16-10-2022
Vén a conto este comentario tras consultar en Facebook o artigo do Arquivo Provincial de Ourense https://www.facebook.com/arq.prov.ourense dedicado ás adegas abandonadas do lugar da «Cuqueira» no concello de Castrelo de Miño.
Eu non tiña coñecemento deste lugar da Cuqueira, precisamente porque pode ser que estea abandonado, xa que co nome de “Cuqueira” só aparecen no Nomenclátor da Xunta as seguintes seis poboacións:
NOMBRE | PARROQUIA | CONCELLO |
---|---|---|
CUQUEIRA | MOURENTAN (SAN CRISTOVO) | ARBO |
CUQUEIRA | SANTA EUGENIA DE ASMA | CHANTADA |
CUQUEIRA | A BARQUEIRA (SANTO ANTONI | CERDIDO |
CUQUEIRA (A) | CARBALLEDO (SAN MIGUEL) | COTOBADE |
CUQUEIRA (A) | ARRABALDO (SANTA CRUZ) | OURENSE |
CUQUEIRA (A) | TEMES (SANTA MARIA) | CARBALLEDO |
Eu teño o orgullo haber nacido no lugar da Cuqueira da parroquia de Santa Eugenia de Asma, Chantada. Das demais Cuqueiras pouco podo opinar, salvo que a que pertence á parroquia de Temes, pódese ver alén do Búbal se baixamos pola estrada da Barrela aos Peares, e a Cuqueira onde transcorre a novela de Otero Pedrayo “A vocación de Adrián Silva”, que eu lin hai algúns anos, débese tratar da Cuqueira da parroquia de Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense).
En calquera caso, do lugar onde eu nacín e vivín podo dar fe de que se trata dun nome orixinal que reflexa o seu significado real, por ser o lugar onde sempre lle gustou vivir ao cuco, e ao que volve todos os anos ainda que solo sexa temporalmente cando se achega o bo tempo.
Non podo deixar de referirme ao cuco sin engadirlle aqueles calificativos que nos narra o Quixote falando do cabalo Rocinante -salvando as distancias- de “peregrino, músico, e significativo”, por as seguintes razóns:
–peregrino precisamente por o insólito de que en calquera momento pódese sorprender ao cuco depositando os seus ovos nos niños de especies alleas para que os empollen e alimenten outros, pero o que aínda é máis sorprendente e que, segundo un estudo de investigadores da universidade de Cambridge ver, o cuco femia emite un son imitando o canto do gavilán para facer crer ao anfitrión que se trata do seu inimigo natural, deixándolle o camiño libre.
–músico por o placer inigualable de escoitar de primeira man a alegre e inconfundible música do canto do cuco.
–significativo porque sempre a partir do cinco de abril de cada ano señálanos a verdadeira entrada da primavera.
Todos debemos admirar e repetar o cuco.