O obispo Pelayo de Oviedo

No ano 832, o rey Alfonso II une provisionalmente a iglesia de Lugo ás sedes de Braga e Ourense, creando unha nova sede en Oviedo e dotándoa coa destruida Britonia -pero esto non se leva a cabo porque os dumienses fundan San Martín de Mondoñedo-.

Alfonso II cede ademáis a Oviedo unha serie de condados que estaban adscritos á xurisdicción eclesiástica de Lugo, sempre coa condición da posterior devolución a Lugo, que se produciría cando as sedes de Braga e Ourense foran reconquistadas:

«Huic Ego iam supradictus Adefonsus Ecclesiae S. Mariae, seu urbe caeteras dono et concedo Civitates Bracaram, scilicet Metropolitanam, et Auriensem urbem, quae omnino a paganis destructa esse videntur…»
«Ab ipsa vero Lucensi Civitate necessitate compulsus, terras et provincias S. Salvatoris Ovetensi concedo Ecclesiae, quae ante fueram subditae Lucensi Ecclesiae per cucnta seculorum tempora: Haec sunt autem nominata Provintiae, idest, Balborica, Neira, Flamoso, Sarria, Páramo, Froilani, Sabinianos et Sardinaria, Abiancos, Asma, Camba et Ecclesias de Dezón.»

Non sólo frente ás pretensiós de Lugo, que quería recuperar os seus territorios, senon tamén frente a Braga e Toledo que querían anexionar a sede ovetense, Pelayo quixo demostrar mediante una interpolación no códice Chronica ad Sebastianum que o primitivo episcopado de Lugo de Asturias fora traladado a cidade de Oviedo. Pero no sólo eso, se non que Oviedo, ó ser capital do reino asturiano, considérase, xunto con León,  sucesor de Toledo, opoñéndose así a Toledo a convertir a Oviedo en sede sufragánea.

Lugo, que señalaba a Britonia como a sede episcopal predecesora de Oviedo, pretendía demostrar, como mantén Fernández Conde, que no Parroquial suevo ou Diuisio Theodomiri (seculo VI) aparece que Britonia tivera un certo control sobre as comunidades británicas establecidas en Asturias antes da invasión musulmá. De esta maneira o bispo metropolitano de Braga podía reclamar a sua autoridade sobre Oviedo, mentras que Lugo por a sua parte tiña o camino despexado para reclamar os coñecidos como «once condados» ou parroquias da diócesis de Lugo que se disputaba con Oviedo. Desta maneria nunca pertenecerán a Oviedo pero tampouco a Britonia, e por tanto mantíñanse na diócesis de Lugo.

Oviedo por o contrario víase obrigado a adiantar os orixes de Oviedo a una época anterior á creación da igrexa de Bretoña si quería deixar ós seus contrincantes sin argumentos. O obispo Pelayo atribue a fundación de Oviedo por os reis vándalos, o que, según o padre Flores non ten ningún sentido xa que os vándalos «…haviendo sido hereges detestables, y perseguidores de los Catholicos, muestra bien la oficina de semejante obra«.
Tanto Vázquez de Parga como outros especialistas do prestixio de P. David, Borrau-Dihigo, Fernández Conde, etc., non teñen nengun reparo en afirmar que se trata de unha evidente falsifiación.

Deja un comentario