23-04-2020
Outro dos famosos crimes que tiveron lugar na nosa vila, do que quizais aínda moitos de vostedes teñan recordo, pero que non hay que confundir co crime de Adá, tivo lugar no lugar de San Esteban (San Salvador de Asma) o 9 de marzo de 1966.

A vítima foi o veciño daquil lugar, Paulino Suárez Goyanes, de 57 anos de idade, casado e con catro fillos, muy coñecido en toda a contorna. O cadáver foi atopado por unha nena que casualmente se encontraba xogando nunha aira próxima ao seu domicilio.
A crónica do suceso foi recollida ampliamente por O Progreso de Lugo, e destacada por outros medios nacionais como o diario ABC ou semanario O Caso.

Tras varios días de investigación, as autoridades chegaron á conclusión de que a culpable fora Amalia Martínez Cabo, sendo posta nun primeiro momento en liberdade a muller da vítima Francisca González Conde, pra máis tarde encarcelada de novo mentras proseguían as investigaciós.
Na posterior reconstrución do crime sobre o terreo é de destacar a circunstancia de que na mesma participara o veciño da nosa vila, tamén muy coñecido, que aparece na foto á cabeza da noticia.
