SOTOMAYOR | 8 | 62 | 19 |
MARQUES DE LA SIERRA | 4 | 34 | 10 |
MARQUES DE CASTELMONCAYO | 2 | 26 | 8 |
DOÑA MARIA JOSEPHA SARMIENTO | 1 | 25 | 8 |
CONDE DE CRECIENTE | 4 | 11 | 3 |
MARQUES DE SOBROSO | 1 | 7 | 2 |
TOTALES | 40 | 333 | 100 |
Si analizamos os datos por estamentos, vemos que a NOBLEZA TITULADA aparecía nun indiscutible primeiro lugar, xa que acaparaba o 92% do territorio da comarca, que se traducía na posesión de 308 Km2. (máis de 30.000 Has.) e 39 feligresías. Os seus representantes eran en primeiro lugar o conde de Salvatierra, que con 9.600 Has. de superficie acaparaba o 29% do territorio das xurisdicciós de Arbo e As Achas (actuales concellos de A Cañiza e Covelo); seguíalle o conde de Amarante con 7.200 Has. na xurisdicción de Covelo; o duque de Sotomayor con 6.200 na xurisdicción de Crecente; o marqués de la Sierra con 3.400 na xurisdicción de Albeos (actuales concellos de Arbo e A Cañiza); o marques de Castelmoncayo con 2.600 na xurisdicción de Parada (A Cañiza); o conde de Creciente con 1.100 na xurisdicción do seo nombre e, finalmente, o marqués de Sobroso con 700 Has. na feligresía de Castelans, situada na parte máis oriental da xurisdicción de Sobroso:

A FIDALGUÍA controlaba o 8% restante, que viña a sumar unhas 2.500 Has., sendo a sua única representante Doña María Josepha Sarmiento, titular da feligresía e xurisdicción de Petán (A Cañiza).
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.