

A «Terra de Chantada», entendendo por tal toda a sua área de influenza económica, pódese dezir que abarcaba o territorio dos actuais concellos de Chantada, Carballedo, Taboada, Monterroso, Antas de Ulla, Palas de Rei, Portomarín, Agolada, O Saviñao e Rodeiro.
Si observamos os datos que figuran a continuación referidos á Terra de Chantada, podemos chegar á conclusión de que as oito maiores xurisdicciós do Antigo Réximen en canto á superficie deron lugar a nove concellos actuais da terra de Chantada. A Ulloa convertiose en Palas de Rei, Monterroso do concello do seu nome, a Xurisdicción de Chantada nos concellos de Chantada e Carballedo, Camba en Rodeiro, Ventosa con Borraxeiros en Agolada, Amarante en Antas de Ulla, Taboada no concello de Taboada e, finalmente, San Juán de Portomarín no de Portomarín.
Superficie en Has. das maiores xurisdicciós do Antiguo Réximen na Terra de Chantada:
As oito maiores xurisdicciós do Antiguo Réximen deron lugar a nove concellos actuais:
|
XURISDICCIÓS | SUPERFICIE (HAS.) | NÚM. DE FREGUESÍAS |
ULLOA | 20758 | 44 |
MONTERROSO | 16600 | 41 |
CHANTADA | 15165 | 29 |
CAMBA | 14426 | 19 |
VENTOSA | 7515 | 11 |
AMARANTE | 6703 | 10 |
TABOADA | 6582 | 13 |
PUERTO MARIN SAN JUAN | 4002 | 9 |
OSEIRA | 3621 | 6 |
BORRAXEIROS | 3397 | 4 |
VILLAR | 3122 | 7 |
PEIBAS | 3076 | 9 |
CHOUZAN | 2338 | 3 |
ASMA | 2263 | 6 |
A PEROXA | 2032 | 5 |
SAN MIGUEL DAS PENAS | 1680 | 3 |
FERREYRA DE PALLARES | 1668 | 2 |
VILAR DE DONAS | 1573 | 2 |
SALTO | 1053 | 1 |
COTO DE CAMANZO | 1002 | 2 |
QUINZAN DO CARBALLO | 961 | 2 |
SAN ANTOLIN DE TOQUES | 918 | 2 |
MURADELLE | 878 | 2 |
PUERTO MARIN SAN PEDRO | 805 | 1 |
COTO DE BASADRE | 802 | 2 |
CAVORRECELLE | 785 | 1 |
VILLAQUINTE | 718 | 1 |
CASTRO | 657 | 1 |
ABEANCOS | 641 | 2 |
RECELLE | 611 | 1 |
BRIGOS | 603 | 1 |
MERLAN | 500 | 1 |
COTO DE CARMOEGA | 500 | 1 |
COTO DE OLEIROS | 482 | 1 |
COTOS DE QUINDIMIL Y MO | 422 | 1 |
CARTELOS | 323 | 1 |
COTO DE MEIXIDE | 299 | 1 |
COTO DE OROSA | 241 | 1 |
Se poñemos en relación a antigua división xurisdiccional cos actuais concellos, e observamos o mapa que se encontra a continuación, vemos que, a grandes rasgos, no ámbito da comarca de Chantada producíase a seguinte distribución territorial:
- Carballedo.- O actual concello de Carballedo comprende as antigas xurisdicciós do Coto de Cartelos, Castro, Chouzán, Coto de Oleiros, Oseira (freguesías de Furco, Sta. Mariña do Castro, Santa Cristina e Oleiros)[1], Vilaquinte e A Peroxa (parroquias de Campos, Marzás, Santa Baia e San Salvador de Búbal que pasaron ó concello de Carballedo para compensar a perda da xurisdicción de Deza por a provincia de Lugo) e, por último, parte da xurisdicción de Chantada (que con 4.400 Hs., cerca de un 25% del total, pasaría a formar parte do actual concello de Carballedo. Comprendía as freguesías de Pradeda, Milleirós, Lobelle, Santiago de Lousada, San Mamede de Lousada, Carballedo, Buciños e Erbedeiro).
