Meira, Terra de

08-12-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE MEIRA:

Imos analizar aquí a Terra Meira durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Riotorto, Meira, Pol e Ribeira de Piquín). O motivo é que se representamos individualmente as xurisdiccións, ou en circunscripciós máis pequenas, resultarían moito máis difíciles de representar e de comprender dado o seu elevado número e dispersión no territorio:

Meira

A terra de Meira estaba situada na parte noroeste da rexión galega e permanecía durante o Antiguo Réximen a cabalo entre as antiguas provincias de Lugo e a de Mondoñedo. A maior parte do seu territorio pertenecía á provincia de Lugo, correspondéndolle á antigua provincia de Mondoñedo a xurisdicción de Riotorto e os cotos de Moxueyra, Ferreyra Vella e Orrea.

A Terra de Meira comprendía 6  xurisdicións, e 3 cotos redondos que sumaban en conxunto un total de 312 Km2. As máis grandes xurisdiccións eran as de Meira e Luaces, que superaba os 90 Km2. (9.000 Has.) de extensión, mentras que os cotos de Moxueyra e Ferreyra Vella non superaba as 900 Has.:

XURISDICCIÓN SUP. KM2
MEYRA 97
LUACES 95
RIOTORTO 36
LEA 31
ORREA 18
BURON 12
LUGO 10
MOXUEYRA 9
FERREYRA VELLA 4
TOTAL 312
Meira_jur_diss
As xurisdiccións da Terra de Meira durante o Antiugo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE MEIRA:

O dominio señorial (ver máis) da Terra de Meira era desempeñado en primeiro lugar por a nobleza titulada (40%). A continuación atopábanse os dominios da fidalguía(29%), do clero secular (16%) e do clero regular, co 15% do territorio:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 17 124 40
HIDALGUIA 8 92 29
CLERO SECULAR 7 50 16
CLERO REGULAR 2 46 15
TOTAL 34 312 100

O maior posuidor era a marquesa de Astorga co 25% do territorio. Seguíalle Don Joseph Pimentel co 16%, e o mosteiro de Meira co 15%. Cerraban a lista varios membros de fidalguía local ou de algunha institución religiosa, que na maioría dos casos non superaban as 300 Has. de extensión :

SEÑORÍO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
MARQUESA DE ASTORGA 11 79 25
DON JOSEPH PIMENTEL 3 51 16
MONASTERIO DE MEIRA 2 46 15
CONDE DEL GRAJAL 4 24 8
OBISPO DE MONDOÑEDO 3 18 6
DON NICOLAS SARMIENTO 1 18 6
CABILDO DE MONDOÑEDO 2 18 6
CONDE DE ALTAMIRA 1 12 4
OBISPO DE LUGO 1 10 3
MARQUES DE BENDAÑA 1 9 3
DON JOAQUIN DE CASTRO 1 8 3
DOÑA MARIA SAAVEDRA 1 7 2
DON ANTONIO ORDOÑEZ 1 7 2
FABRICA CATEDRAL MONDOÑEDO 1 4 1
DON FRANCISCO DE LA BARRERA 1 1 0
TOTALES 34 312 100
Si revisamos os datos por estamentos, vemos que á NOBLEZA TITULADA acaparaba o 40% do territorio, o que supoñía detentar o dominio directo sobre 17 feligresías nunha superficie total de 124 Km2. Os seus principales representantes eran a marquesa de Astorga, señora de 7.900 Has en 11 feligresías na xurisdicción de Luaces (actual concello de Pol); segíalle o conde del Grajal, que controlaba 2.400 Has. en 4 feligresías da xurisdicción de Lea (tamén do actual concello de Pol); o conde de Altamira exercía a súa autoridade sobre 1.200 Has.da xurisdicción de Burón (actual concello de Ribeira de Piquín), e finalmente o marqués de Bendaña controlaba 900 Has. do coto de Moxueyra (actual concello de Riotorto).
Meira_sen_diss
Os dominios señoriales na Terra de Meira no Antiguo Réximen.
A FIDALGUÍA exercía o seu dominio sobre o 29% do territorio, que comprendía 9.200 Has. e 8 feligresías. Os seus representantes máis destacados eran Don Joseph Pimentel, con 5.100 Has. en tres feligresías da xutisdicción de Meyra, actual concello de Ribeira de Piquin, compartido co mosteiro de Meira e Don Francisco Osorio; Don Nicolás Sarmiento, con 1.800 Has. na xurisdicción de Riotorto, compartindo o seu dominio con varios membros da fidalguía local. O resto do territorio estaba ocupado con dominios máis modestos por Don Joaquín de Castro con 800 Has. na feligresía de Silva, xurisdicción de Luaces (actual concello de Pol), compartidas co obispo de Mondoñedo e a marquesa de Astorga; Doña María Saavedra, con 700 Has. na feligresía e xurisdicción de Luaces (Pol), tamén compartida con varios membros da fidalguía local; Don Antonio Ordoñez con 700 Has. na feligresía de Cirio, xurisdicción de Lea (actual concello de Pol); e Don Francisco de La Barrera,  con 100 Has. na feligresía de Mosteiro, xurisdicción de Luaces (tamén concello de Pol), compartidas con Don Juan Osorio.
O CLERO SECULAR exercía a sua xurisdicción sobre 7 feligresías e 5.000 Has., que sumaban o 16% do territorio, ubicadas na parte norte da comarca, coincidindo co territorio da antigua provincia de Mondoñedo. Os seus representantes eran en primeiro lugar o propio obispo de Mondoñedo, que controlaba 1.800 Has na xurisdicción de Riotorto; o cabildo de Mondoñedo,  tamén con 1.800 Has. no coto de Orrea (actual concello de Riotorto); o obispo de Lugo, con 1.000 Has nunha parte da xurisdicción de Lugo que quedaba incluída no actual concello de Ribeira de Piquín e, finalmente,  a fábrica da catedral de Mondoñedo, con 400 Has. ncoto de Ferreiravella, condello actual de Riotorto.
O CLERO REGULAR controlaba o 15% do territorio, que sumaba un total de 4.600 Has.. O seu único representante o propio mosteiro de Meira, que controlaba duas feligresías da propia xurisdicción de Meyra.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: