15-11-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DA MARIÑA OCCIDENTAL:
Imos analizar aquí a Terra da Mariña Occidental durante o Antigo Réximen (siglox XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo e Ourol), xa que representar directamente as xurisdiccións é moi complicado dada a irregularidade e dispersión do seu territorio. Trátase polo tanto de analizar a parte occidental da antigua provincia de Mondoñedo, que non a misma provincia, que no seu conxunto xa foi obxecto de estudo noutra parte desta Web (ver provincia de Mondoñedo):
A Mariña Occidental comprendía 6 xurisdicións e un coto redondo (Landove) , e ocupaba unha superficie total de 494 Km2., sendo a xurisdiccion de maior extensió a de Vivero, que tiña unha superficie de 290 Km2. (29.000 Has.), e as menores as de Suegos e o mismo coto de Lndrove que non pasaban das 500 Has.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
VIVERO | 290 |
SAN CIPRIAN | 77 |
PORTOCELO | 49 |
GALDO | 48 |
GERDIZ | 20 |
SUEGOS | 5 |
LANDOBE | 5 |
TOTAL | 494 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA MARIÑA OCCIDENTAL:
A Mariña Occidental, o contrario que ocurría no resto de Galicia, era terra de realengo, xa que en torno ó 56% do territorio era de dominio señorial de Su Majestad. Seguíalle o clero secular, coa presencia tan extendida naquela zona do señorío do Obispo de Mondoñedo, mentras que o resto do territorio estaba dominado por a nobleza titulada e por as terras da fidalguía:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
REALENGO | 21 | 277 | 56 |
CLERO SECULAR | 12 | 126 | 26 |
NOBLEZA TITULADA | 5 | 61 | 12 |
HIDALGUIA | 3 | 30 | 6 |
TOTAL | 41 | 494 | 100 |
Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar Su Majestad, que exercía o seu dominio sobre 277 Km2.(27.700 Has.), seguido por o propio obispo de Mondoñedo con 126 Km2. (12.600 Has.), o marqués de Alcañizas, Don Pedro e Don Manuel de Cora e Don Joaquín Velarde, xa con dominios sensiblemente menores:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 |
SU MAJESTAD | 21 | 277 |
OBISPO DE MONDOÑEDO | 12 | 126 |
MARQUES DE ALCAÑIZAS | 5 | 61 |
DON PEDRO DE CORA | 1 | 20 |
DON MANUEL DE CORA | 1 | 5 |
DON JOAQUIN VELARDE | 1 | 5 |
TOTALES | 41 | 494 |

Por estamentos, xa señalamos que o SU MAJESTAD controlaba o 56% das terras de realengo da Mariña Occidental, con 277 Km2. de superficie e 21 feligresías, todas elas comprendidas na xurisdicción de Vivero pero que, dada a sua amplitude abarcaba o territorio dos actuales concellos de Viveiro, O Vicedo, Ourol e Xove.
O CLERO SECULAR controlaba o 26% do territorio, con 126 Km2. de extensión e 12 feligresías. O seu único representante era o obispo de Mondoñedo, que exercía como señor das xurisdicciós de San Ciprián (actual concello de Cervo) e Portocelo (actual concello de Xove).
O único representante nesta comarca da NOBLEZA TITULADA era o marqués de Alcañizas, dono do 12% do territorio, con unha superficie de 61 Km2., con 5 feligresias nas xurisdicciós de Galdo (actuales concellos de O Vicedo e Viveiro) e unha na xurisdicción de Vivero (San Pedro de Xuances).
A FIDALGUÍA tiña o 6% da superficie restante, con dominio sobre 3.000 Has, sendo repretantada por Don Manuel de Cora na xurisdicción e feligresía de Suegos (actual concello de O Vicedo), por Don Pedro de Cora na xurisdicción de Gerdiz (concello de Ourol), e por Don Joaquín Velarde no coto de Landrobe (Viveiro).
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.