- Chantada.- O concello de Chantada conservou parte da xurisdicción do mismo nome (unhas 10.700 Has., equivalente a un 60% del total ), seguida por extensión por as de Asma (2.263 Hs.), Taboada (á que pertenecía a freguesía de San Xoán de Laxe, ca excepción de dous veciños que pertenecían ó Conde de Amarante), Muradelle (cas freguesías de San Payo de Muradelle e Santa Cruz de Viana), Villar, Oseira (cas freguesías de Santa Uxía de Asma e Esmoriz) e, por último, os Cotos de Brigos, Merlán, Carballedo (Sabadelle) e Souto e Veiga(Nogueira).
- Antas de Ulla.- O actual concello de Antas de Ulla comprende parte dás antigas xurisdicciós de A Ulloa, Monterroso, Amarante e Peibás.
- Taboada.- A parte Norte do actual concello de Taboada pertenecía ás xurisdiccións de Amarante (freguesía de Xián) e de Monterroso (Insua, Arxiz, Vilameñe, Vilar de Cabalos, Meixonfío, Mourulle e San Xian de Insua); a parte central á propia Xurisdicción de Taboada; e a parte sur estaba compartida por as xurisdicciós de Villar e Quizán de Carballo.
- Agolada.- A xurisdicción de A Golada pertenecía a antiga provincia de Santiago, e comprendía as xurisdicciós de Borraxeiros, Abeancos, Ventosa, Coto de Basadre e un enclave da xurisdicción de San Antolín de Toques.
- Rodeiro.- Rodeiro correspóndese con as antigas xurisdicciós de Camba e con a freguesía de Salto que formaba parte da xurisdicción de Oseira.
- Monterroso.- O concello actual de Monterroso herdou a maior parte da xurisdicción do mismo nome. Tamén unha parte da Ulloa por o Norte (freguesía de Ligonde) e outra parte de San Miguel das Penas por o Leste (esta compartida co concello de Portomarín).
- Palas de Rei.- Comprende a mais grande parte da antigua xurisdicción da Ulloa. Ademáis das de Vilar de Donas por o Este e os Cotos de Meixide, Orosa e Quidimil por a parte Oeste. Tamén unha pequena parte de San Juan de Puerto Marín.
- O Saviñao.- O actual concello de O Saviñao formouse maioritariamente (un 54%) con a xurisdicción do mismo nome. Pero existía un bon número de cotos redondos con autonomía propia, que dependian ben da iglesia, ben de pequeños señores territoriales ou, incluso, de outras xurisdicciós. Ó primeiro caso compre citar as xurisdicciós de Aboime, Acoba, Diamondi ou Villa Sante. Como dependentes de xurisdicciós alleas ó propio territorio do Saviñao pódense nomear as de Chantada (freguesías de Freán e Vilaesteva), Taboada (con a freguesía de San Xoán de Sobreda), Brollón (con Ousende), Moreda (con as freguesías de Seteventos, Licín e Fión) e, por último, Incio y Broza á que pertenecía a freguesía de San Tomé de A Broza.
- Portomarín.- Recibío o seu actual territorio das antiguas xurisdicciós de San Xoán e San Pedro de Portomarín, Monterroso, San Xoán das Penas, Recelle e Caborrecelle e Ferreyra de Pallares.
