Tuy (Provincia) no Antiguo Réximen

Coa nova división provincial de 1833, a antigua provincia de Tuy integrouse na sua totalidade na nova provincia de Pontevedra.

Tuy_contorno

En Tuy, encontrámonos con unha provincia de fonda tradición eclesiástica. Sin embargo, sólo o 23% do territorio era dominio do clero frente a media de Galicia que era do 32%. A nobleza ostentaba o 61% da sua superficie, superior ó 51% da media en Galicia.

TUY_ESTAM

Por contra, o resto dos estamentos solo representaban o 16% do territorio, algo inferior ó 17% do resto da rexión, pero con una novidade que é a soberanía dos propios vecinos ou dos seus concellos, que en conxunto superan o 9% da sua superficie frente ó 3% da media galega.

DOMINIO FELIGRESÍAS HECTÁREAS %
NOBLEZA TITULADA 134 89.076 54,50
CLERO SECULAR 48 28.922 17,70
REALENGO 18 11.112 6,80
HIDALGUIA 12 9.817 6,01
SUS VECINOS 13 9.587 5,87
CLERO REGULAR 7 8.745 5,35
SU AYUNTAMIENTO 13 5.920 3,62
ORDENES MILITARES 1 255 0,16
TOTALES 246 163.434 100,00
Foto:

A nobleza titulada (condes, marqueses, etc.) abarcaba o 54% do territorio, sendo os mais poderosos, por este orden, o Conde de Salvatierra (47 freguesías e 26.000 Has.) señor das xurisdicciós de Achas, Porriño e Salvatierra; Duque de Sotomayor (20 freguesías e 19.000 Has.) das de Soutomayor e Crecente; Marqués de Sobroso (29 freguesías e 16.000 Has.) das de Sobroso e Oliveyra e Conde de Amarante (11 freguesías e 8.000 Has) da de Salvatierra, Penafurada e Cobelo.

A fidalguia non era muy representativa xa que solo ocupaba  ó 6% da superficie da provincia, sendo a sua maior xurisdicción a de Tebra, no actual concello de Tomiño, con 4 freguesías e 2.500 Has. de extensión.

O clero regular estaba representado por o mosteiro de Oia, e sólo ocupaba unha superficie de algo máis do 5% en toda a provincia , concentrada na xurisdicción do mismo nome, con 6 freguesías e 8.000 Has. de superficie, ainda que tamén lle pertenecía  a xurisdicción de Panjón.

O 18% do territorio provincial estaba oxupado por o clero secular, representado el primeiro lugar por o Obispo de Tuy, con 28 freguesías e mais de 18.000 Has., sendo as maiores xurisdicciós as de Tui, La Guardia, Pesegueiro e Redondela a Vella, ademáis de outras menores situadas no entorno de Vigo (xurisdicciós de Zamans e Bouza). Segíalle en importancia o Arzobispo de Santiago con 18 freguesías e 9.000 Has. de superficie, cuios dominios comprendían as xurisdiciós de Arcade, Redondela a Nova e Vigo. En menor medida o propio Cabildo de Tuy tiña unha representación simbólica nas xurisdicciós de Salvatierra e Forcadela, con 2 freguesías e unhas 800 Has.

O realengo,  xunto cas xurisdicciós propias dos veciños ou do propio concello supoñían un 15% do territorio provincial, o que da idea da autonomía señorial de que gozaban os seus habitantes. O realengo, co 7% da superficie da provincia, concentraba o seo dominio señorial  importante xurisdicciós de Baiona, incluída a capital, que abarcaba os actuais concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

Barrantes, Tomiño, Currás, Budiño, Salzeda e Sobrada disfrutaban de señoría propio (sus vecinos). Supolía an torno ó 6% do territorio e cerca de 10.000 Has., o maior porcentaxe de Galicia si exceptuamos o de Mondoñedo (un 11%).

Tamén 13 freguesías do entorno de Vigo disfrutaban de autonomía municipal (un 3,6% do territorio provincial), unha modalidade xurisdiccional descoñecido noutras áreas de Galicia.

Enlaces:

A Paradanta

O Baixo Miño

O Condado

Vigo