Señoríos da Xurisdicción do actual concello de Chantada:
O actual concello de Chantada articulóuse en base a tres grandes xurisdicciós daquéla época. Eran a de Chantada, Asma e Oseira. Existían varios cotos redondos que dispoñían de autonomía xurisdiccional como o son os Cotos de Brigos, Muradelle, Merlán, ou enclaves pertenecentes a autras surisdicciós, pero que estaban situados físicamente no territorio chantadino: Laxe era da xurisdicción de Taboada ou Veiga e Pedratira do de Villar. A freguesía de Vilaúxe tamén se sustraía os anteriores dominios e pertenecía á Marquesa de Parga xunto con dous pequenos cotos vitícolas de Pincelo e a Sariña, compartidos co Obispo de Lugo. Por contra, a xurisdicción de Chantada pertenecíalle a parroquia de Freán, situada no actual municipio de Saviñao
Desde o punto de vista da dependencia señorial, pódese decir que a maior parte do actual muncipio de Chantada era de dominio da Marquesa de Astorga. Seguíanlle en importancia o Monasterio de San Salvador de Asma (ou de Chantada) e o Mosteiro de Oseira.
- As parroquias de San Salvador de Asma, Belesar, Mouricios, Santiago de Arriba, Camporramiro e Pereira, xunto cos Cotos de Soto e Veiga (Nogueira), pertenecían ó señorío do Mosteiro de San Salvador de Asma (tamén chamado Mosteiro de Chantada).
- A parroquia de Vilauxe, que comprendía tamén a actual parroquia da Sariña (antes chamada San Vicente de Vilauxe e separada posteriormente) pertenecía ó señorío da Marquesa de Parga xunto cos Cotos Redondos de A Sariña e Pincelo, que eran de dominio compartido co Obispo de Lugo.
- Pertenecía á Xurisdicción de Villar, e por tanto ó señorío do Conde de La Vega, as actuais parroquias chantadinas de Veiga e Pedrafita.
- Pertenecía ó Conde de Moctezuma o Coto de Muradelle, que comprendía as actuais parroquias de Muradelle e Sta. Cruz de Viana.
- Pertenecían á Xurisdicción de Oseira, e por tanto ó señorío de dito Mosteiro as duas parroquias chantadinas de Santa Uxía (Eugenia) de Asma e de Esmoríz.
- Os cotos de Brigos e Merlán pertenecían a Don Benito Boán e a Don Pedro Ramón Quiroga, respeitivamente.
- O coto de Carballedo (Sabadelle) era dominio de Dª Josefa de Lemos.
- E por últlimo, a actual parroquia de San Xoán de Laxe (Soane), estaba incluída na xurisdicción de Taboada, e pertenecía ó Conde de Maceda.
(Facer click na imaxen para ampliar):
PARROQUIA | JURISDICCIÓN | SEÑORÍO |
SAN SALVADOR DE ASMA (SAN | ASMA | ASMA |
BELESAR (SAN BARTOLOMEU) | ASMA | ASMA |
MOURICIOS (SAN CRISTOVO) | ASMA | ASMA |
SANTIAGO DE ARRIBA (SANTI | ASMA | ASMA |
CAMPORRAMIRO (SANTA MARIA | ASMA | ASMA |
VEIGA (SAN XOAN) | VILLAR | CONDE DE LA VEGA |
PEDRAFITA (SANTA BAIA) | VILLAR | CONDE DE LA VEGA |
A LAXE (SAN XOAN) | TABOADA | CONDE DE MACEDA |
MURADELLE (SAN PAIO) | MURADELLE | CONDE DE MOCTEZUMA |
SANTA CRUZ DE VIANA (SANT | MURADELLE | CONDE DE MOCTEZUMA |
BRIGOS (SAN SALVADOR) | BRIGOS | DON BENITO BOAN |
MERLAN (SAN TOME) | MERLAN | DON PEDRO RAMON QUIROGA |
VILAUXE (SAN SALVADOR) | CHANTADA | MARQUESA DE PARGA |
A SARIÑA (SAN VICENTE) | CHANTADA | MARQUESA DE PARGA |
SANTA UXIA DE ASMA (SANTA | OSEIRA | OSEIRA |
ESMORIZ (SAN XILLAO) | OSEIRA | OSEIRA |